jueves, 29 de octubre de 2009

Partidos desta fin de semana

  • Sábado 31 de Outubro, 16:30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 9
Campo da Mina
Sporting Pontenova - Iberia C.F.

Despois de encaixar na pasada xornada a primeira derrota da liga, os rapaces de Moirón intentarán volver á senda das victorias este sábado na Mina. Enfronte, un rival a priori asequible, o Iberia, conxunto ó que o Sporting goleou nos dous enfrontamentos da pasada campaña. Para este partido recuperaránse numerosos efectivos que se perderon o anterior compromiso ante o Viveiro, polo que Moirón volverá a contar con algunha das pezas clave que faltaron o pasado sábado.

  • Sábado 31 de Outubro, 20:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 8
Campo Luis Gorgoso (Frigsa) (Lugo)
A.D. Luis Pimentel - Sporting Pontenova

Tamén este sábado, pero nun horario moi pouco habitual, as 8 da tarde, viaxará o Sporting Pontenova á capital lucense para enfrontarse a un vello coñecido da pasada campaña, o Luis Pimentel. Nos dous enfrontamentos anteriores entre ambos conxuntos saíron gañadores os lucenses, polo que os de Sachas intentarán romper esa mala racha no partido da tarde-noite do sábado. Logo de conseguir a primeira victoria na casa ante o Sacido, buscarán outros 3 puntos que lles permitan seguir alonxándose dos postos baixos da táboa e á súa vez, acercarse un pouco máis ós equipos que ocupan neste momento os lugares de privilexio.


lunes, 26 de octubre de 2009

2ª Autonómica: O Sporting vence ó Sacido (2-1) e consegue os primeiros 3 puntos na Mina

Esta vez á cuarta foi a vencida, e por fin chegou o primeiro triunfo do Sporting Pontenova como local. Logo de dúas derrotas consecutivas os de Sachas necesitaban coller aire e alonxarse dos postos perigosos, pero enfronte tiñan un rival de nivel que chegaba á Mina na cuarta posición da táboa. Foi un partido disputado, duro por momentos, que comezaron controlando os da Pontenova pero que tampouco estaban a poñer en excesivos apuros ós visitantes, que incluso se puideron adiantar pero o seu gol, claramente coa man, foi anulado por un colexiado que se mostrou dubitativo durante todo o encontro. Mediada a primeira parte chegaría o primeiro do Sporting. Saque dende a portería de Juanqui buscando a Puente, que presiona ó central e éste, no intento de ceder o balón ó seu gardameta, supérao por alto subindo o primeiro tanto na Mina. Facíase así xustiza ó visto no céspede ata o momento, pois as oportunidades máis claras estaban a ser dos locais, que levaban perigo polas bandas de Otto e Fran ou con algunha ocasión de Javín, Maqueto ou Puente. Pero o marcador non se moveu e ó descanso chegaríase co 1-0. Arrancou o segundo tempo sen cambios no Sporting, e o xogo continuou desénvolvéndose máis no lado pontenovés pero cun Sacido que non se rendía e que comezou a asediar a portería de Juanki en busca do empate, que chegaría arredor do minuto 15 logo dun pase entre liñas que definiu á perfección o seu dianteiro. Comezaba a planear outra vez na Mina o medo a unha nova derrota pero as dúbidas despexaríanse só dous minutos despois. Javín recibe un balón a 3 metros da área e solta un dereitazo que se lle escapa das máns ó porteiro viveirense poñendo o 2-1 no marcador. Aínda quedaba partido e os de Sachas non baixaron a garda, e pouco despois o árbitro anulou un gol de Puente por suposto fóra de xogo. Nos último minutos o Sacido volveu a apretar e puxo en apuros de novo a Juanki en varias ocasións, pero o marcador non se moveu ata o final do partido.
Con esta victoria colle aire un Sporting que aventaxa en 3 puntos ó Candelaria, seguinte clasificado na táboa, e sitúase 12º con 8 puntos. O seguinte encontro será en Lugo ante o Luis Pimentel o próximo sábado día 31.

