martes, 16 de marzo de 2010

Aut. Xuvenil: O título, máis cerca logo da victoria ante o Cospeito (0-4)

Outro partido máis gañado polos xuvenís do Sporting Pontenova e que os acerca un pouquiño máis á consecución da Liga. Nesta ocasión o rival era o Cospeito, un equipo que se encontra no fondo da clasificación e ao que os pontenoveses sacaban máis de 50 puntos.. O encontro disputouse en Muimenta xa que en Cospeito o terreo de xogo atopábase en pésimas condicións.

O partido comezou co equipo gualdinegro con moitas imprecisións e cun ritmo moi baixo de xogo. O Cospeito estaba ben plantado no campo, gañando todos os balóns disputados e chegou nalgúns momentos a ter o dominio do balón aínda que as ocasións máis claras foron obra de Matelo. O gol que abriu a lata chegou logo dun gran centro de Antonio dende a banda esquerda e que Cristian rematou ó fondo da porteira cun toque preciso.Sen dar tempo ó saque de centro, o colexiado pitou o final da primeira parte.

Na segunda metade o dominio dos rapaces de Moirón foi total. As ocasións eran continuas e o 0-2 víase moito máis claro que o empate a un. Foi Matelo quen o conseguiu batindo por baixo ó porteiro. Poucos minutos despois chegaría o terceiro cunha xogada similiar e co mesmo protagonista que conseguiría asi o seu gol número 32. No medio do carrusel de cambios por parte dos dous equipos chegou un penalti por mans dun defensor local que Roxo transformou convertindo o 0-4 definitivo.

Con esta victoria os pontenoveses manteñen a diferencia de 7 puntos co segundo, o Foz, a falta de 12 para o remate da liga. Dar as grazas a aqueles afeccionados que se desprazaron para ver o partido ao igual que levan facendo toda a temporada. O vindeiro fin de semana xogaranse dous partidos: o venres 19 ás 11.30, o Sporting visitará o campo do Iberia para a disputa do partido aprazado por culpa do temporal de vento de fai tres semanas. O sábado na Mina os xuvenís enfrontaranse ao Lourenzá, equipo que está na loita por meterse nas prazas de promoción de ascenso á Liga galega. De conseguir nos dous partidos a victoria o Sporting gañaría a Liga Autonómica.

Crónica enviada por Sergio Arango.

No hay comentarios: