martes, 30 de marzo de 2010

Aut. Xuvenil: O Sporting participará esta fin de semana no torneo "Sarria no Camiño"

De venres a domingo vaise disputar no campo da Ribela, en Sarria, un torneo no que estarán presentes os dous campións dos grupos lucenses de Autonómica Xuvenil, o Sarria S.D. (Grupo 9) e o Sporting Pontenova (Grupo 8), xunto con dous conxuntos de Liga Galega, o C.D. Barco, de Ourense, e A Seca, de Pontevedra. Os de Moirón disputarán a súa semifinal o sábado ante a escadra pontevedresa, e no caso de saír vencedores disputarían a final o domingo ante o vencedor do outro encontro. Na imaxe podedes ver o cartel do torneo.

sábado, 27 de marzo de 2010

Resultados

Sábado 27 de Marzo, 16:30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 28
Municipal (Foz)
C.D. Foz 2 - 0 Sporting Pontenova

Domingo 28 de Marzo, 16:30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 27
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 1 - 1 Parga F.C.
Goles: 1-0 Javín

viernes, 26 de marzo de 2010

A xornada

  • Sábado 27 de Marzo, 16:30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 28
Municipal (Foz)
C.D. Foz - Sporting Pontenova

Logo de proclamarse campións de Liga matemáticamente a semana pasada, viaxan mañá sábado os de Moirón á cancha do segundo clasificado, o C.D. Foz. Nun encontro marcado polas numerosas baixas coas que chegan os pontenoveses, non será nada fácil sacar puntos do municipal focense pois os locais están pelexando nestes momentos, xunto co Lourenzá, por asegurar a segunda plaza que lles da acceso á ronda previa da fase de ascenso a Liga Galega.

  • Domingo 28 de Marzo, 16:30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 27
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - Parga F.C.

Despois de 5 xornadas consecutivas sen conseguir a victoria, os de Sachas terán unha nova oportunidade o próximo domingo ante o Parga, un rival que se atopa por debaixo dos gualdinegros a 5 puntos de distancia. O obxetivo da permanencia está cercano pero aínda non está asegurado, polo que conseguir unha victoria neste partido deixará moito máis tranquilo a un Sporting que se acercou perigosamente ós postos con perigo de descenso por "arrastres" nas últimas xornadas.

miércoles, 24 de marzo de 2010

2ª Autonómica: O Sporting non pasa do empate en Bonxe (2-2) a pesar de adiantarse en dúas ocasións

Enfrontábase o Sporting o pasado domingo a un rival directo na táboa, o Bonxe, que está situado un posto por debaixo dos da Mina a só 2 puntos. O partido disputouse no campo de Telefunken, que presentaba unha pobre entrada a pesar da boa tarde que se disfrutou.
Comezou o encontro cos dous equipos tanteándose e cun Sporting que quería facerse co control do xogo sabedor do bo papel que está facendo neste curso nos partidos lonxe da Pontenova, algo do que desgraciadamente non se soupo aproveitar como debería. Estes primeiros 45 minutos non pasarán á historia, xa que parecía que os dous conxuntos se estaban reservando para a segunda parte, que resultou ser moito máis movida.
Iniciado o segundo tempo, o primeiro en golpear foi o Sporting cun gol de cabeza de Javín, o máximo goleador do equipo con 9 tantos ata o de agora. Parecía encarrilar así o partido o equipo gualdinegro, pero pouco despois sufriu o tanto do empate que volveu a deixar todo como estaba. Controlaban ben o esférico os de Sachas, aínda que as oportunidades estaban a ser para os dous bandos, polo que o segundo gol podería vir de calquer lado. E foi Fran quen volveu adiantar ó Sporting outra vez de cabeza, nunha xogada á que nos ten pouco acostumbrados o interior pontenovés. Volvíase a poñer de cara o partido, pero pronto apareceu a figura do árbitro para amargarlle a tarde ós da Mina, algo que está a ocurrir, desgraciadamente, con bastante frecuencia este ano. Nunha xogada moi polémica quedando 15 minutos para o remate, o colexiado sinala penalti a favor do Bonxe e Cholas vaise ós vestiarios expulsado por protestar. A pesar da desaprovación dos xogadores visitantes, a pena máxima execútase e remata na rede poñendo o 2-2 no marcador, que á postre sería definitivo.
Con este empate, o Sporting Pontenova queda outra xornada máis no medio da táboa, a 15 puntos dos postos de descenso directo pero só a 6 do Luis Pimentel, equipo que marca o límite coa zona con perigo de descenso por "arrastres". O seguinte encontro será na Mina ante o Parga, outro conxunto que está pelexando por non descender e que se atopa 5 puntos por debaixo dos de Sachas.