Aut. Xuvenil: Un Sporting en cuadro cae en Viveiro (1-0) e deixa escapar os primeiros puntos da liga

Non puido ser a oitava victoria consecutiva noutros tantos partidos de liga. Notáronse en exceso as numerosas baixas do equipo. A defensa que presentou o equipo pontenovés era completamente nova con todos fóra de lugar. Na convocatoria iban 12 xogadores máis un porteiro suplente e con moitos rapaces “tocados” ben sexa por enfermidade ou por problemas físicos. Non era a mellor presentación pero aínda asi o equipo dominou o partido na primeira parte e os primeiros vinte minutos da segunda con moitas ocasións e sen que chegaran os rivais ningunha vez á portería. Faltou sorte en sendos remates de Andrés Seoane unha que se desviou por encima do longueiro e outra que deu na base do pau logo de un gran centro de Cristian e nun un contra un de Matelo que non foi quen a disparar polo mal estado do campo. O Viveiro, que foi un equipo moi forte en defensa, mantivo a posesión do balón pero sin crear nada de peligro e conseguiu o seu gol logo dun gran pase do capitán á espalda da defensa e a que o noso porteiro foi incapaz de anticiparse e que o dianteiro transformou por alto cun leve toque de cabeza conseguindo o 1-0 definitivo. Destacar a actitude do equipo que o intentou xogada tras xogada sabendo as limitacións que tiñan e que de non ser pola mala sorte seguro que sacaba algo positivo do Municipal de Viveiro.

sábado, 24 de octubre de 2009

Avance resultados

  • Sábado 24 de Outubro, 16:30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 8
Municipal (Viveiro)
Viveiro C.F. "B" 1 - 0 Sporting Pontenova

  • Sábado 24 de Outubro, 16:30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 7
Campo de A Mina
Sporting Pontenova 2 - 1 S.D.R. Sacido
Goles: 1-0 gol en p.p., 2-1 Javín

miércoles, 21 de octubre de 2009

Aut. Xuvenil: Desplazamento a Viveiro


DATA: Sábado 24 de Outubro de 2009
HORA DE SAÍDA: 13:30 h.
LUGAR: Praza dos Fornos
HORA DO PARTIDO: 16:30 h.


PARTIDO: VIVEIRO C.F. "B" - SPORTING PONTENOVA

lunes, 19 de octubre de 2009

2ª Autonómica: Derrota en Alfoz (3-1) logo de chegar ó descanso con ventaxa

Segunda derrota consecutiva para o Sporting Pontenova, que se ve arrastrado así ós últimos postos da táboa. E iso que o partido non puido comezar mellor para os de Sachas, pois ó pouco de empezar Javín recibiu un balón fóra da área e colocouna na escadra da portería do Alfoz, adiantando así ós visitantes. O partido estaba controlado polos gualdinegros, que se sentían agusto no terreo de xogo e non estaban a pasar excesivos apuros. Pero á media hora de xogo chegaba a primeira mala noticia para os pontenoveses, xa que Rivas tiña que retirarse logo de recibir un golpe na cabeza que lle provocou unha brecha bastante profunda. No seu lugar entrou Garboso. As oportunidades continuáronse sucedendo para ambos equipos, e tanto Javín como Puente levaron perigo á portería local en algunha ocasión pero o marcador non se movería neste período, chegando ó descanso co 0-1 a favor do Sporting. As tornas cambiarían bastante no segundo tempo. Ó pouco de comezar Javín puido subir o segundo tanto para os visitantes, pero do posible 0-2 pasouse ó 1-1, pois rápidamente íba a empatar o Alfoz. Non se viu precisamente a mellor versión dos de Sachas neste segundo tempo, e aínda recibirían outros dous goles máis rematando o partido co resultado de 3-1, o que significa a segunda derrota consecutiva do Sporting e que o deixa situado no posto 14 da táboa clasificatoria.
O próximo partido será na Mina ante o Sacido, probablemente o próximo sábado 24. En breve comunicaremos o horaria definitivo do encontro.

