viernes, 18 de mayo de 2012

A temporada 2011/2012 remata para o Sporting Pontenova

Logo da eliminación de ambos conxuntos na súa respectiva competición de Copa, queda finiquitada a temporada para os gualdinegros.
O Mondoñedo foi o verdugo do primeiro equipo, logo de impoñerse na eliminatoria gracias ó empate a 2 goles colleitado na Mina. A volta na cidade diocesana acabou con empate sen goles, polo que os de Moirón dixeron adeus á competición ás primeiras de cambio.
O verdugo dos xuveniles foi o Pastoricense, en segunda ronda. Logo de superar ó Lourenzá no primeiro envite, este xoves rematou a súa andaina ante os subcampións de Liga, ante os que caeron na Mina.

A temporada en xeral pódese resumir como satisfactoria para ambos equipos, sobretodo para os xuveniles, que remataron a competición da regularidade no pódium, firmando un gran terceiro posto só por detras de Burela e Pastoricense. O primeiro equipo conseguiu tamén o seu obxetivo, a permanencia, pero tivo que esperar ó último partido para firmala logo do empate sen goles na Mina ante o Sacido. Remata así un ano máis para os de Moirón, que afrontarán a temporada que ven con ilusións renovadas e cun aliciente máis, o descenso do Riotorto, que provocará que se reedite un derbi que non se xogaba en competición oficial dende hai case 20 anos.