martes, 23 de marzo de 2010

Aut. Xuvenil: Antón e Roxo, lesionados, baixas para o tramo final de Liga

O magnífico fin de semana que completou o Sporting, con título de Liga incluído, viuse empañado por dúas lesións que van mermar o equipo de aquí ó final da competición.
O viernes, no encontro ante o Iberia, Roxo tivo que ser evacuado en ambulancia logo de sufrir un desplazamento do hombro logo dunha caída, o que o terá de baixa aproximadamente 3 semanas, polo que podería chegar a tempo para o último encontro da fase regular.
Peor parado saíu Antón no partido que lle deu o título ós de Moirón, o sábado ante o Lourenzá. O interior de Castro de Rei tivo que ser sustituído por Javi mediado o segundo tempo, e onte mesmo se confirmou que sufre unha fisura no tobillo que o terá apartado dos terreos de xogo un mes, polo que chegará xusto para o inicio da Fase de Ascenso á Liga Galega.
Dende aquí só queda desexarlles a ambos unha boa e pronta recuperación.

lunes, 22 de marzo de 2010

Aut. Xuvenil: O Sporting Pontenova gaña a Liga tras golear na Mina ó Lourenzá (5-0)

O partido máis esperado por todos chegaba o sábado pasado ó campo da Mina. O Sporting Pontenova, líder dende o principio da Liga, podía proclamarse campión con 4 xornadas de antelación se vencía ó Lourenzá, 3º clasificado. A afición, como non, respondeu a pesar da mala tarde e o feudo pontenovés volveu presentar o aspecto das grandes citas.
Principiou o choque como se esperaba. Os laurentinos, coñecedores do xogo pontenovés, plantáronse ben no campo e aguantaron as acometidas dos de Moirón, que saíron enchufados e a polo partido dende o minuto 1. As primeiras xogadas de perigo chegaron a balón parado e por parte dos dous equipos. O Lourenzá nun córner que acabou despexando Xoel; o Sporting, cunha falta que Turbo mandou alta e con outro córner que non rematou en gol por pouco. Noutro golpe franco mediado o primeiro tempo chegou a primeira gran ocasión para os da Mina. Outra vez o encargador de lanzalo foi Turbo, que estrelou o balón no poste cando xa se cantaba o primeiro. Pouco despois Leivas tamén estivo cerca de sorprender con un lanzamento lonxano, pero o porteiro chapou ben o coiro. Comezaba o Sporting a facerse dono e señor do partido, e o gol parecía estar cerca. Antón a punto estivo de cazar un centro dende a dereita, e acto seguido noutro córner Bruno case conecta co balón a 2 metros da portería. Resistíase o primeiro tanto, que non chegou ata o minuto 44. Nun balón pelexado por Matelo na línea de fondo, desfaise do marcador e da o "pase da morte" para Turbo, que fusila ó porteiro inaugurando o marcador da Mina. Estallaba de alegría a afición, que vería como un minuto despois repetían xogada os mesmos protagonistas e co mesmo final. Matelo pelexa outro balón, deixa para Turbo, que se desfai do central cun recorte e só diante do porteiro cruza o balón subindo o 2-0. Remataba así un primeiro tempo que ata os últimos compases parecía que iba rematar co resultado inicial.
Pero aínda quedaba moito por xogarse. Ó pouco de iniciarse a segunda parte chegou o terceiro, o da sentencia. Foi obra de Matelo, que logo dun primeiro disparo rexeitado polo gardameta, caza o rexeite e ca punteira consigue o tanto da tranquilidade. Antón, Turbo ou Picota puideron aumentar a renta, pero os seus disparos non acabaron en gol por pouco, algo que si conseguiu de novo Turbo mediado o segundo tempo. Xogada de Christian pola dereita, que centra para que o mediapunta de Pol remache cunha volea que se cola na portería poñendo o 4-0 no marcador e logrando así un "hat-trick" na súa conta persoal. Aínda con este resultado o Sporting non baixou os brazos e continuou levando perigo, e Matelo, Ayoub, Christian ou Tontxu tiveron oportunidades para subir o quinto, que sería obra do dianteiro asturiano nunha xogada polo lado esquerdo da área, na que consigue plantarse só diante do porteiro logo de zafarse do seu marcador e definindo cun tiro cruzado que entra pegadiño ó pau dereito. Doblete para Matelo, que cos dous tantos deste partido suma xa 38 no que vai de Liga, xusto o doble que o segundo máximo artilleiro, Turbo, o outro gran protagonista do choque con 3 goles. A última oportunidade foi para Anxo cun lanzamento de falta que acaba atallando o meta rival. E ahí rematou o partido e principou a festa no campo da Mina.
Con este título culmínase unha temporada redonda para os de Moirón, que só cederon dúas derrotas a falta de 4 xornadas para o remate da competición. Os perseguidores, Foz e Lourenzá, terán que conformarse a partir de agora por pelexar pola segunda plaza, que da acceso a xogar a ronda previa para entrar na Fase de Ascenso a Liga Galega, na que este ano entrará directamente o Sporting Pontenova como Campión do Grupo 8 da Primeira Autonómica Xuvenil.