Aut. Xuvenil: O líder sigue intratable e golea ó Alfoz na Mina (5-0)

Continúa o pleno de victorias para o Sporting Pontenova xuvenil. A última, este sábado ante o Alfoz na Mina, nun partido controlado polos de Moirón de principio a fin e que ben puido acabar cunha goleada aínda máis escandalosa. Bo aspecto nas bancadas para recibir a un rival que sempre da problemas e que acostuma a protagonizar partidos intensos e de brega, pero esta vez non puido facer nada diante dun conxunto local que xa puido inaugurar o marcador con dúas boas ocasións de Matelo nos primeiros 10 minutos, pero non tardaría moito máis en chegar o primeiro tanto, obra do punta asturiano logo de superar ó porteiro levantándolle o balón. Unha e outra vez os dianteiros pontenoveses gañábanlle a espalda á defensa verdiblanca e as oportunidades sucedíanse continuamente, polo que era cuestión de tempo que os goles seguisen chegando. E o segundo chegaría a balón parado. Tontxu saca unha falta dende a banda esquerda ó punto de penalti e Seoane, libre de marca, bate ó porteiro do Alfoz cunha volea suave pero impecable. Baixou un pouco o ritmo o Sporting froito da tranquilidade dos dous goles, pero aínda así puido ampliar a ventaxa antes do descanso con algunha ocasión máis, pero o marcador non se movería ata a segunda parte. Comezou o segundo tempo igual que o primeiro. O Alfoz seguía sen aparecer pola Mina e iso aproveitábano os de Moirón, que seguiron controlando o partido sen pasar apuros e facendo bo fútbol, e levando sobre todo perigo pola banda de Antón, que volveu a facer un gran partido. A sentencia levaría de novo a firma de Matelo, que logrou o terceiro tanto cun dereitazo dende o borde da área que se colou pegado ó pau da portería visitante sin que o porteiro nada puidese facer. Con este gol soltáronse un pouco máis os locais e pronto chegou o cuarto, obra de Antón logo dunha boa xogada individual. O quinto chegou dende o punto de penalti, e o encargado de transformalo foi Matelo, conseguindo así un novo hat-trick na súa carreira. Con resultado de 5-0 rematou o encontro.
Segue así a excelente racha de victorias dos xuveniles da Pontenova, con 7 noutros tantos partidos, e por riba a derrota do Pastoricense permítelles abrir máis brecha cos perseguidores. Ata o momento o Foz é o único equipo capaz de seguir o ritmo dos de Moirón. A seguinte xornada deparará a visita do Sporting Pontenova ó campo do Viveiro "B", o próximo sábado.

sábado, 17 de octubre de 2009

Avance resultados

  • Sábado 17 de Outubro, 16:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 7
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 5 - 0 C.D. Alfoz
Goles: 1-0 Matelo, 2-0 Andrés Seoane, 3-0 Matelo, 4-0 Antón, 5-0 Matelo (p.)

  • Domingo 18 de Outubro, 16:30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 6
Campo Municipal de Alfoz
C.D. Alfoz 3 - 1 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Javín

viernes, 16 de octubre de 2009

Partidos desta fin de semana

  • Domingo 18 de Outubro, 16:30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 6
Campo Municipal de Alfoz
C.D. Alfoz - Sporting Pontenova

Despois de dúas temporadas, volverá o Sporting Pontenova a intentar conquistar o feudo do Alfoz. Os de Sachas irán con máis ganas ca nunca logo de cortarse a pasada xornada a racha de 3 partidos consecutivos sen coñecer a derrota, e será ante un rival que só aventaxa ó Sporting en 2 puntos e que está situado na sétima posición, polo que no caso dun triunfo visitante os da Pontenova superarános na clasificación.

  • Sábado 17 de Outubro, 16:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 7
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - C.D. Alfoz

Logo dos 11 goles que recibiu o Xove no anterior compromiso na Mina, un Sporting aínda máis reforzado moralmente recibe mañá sábado ó Alfoz, un rival ó que se lle ten ganas logo de eliminalos da Copa na última participación dos pontenoveses. Os de Moirón volverán a defender o liderato e intentarán seguir coa racha de victorias xa que, polo de agora, contan os seus partidos por triunfos e con só dous tantos encaixados.

martes, 13 de octubre de 2009

2ª Autonómica: O Xermade vence na Mina e amárgalle as festas ó Sporting (2-3)

