martes, 27 de septiembre de 2011

2ª Autonómica: O Sporting pode cun duro Meira nunha nova edición do derbi veciñal

Nova edición dun dos clásicos da categoría nos últimos anos, pois o Sporting recibía na Mina ó Meira o pasado sábado. Os locais partían lixeiramente como favoritos logo das goleadas recibidas polos celestes nas dúas primeiras xornadas, pero as numerosas baixas coas que chegaban os de Moirón e as ganas de enderenzar o rumbo dos de Abel fixo que o partido fose moi disputado , para rematar finalmente cun 2-1 para os locais logo de remontar o tanto inicial de Rubén.

sábado, 24 de septiembre de 2011

Resultados


2ª AUTONÓMICA, GRUPO 7

Sábado 24 de Setembro, 18h00
3ª Xornada
A Mina
SPORTING PONTENOVA 2 - 1 Meira C.F.
Goles: 1-1 Jorge, 2-1 Javín

miércoles, 21 de septiembre de 2011

2ª Autonómica: Primeiro punto no empate sen goles en Cervo

O Sporting estreou a súa conta de puntos cun empate sen goles no primeiro viaxe da temporada, ó campo da Biudueira en Cervo. Outra vez cunha convocatoria marcada polas numerosas baixas, os de Moirón mostraron unha firmeza defensiva que lles permitiu non pasar demasiados apuros ante un equipo sempre perigoso.

Xuveniles: Resumo amistosos

  • Domingo 18 de Setembro, SPORTING PONTENOVA - E.D. Lourenzá
Nova victoria dos de Moirón ante o Lourenzá, continuando así coa súa preparación antes de comezar a Liga o primeiro día de Outubro. Neste novo envite ante os laurentinos, esta vez de locais, os pontenoveses impuxéronse por un claro 3-1 con goles de Diego, Catalin e Fran, este último estreándose como goleador ó transformar unha pena máxima.

sábado, 17 de septiembre de 2011

Resultados


2ª AUTONÓMICA, GRUPO 7

Sábado 17 de Setembro, 17h00
2ª Xornada
A Bidueira
CERVO S.D. 0 - 0 SPORTING PONTENOVA

martes, 13 de septiembre de 2011

2ª Autonómica: O Sporting cae goleado polo Guitiriz no seu estreo

Non comeza ben a liga 2011/2012 para o novo Sporting Pontenova. Igual que o curso pasado, o primeiro partido sáldase cunha goleada en contra e sen deixar boas sensacións. Esta vez o estreo foi na Mina ante o Guitiriz, un dos chamados a estar pelexando polo ascenso a final de temporada e que gozou dun partido tranquilo no feudo pontenovés case dende o principio.

domingo, 11 de septiembre de 2011

Resultados


2ª AUTONÓMICA, GRUPO 6

Domingo 11 de Setembro, 17h00
1ª Xornada
Campo da Mina

SPORTING PONTENOVA 0 - 3 S.D. Guitiriz

sábado, 10 de septiembre de 2011

2ª Autonómica: Comeza o serio

Arranca a Liga 2011/2012 para o Sporting Pontenova e, para empezar, un óso dos duros, o Guitiriz. Os de Moirón, que manteñen o bloque do ano pasado excepto Leivas e Gene, contan coas incorporacións de Arango, Bruno Bouza e Rivas para afrontar a terceira temporada consecutiva na categoría e volver a pelexar polo obxetivo de non pasar os apuros do pasado curso en algunha fase da competición. O primeiro exame será mañá domingo, ás 5 da tarde no campo da Mina. 

martes, 6 de septiembre de 2011

2ª Autonómica: Resumo amistosos

  • Viernes 2 de setembro, Sporting Pontenova - Atl. Muralla
Última proba dos de Moirón ante o inicio da liga, ante un rival chamado a ser un dos gallitos do grupo de Lugo, o Atl. Muralla, no que milita un estandarte do Sporting do ascenso a 3ª, Guillo. Nun partido moi disputado, os visitantes puxéronse 0-2 mediado o primeiro tempo, pero un tanto de Javín antes do descanso iniciou a remontada dos pontenoveses, que ó comezo do segundo tempo puxeron o 2-2 cun gol obra de Puente. Pero a pouco do final os lucenses certificaron a victoria cun gol que lles serviu para levarse o partido por un axustado 2-3.
O próximo compromiso xa será de Liga, coa 1ª xornada que se disputará na Mina o próximo domingo 11 de setembro, ás 17 h. ante o Guitiriz.

Xuveniles: Resumo amistosos

  • Sábado 3 de setembro, Sporting Pontenova - C.D. Castro
Terceiro ensaio para os de Moirón ante un rival sempre complicado, o Castro. Nun partido cheo de alternativas, os dous goles de Catalin non foron suficientes para levarse o partido, pois os visitantes impuxéronse por 2-3 na Mina. Foi unha boa proba contra un rival da mesma categoría, para seguir coa preparación de cara a Liga.