NORABOA RAPACES!!!

domingo, 21 de marzo de 2010

Aut. Xuvenil: Victoria fácil ante o Iberia no día antes do título (0-6)

Partido moi fácil e sen historia o que gañaron os xuvenís do Sporting o venres no partido aprazado contra o Iberia. Necesitabase a victoria para poder lograr o título de campións de liga ao día seguinte contra o Lourenzá e os rapaces non defraudaron. Os de Moirón fixeron gala da sua facilidade goleadora xa que nos primeiros trinta minutos xa marcara Matelo tres goles dos catro que logrou en total e demostrando ser o mellor dianteiro centro con diferencia. Destacar tamen os goles de Anxo executando unha falta directa maxistralmente que se colou pola escadra do porteiro do Iberia. O derradeiro gol foi obra de Ayoub que sempre que sae xogar goza de ocasións de anotar e neste partido a primeira que tivo non a malgastou.


Crónica enviada por Sergio Arango.

sábado, 20 de marzo de 2010

Resultados

Sábado 20 de Marzo, 16:30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 27
A Mina
Sporting Pontenova 5 - 0 E.D. Lourenzá
Goles: 1-0 Turbo, 2-0 Turbo, 3-0 Matelo, 4-0 Turbo, 5-0 Matelo

Domingo 21 de Marzo, 16:30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 26
Telefunken (Bonxe)
Bonxe F.C. 2 - 2 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Javín, 1-2 Fran

viernes, 19 de marzo de 2010

A xornada

  • Sábado 20 de Marzo, 16:30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 27
A Mina
Sporting Pontenova - E.D. Lourenzá

O día máis esperado chega para os de Moirón. Logo de vencer no partido de hoxe ó Iberia por 0-6, só quedan 2 puntos para conseguir matemáticamente o título de campión de Liga. A primeira oportunidade, mañá na Mina ante o Lourenzá, 3º clasificado. Espérase que o feudo pontenovés presente o aspecto das grandes tardes, pois entre todos será máis facil cantar o alirón na casa e cumplir así un soño que parecía inalcanzable fai xa case 6 anos, cando se creou o equipo xuvenil do Sporting Pontenova. Ánimo rapaces!!

  • Domingo 21 de Marzo, 16:30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 26
Telefunken (Bonxe)
Bonxe F.C. - Sporting Pontenova

A falta de poucos partidos por disputarse, o obxetivo da permanencia está cercano para os de Sachas. Para empezar a aseguralo canto antes, o próximo domingo o rival será un dos que está por debaixo dos pontenoveses, o Bonxe. Con unha diferencia bastante grande sobre os postos de descenso, os da Mina afrontan a recta final da Liga pensando en que os deberes están case feitos, pero que hai que sacar os máximos puntos posibles para quedar canto máis arriba mellor e así non verse afectados polos arrastres que se poidan producir de categorías superiores.