Como ven sendo costume cando o partido coincide coas festas, o pasado sábado a Mina presentaba un bo ambiente para asistir ó Sporting - Xermade. E como tamén ven sendo costume, desgraciadamente, os da Pontenova seguen sen vencer nos partidos que coinciden cos festexos locais. O encontro non puido comezar de mellor maneira, pois Otto subiu o primeiro gol ó marcador definindo diante do porteiro logo dun excelente pase entre líneas de Rivas. Aveciñábase un partido tranquilo para os mariñanos, pois nos primeiros minutos non pasaban apuros e incluso, por medio de Javi, puideron conseguir o segundo nun par de ocasións. Pero mediado o primeiro tempo chegou o empate do Xermade e a partir de ahí comezaron a controlar o xogo diante dun Sporting que se iba desinflando pouco a pouco. Cerca do descanso chegaría o segundo dos visitantes, logo dun penalti cometido por Joel. Así se irían ós vestiarios, co mal sabor de boca de desperdiciar un gol de ventaxa. Comezou o segundo tempo e o partido non mudou excesivamente. O Sporting poñíalle ganas e puido marcar nalgunha ocasión, pero os visitantes non baixaron o listón e incluso se lles anulou o que podería ser o 1-3. Nese momento Sachas cambiou o debuxo e coa entrada de Puente e Javín situou dous dianteiros no campo. Este último, nada máis entrar no terreo de xogo, mandou de cabeza un balón ó largueiro e minutos despois puxo o empate no marcador transformando unha pena máxima. Pero pouco lles durou a alegría ós da Pontenova pois cerca do final os visitantes conseguiron o definitivo 2-3 nunha xogada desafortunada e chea de rexeites, que acabou co balón no fondo da portería local.
Remata así unha racha de 3 partidos sen perder para os de Sachas, na que conseguiran unha victoria e dous empates. O seguinte compromiso será o fin de semana próximo en Alfoz.

domingo, 11 de octubre de 2009

Aut. Xuvenil: 11 goles para seguir soñando (11-1)

Cómodo encontro o que disputaron os xuvenís do Sporting Pontenova o sábado das festas na Mina. Un abultado resultado ante un rival bastante inferior que non puxo grandes apretos aos rapaces de Moirón.

Os goleadores foron Matelo e Antón, que firmaron sendos hat-trick, Cristian que marcou por partida doble, Turbo, Ayoub e Anxo. Estes dous últimos estreaban a súa conta goleadora desta tempada. Bruno tamén marcou pero en propia porta logo dunha desafortunada acción entre el e Xoel. Ao descanso xa se chegaría cun contudente 5-1 que deixaba sentenciado o partido para que na segunda metade os suplentes dispuxeran de minutos. O vindeiro encontro disputarase tamén na Mina. Da-las grazas a numerosa xente que se acercou ainda sendo nas festas e pola maña.

Crónica enviada por Sergio Arango.

sábado, 10 de octubre de 2009

Avance resultados

  • Sábado 10 de Outubro, 12:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 6
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 11 - 1 U.D. Xove Lago
Goles: Matelo (3), Christian (3), Antón (2), Ayoub, Turbo e Anxo

  • Sábado 10 de Outubro, 17.30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 5
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 2 - 3 S.D.C. Xermade
Goles: 1-0 Otto, 2-2 Javín (p.)

viernes, 9 de octubre de 2009

Partidos desta fin de semana

  • Sábado 10 de Outubro, 17.30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 5
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - S.D.C. Xermade

Despois da victoria ante o Meira, buscarán os de Sachas outro triunfo que os acerque ós postos altos da táboa. O bo aspecto das bancadas que se espera na Mina ó coincidir coas festas locais será un aliciente máis para que xogadores do Sporting intenten conseguir os 3 puntos ante o Xermade, un equipo con experiencia na categoría que chegará á Pontenova coa intención de amargar o ambiente festivo da afición local.

  • Sábado 10 de Outubro, 12:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 6
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova- U.D. Xove Lago

Mañá ás 12:00 será o turno do equipo xuvenil, líder intratable da categoría. Despois de 5 victorias consecutivas, e con só un gol recibido, buscarán manterse no máis alto unha semana máis a costa do Xove Lago, equipo ante o que os de Moirón saíron victoriosos en ambos encontros da pasada campaña. A pesar de disputarse ás 12 da mañá, espérase un bo ambiente nas gradas.

lunes, 5 de octubre de 2009

2ª Autonómica: Primeira victoria da temporada no derbi ante o Meira (0-1)