Resultados

Viernes 19 de Marzo, 11:30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 24 (Aplazado)
As Valgas (San Miguel de Reinante)
Iberia C.F. 0 - 6 Sporting Pontenova
Goles: Matelo (4), Anxo e Ayoub

miércoles, 17 de marzo de 2010

2ª Autonómica: Ó Sporting vólveselle a atragantar A Mina e cae ante o Riaveso (0-2)

É a asignatura pendente do Sporting Pontenova esta temporada. Os partidos na Mina foron un lastre durante todo o curso, pois os puntos gañados a domicilio non se completaban con victorias como local, e iso volveu a ocurrir o pasado sábado.
Só tardou 3 minutos en chegar o 0-1. Foi nunha xogada desafortunada e con algo de polémica, pois reclamouse falta a Juanki na acción que significou o primeiro tanto para o Rioaveso. Poñíase costa arriba o partido para os de Sachas, que aínda así non se amilanaron e buscaron o gol do empate, aínda que as oportunidades non foron nin moi numerosas nin demasiado claras. Só nalgunha ocasión a balón parado ou nalgunha xogada aislada se levou perigo, pero o ataque pontenovés non acababa de funcionar. A verdade é que tampouco en defensa se pasaron apuros, polo que o resultado ó descanso podía considerarse xusto.
No segundo tempo o guión non mudou en exceso. Cos cambios parecía que podía chegar a reacción do Sporting, pero cando semellaba estar gañandolle terreo ós chairegos chegou o 0-2, que foi un mazazo para todos. Logo dese gol os de Sachas intentaron volcarse sobre a portería rival, pero incluso xogando con tres defensas a sensación sobre o campo nunca foi a de darlle a volta ó marcador, pois as ocasións que se creaban non eran demasiado claras. Ó final, derrota xusta diante dun rival que foi superior e que gracias a partidos como o do sábado atópase pelexando polo ascenso.
Logo desta derrota, a situación dos pontenoveses na táboa non varía moito, pois seguen no medio da táboa en terra de naide, lonxe do ascenso e o máis importante, lonxe do descenso. O seguinte compromiso será a próxima fin de semana ante o Bonxe a domicilio.

martes, 16 de marzo de 2010

Aut. Xuvenil: O título, máis cerca logo da victoria ante o Cospeito (0-4)

Outro partido máis gañado polos xuvenís do Sporting Pontenova e que os acerca un pouquiño máis á consecución da Liga. Nesta ocasión o rival era o Cospeito, un equipo que se encontra no fondo da clasificación e ao que os pontenoveses sacaban máis de 50 puntos.. O encontro disputouse en Muimenta xa que en Cospeito o terreo de xogo atopábase en pésimas condicións.

O partido comezou co equipo gualdinegro con moitas imprecisións e cun ritmo moi baixo de xogo. O Cospeito estaba ben plantado no campo, gañando todos os balóns disputados e chegou nalgúns momentos a ter o dominio do balón aínda que as ocasións máis claras foron obra de Matelo. O gol que abriu a lata chegou logo dun gran centro de Antonio dende a banda esquerda e que Cristian rematou ó fondo da porteira cun toque preciso.Sen dar tempo ó saque de centro, o colexiado pitou o final da primeira parte.

Na segunda metade o dominio dos rapaces de Moirón foi total. As ocasións eran continuas e o 0-2 víase moito máis claro que o empate a un. Foi Matelo quen o conseguiu batindo por baixo ó porteiro. Poucos minutos despois chegaría o terceiro cunha xogada similiar e co mesmo protagonista que conseguiría asi o seu gol número 32. No medio do carrusel de cambios por parte dos dous equipos chegou un penalti por mans dun defensor local que Roxo transformou convertindo o 0-4 definitivo.

Con esta victoria os pontenoveses manteñen a diferencia de 7 puntos co segundo, o Foz, a falta de 12 para o remate da liga. Dar as grazas a aqueles afeccionados que se desprazaron para ver o partido ao igual que levan facendo toda a temporada. O vindeiro fin de semana xogaranse dous partidos: o venres 19 ás 11.30, o Sporting visitará o campo do Iberia para a disputa do partido aprazado por culpa do temporal de vento de fai tres semanas. O sábado na Mina os xuvenís enfrontaranse ao Lourenzá, equipo que está na loita por meterse nas prazas de promoción de ascenso á Liga galega. De conseguir nos dous partidos a victoria o Sporting gañaría a Liga Autonómica.

Crónica enviada por Sergio Arango.

sábado, 13 de marzo de 2010

Resultados

Sábado 13 de Marzo, 11:30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 26
O Pichón (Muimenta)
C.D. Cospeito 0 - 4 Sporting Pontenova
Goles: Matelo (2), Roxo (p.) e Christian

Sábado 13 de Marzo, 16:30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 25
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 0 - 2 S.D. Rioaveso-Machinango

viernes, 12 de marzo de 2010

A xornada

  • Sábado 13 de Marzo, 11:30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 25
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova- S.D. Rioaveso-Machinango

Visita o campo da Mina o 5º clasificado, o Rioaveso, que se atopa a 6 puntos dun Sporting que intentará volver á senda da victoria logo de 3 partidos sen conseguila. Logo do meritorio empate ante o líder Pastoricense, os de Sachas buscarán no partido de mañá volver a facerse fortes como locais e deixar sellada a permanencia o antes posible.

  • Sábado 13 de Marzo, 11:30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 26
O Pichón (Muimenta)
C.D. Cospeito - Sporting Pontenova

Logo da gran goleada da xornada pasada ante o Pastoricense, os gualdinegros visitan a un dos rivais máis asequibles, en teoría, da competición, o Cospeito. O líder buscará unha nova victoria que lle permita asegurarse canto antes o título de Liga, á falta de enfrontarse ante os dous inmediatos perseguidores, o Lourenzá e o Foz.

2ª Autonómica: Sporting Pontenova - S.D. Rioaveso Machinango

miércoles, 10 de marzo de 2010

2ª Autonómica: Meritorio empate no campo do líder (1-1)

Rendíalle visita o Sporting ó Pastoricense o pasado domingo. Os locais, líderes e máximos favoritos ó ascenso, deixaron escapar moi poucos puntos do campo do Acebreiro esta temporada, polo que o reto para os de Sachas era moi complicado.
Comezou o partido como se prevía, cun Pastoriza controlando o balón diante dun Sporting ben plantado, sen complicarse, e disposto a poñerlle as cousas difíciles ó rival. Pero non tardou moito en torcerse o encontro. No minuto 5, nun saque de banda a favor dos gualdinegros, o balón acaba no contrario, que monta rápidamente o contragolpe aproveitando a descolocación dos pontenoveses e a xogada remata en gol para os locais. Non baxaron os brazos os da Mina a pesar do mazazo. Continuaron con seriedade, movendo o balón no medio con Cholas e Rivas como referencia e intentando aproveitar os fallos dun conxunto local que era quen levaba o peso do partido. Preto do cuarto de hora de xogo, un balón que envía Manu dende a defensa acaba nos pés de Fran, que logo do fallo dun zagueiro do Pastoricense plántase só diante do porteiro e define perfectamente situando o empate no marcador. Logo do gol pontenovés o guión non cambiou en exceso, cos líderes controlando a pelota pero cun Sporting bastante ben situado que non pasou serios apuros no que quedaba de primeira parte.
Logo do descanso parecía que os de Sachas saían máis enchufados e chegaron con certo perigo en algunha ocasión, pero pouco a pouco os do Acebreiro foron gañando metros e volvendo a facerse donos do xogo, chegando con bastante asiduidade ás inmediacións da portería de Juanqui. O asedio local ía crecendo co paso dos minutos, pero a seguridade da zaga sportinguista contrarrestaba o arreón do Pastoricense, que gozou dun tiro ó pau na súa ocasión máis clara. Por parte dos pontenoveses o achegamento máis perigoso foi por parte de Pablín, nunha xogada polémica na que se reclamou primeiro penalti e logo cesión, aínda que o árbitro decidiu en ambas que o xogo continuase. De ahí ó final do encontro máis do mesmo, os locais controlaron o balón en todo momento pero os da Pontenova foron capaces de conservar o valioso punto na cancha do líder.
Despois desta xornada os de Sachas seguen asentados na parte media da táboa, lonxe da zona de descenso. A vindeira fin de semana visitará a Mina o Rioaveso, e será o sábado día 13 ás 16:30 da tarde.