Chegaron por fin, logo de dous empates consecutivos, os primeiros 3 puntos desta tempada. E foi nun dos partidos nos que sempre gusta ganar, ante o Meira e a domicilio. Non foi un encontro vistoso, pois os dous conxuntos, recén ascendidos, comezaron o partido con dúbidas e tratando de observar como se desenvolvía o rival, polo que o xogo non era fluído e as ocasións non acababan de chegar. Ó cuarto de hora tivo que ser sustituído, lesionado, o mellor home do Meira, Víctor, e a partir de ahí o Sporting foise facendo pouco a pouco co control, aínda que na primeira parte os achegamentos non foron moi claros. Os locais tamén tiveron escasas oportunidades e en ningún momento puxeron en excesivos apuros ós de Sachas, que recuperou para este partido a homes como Carlos, Iván, Fran e Marcos Conde. Chegouse ó descanso co 0-0 inicial. Na reanudación os visitantes seguiron co seu dominio, pero aínda así puideronse adiantar os de Meira nalgunha ocasión, cun balón que enviaron ó largueiro e pouco despois cunha oportunidade que sacou cunha man espectacular Pablo, que saíra minutos antes pola lesión de Juanki. Tamén puideron os pontenoveses inaugurar o marcador, sobre todo nunha vaselina de Puente que se foi fóra logo de petar no largueiro. O gol do triunfo sportinguista chegaría no tempo de desconto, e foi obra dun ex-xogador do Meira, Garboso. Puente botou un córner dende a banda esquerda e o central cabeceu de maneira impecable picando o balón ó segundo pau, ante o que nada puido facer o porteiro. Un cabezazo que vale os tres primeiros puntos da temporada.
O seguinte partido vaise disputar o próximo sábado, coincidindo coas Feiras da San Lucas. Será no Campo da Mina ante o Xermade.

Aut. Xuvenil: O líder segue sin fallar e vence ó Burela na Mina (2-0)

Esta vez o rival dos pontenoveses foi o Burela, un equipo bastante ben plantado atrás e que dispuxo dalgunha ocasión para batir a Xoel. O partido comezou falto de ritmo, cos dous equipos defendendo máis que atacando, e principalmente utilizando o xogo en largo. A primeira gran ocasión tívoa Antón, que ca portería baleira e logo dun despexe do porteiro visitante a un tiro de Matelo, non foi capaz de introducir o balón na rede. Co paso dos minutos e sen que o marcador se movera, apareceu marcar por baixo logo dun forte disparo arredor do minuto 45. Co resultado de 1-0 a prol dos locais chegaríase ó descanso. Na reanudación, o Sporting seguiu dispoñendo de ocasións, ata que Arango cazou un rexeite da defensa visitante para, dende 25 metros, meter o balón pola escadra e sentenciar o partido co 2-0. A partir deste momento só hai que destacar o carrusel de cambios por parte dos dous adestradores, e así se chegou ó final. Dar grazas a toda a xente que se acercou á Mina ver o partido. O próximo partido será o próximo sábado ás 12:05 da mañá, ante o Xove Lago na Mina e coincidindo cos festexos patronais do pobo.

Crónica enviada por Sergio Arango.

sábado, 3 de octubre de 2009

A afición opina

Cal é o obxetivo do equipo xuvenil?

Avance resultados

  • Sábado 3 de Outubro, 16.30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 4
A Lomba (Meira)
Meira F.C. 0 - 1 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Garboso

  • Sábado 3 de Outubro, 16.30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 5
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 2 - 0 S.D. Burela
Goles: 1-0 Matelo, 2-0 Sergio Arango

jueves, 1 de octubre de 2009

Partidos desta fin de semana

  • Sábado 3 de Outubro, 16.30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 4
A Lomba (Meira)
Meira F.C. - Sporting Pontenova


Logo de dous empates consecutivos, preséntaselles ós de Sachas unha nova oportunidade para lograr a primeira victoria da temporada. O rival será un clásico, o Meira, e o partido disputaráse na tarde do sábado no campo da Lomba, no que será un novo enfrontamento entre dous equipos veciños que levaban duas temporadas sen verse as caras.

  • Sábado 3 de Outubro, 16.30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 5
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - S.D. Burela

O flamante líder invicto da categoría, o Sporting Pontenova, recibe este sábado na Mina a un rival sempre complicado, o Burela. Servirá o partido para comprobar se, logo de 4 victorias consecutivas, os de Moirón afianzan o seu papel de favoritos na competición e para mandarlle outro aviso ós equipos perseguidores.