lunes, 8 de marzo de 2010

Aut. Xuvenil: A primeira final remata con unha nova exhibición na Mina (9-2)

O pasado sábado recibía o Sporting na Mina a un dos mellores conxuntos da categoría, o Pastoricense, situado na cuarta plaza. Nun encontro que se antoxaba complicado, dende o primeiro minuto os de Moirón non deron tregua e demostraron o porqué da súa superioridade nesta competición. E foi dende o primeiro minuto literalmente, pois na xogada de saque a piques estivo de marcar Matelo, pero o seu disparo repeleuno o longueiro e o rexeite non o puido aproveitar Antón. Pero non tardaría moito máis en inaugurarse o marcador. Foi nunha falta directa dende 25 metros executada maxistralmente por Turbo, que puxo o balón na escadra, lonxe do alcance do gardameta rival. Pouco despois chegou o segundo, obra de Matelo de penalti. O partido quedaba prácticamente resolto cando pasaran pouco máis de 10 minutos. Pero o primeiro tempo aínda iba dar para moito máis. Pouco despois Matelo conseguiu o terceiro, o segundo na súa conta. O Pastoricense recortou distancias pero antes do descanso Antón deixaría o partido visto para sentencia con dous tantos máis. 5-1 nos primeiros 45 minutos, aveciñábase outra goleada de escándalo na Mina, pero esta vez con moito máis mérito pois enfronte estaba un dos rivais fortes da Liga.
Comezou o segundo tempo e o Sporting non levantou o pé do acelerador. Matelo conseguiría o sexto definindo cun tiro cruzado diante do porteiro, gol que significou outro hat-trick máis para o dianteiro asturiano e o seu trixésimo gol no campeonato. Christian fixo o 7-1 nunha gran xogada que rematou cun disparo pegadiño ó pau. Logo marcaría o Pastoricense de penalti, pero os de Moirón responderon rápidamente cun tanto de Tontxu á saída dun córner. O 9-2 definitivo foi obra de Ayoub, que saíra sustituíndo a Turbo, e outra vez non desaproveitou a súa oportunidade cerrando o luminoso cun gol de cabeza e cunha pizca de sorte. Así se chegou ó final, con outra gran goleada dos gualdinegros diante da súa afición.
Con este triunfo e a falta de poucos partidos para o remate, os de Moirón dan un novo golpe para alzarse co título de Liga. A falta de enfrontarse con 2 dos rivais directos, o Lourenzá e o Foz, ó Sporting quédanlle xa poucos puntos para asegurarse matemáticamente, algo que podería darse dentro de 15 no seu enfrontamente na Mina ante os laurentinos. Na próxima xornada os pontenoveses viaxarán a Cospeito para medirse a un dos equipos, a priori, máis asequibles.

sábado, 6 de marzo de 2010

Resultados

Sábado 6 de Marzo, 16:30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 25
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 9 - 2 U.D. Pastoricense
Goles: 1-0 Turbo, 2-0 Matelo (p.), 3-0 Matelo, 4-1 Antón, 5-1 Antón, 6-1 Matelo, 7-2 Christian, 8-2 Tontxu, 9-2 Ayoub

Domingo 7 de Marzo, 16:30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 24
O Acebreiro (A Pastoriza)
U.D. Pastoricense - Sporting Pontenova
Goles: 1-1 Fran

viernes, 5 de marzo de 2010

A xornada

  • Sábado 6 de Marzo, 16:30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 25
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - U.D. Pastoricense

Importante partido o que se disputará na vindeira xornada no Campo da Mina. O equipo local necesita 11 puntos a falta de 6 encontros para proclamarse matemáticamente campión de liga e así xogar a fase de ascenso a Liga Galega por segundo ano consecutivo. O rival, o sempre dificil Pastoricense, que logo do 0-4 encaixado na primeira volta no Campo do Acebreiro queren vir roubar os puntos ó Campo da Mina, marcha quinto clasificado e é un rival sempre a ter en conta.
Dende o Sporting Pontenova pídese o apoio do público para as próximas xornadas, sobre todo nesta que pode ser un golpe definitivo na clasificación e intentar así o ascenso a Liga Galega, que sería un éxito tanto para entidade como para o pobo en xeral.

  • Domingo 7 de Marzo, 16:30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 24
O Acebreiro (A Pastoriza)
U.D. Pastoricense - Sporting Pontenova

Mesmo rival para o conxunto sénior, pero nesta ocasión con papeis invertidos. O Pastoricense marcha líder da categoría, mentres o Sporting busca asentarse definitivamente na parte media-alta da táboa. Logo do empate in-extremis ante o Luis Pimentel os de Sachas buscarán recuperar a boa imaxe de choques anteriores, aínda que o rival non semella ser o propicio, pois está completando unha temporada espectacular, logo de quedarse ás portas do ascenso en anos anteriores. No caso dunha victoria, os gualdinegros darían un golpe case definitivo á permanencia. A cita, o próximo domingo ás 16:30 da tarde no campo do Acebreiro, na Pastoriza.

jueves, 4 de marzo de 2010

Aut. Xuvenil: Sporting Pontenova - U.D. Pastoricense

lunes, 1 de marzo de 2010

2ª Autonómica: Empate e gracias (2-2)

Partido trampa o que se lle presentaba onte domingo ó Sporting na Mina ante o Luis Pimentel de Lugo, un rival que aínda que está nos postos baixos da táboa sempre planteou partidos moi complicados. Despois da resaca do temporal do sábado a tarde presentábase pasada por auga, aínda que durante o encontro foron escasos os momentos de choiva e houbo un bo ambiente no feudo pontenovés.
Tiña o Sporting baixas importantes como a de Maqueto, Iván ou Juanqui, pero o encontro principiou da mellor maneira posible. Ós poucos minutos, nun saque de córner a favor, o balón rexeitado pola defensa lucense remata nos pés de Cholas, que saca un disparo dende fóra da área que peta en Garboso e acaba dentro da portería. Encarrilaban o partido rápidamente os de Sachas, que por certo non estaba nesta ocasión, sustuíndoo Moirón no banquillo. Seguíu atacando con bastante frecuencia o Sporting nos minutos posteriores, con algunha xogada de perigo por parte de Javín ou de Otto. Parecía controlado o encontro, pero pouco a pouco o Luis Pimentel foise estirando e comezou a levar perigo á portería de Xoel. O gol do empate chegou arredor do minuto 35. Carlos comete unha falta preto da área que é executada de forma espectacular por un xogador visitante, mandando o balón ó largueiro. No rechace, e con Xoel no chan, a defensa local quédase estática e o coiro chega ós pés dun xogador rival, que marca cómodamente o tanto da igualada. Pouco máis deu de sí a primeira parte e chegouse ó tempo de descanso.
Esperábase unha reacción dos locais no segundo período, pero a realidade foi que o Luis Pimentel seguiu controlando e conseguiu adiantarse no marcador ós 10 minutos de comezar, con un gol con algo de fortuna pois o disparo do xogador rival peta en Villy e acaba colándose pola escadra da portería de Xoel cunha vaselina perfecta. Tocáballe de novo ó Sporting remar contra corrente na Mina. Claves foron os cambios introducidos por Moirón, que lle deron frescura en ataque ó equipo gracias á velocidade de Puente e de Matelo. Este último, sobre todo, foi quen revolucionou o partido, aínda que non estivo acertado de cara ó gol, que se lle sigue resistindo co equipo sénior. Pablín e Fran, que tamén entraron no segundo tempo, tiveron cadansúa ocasión, pero o balón non quería entrar a pesar de que o Sporting estaba comezando a volcarse no marco rival, arriesgando con defensa de 3 para conseguir o empate. Puido chegar tamén con unha combinación entre Matelo e Puente, que chega á línea de fondo pero o seu "pase da morte" non atopou rematador. Cando parecía que os gualdinegros iban volver a caer na casa, e xa no desconto, chegou o ansiado tanto da igualada. Foi outra vez nun córner, nunha xogada embarullada na que o balón acaba nos pés de Manu que, a 2 metros da portería, fusila ó gardamente lucense salvando un punto no último suspiro. E non houbo tempo para máis.
Con este empate, os da Mina seguen unha xornada máis no 9º lugar, nunha xornada na que non se poden sacar conclusións pois só se disputaron 3 encontros debido ó temporal. A seguinte cita será ante o líder, o Pastoricense, o próximo fin de semana no campo do Acebreiro.

Consulta aquí a clasificación.