lunes, 8 de marzo de 2010

Aut. Xuvenil: A primeira final remata con unha nova exhibición na Mina (9-2)

O pasado sábado recibía o Sporting na Mina a un dos mellores conxuntos da categoría, o Pastoricense, situado na cuarta plaza. Nun encontro que se antoxaba complicado, dende o primeiro minuto os de Moirón non deron tregua e demostraron o porqué da súa superioridade nesta competición. E foi dende o primeiro minuto literalmente, pois na xogada de saque a piques estivo de marcar Matelo, pero o seu disparo repeleuno o longueiro e o rexeite non o puido aproveitar Antón. Pero non tardaría moito máis en inaugurarse o marcador. Foi nunha falta directa dende 25 metros executada maxistralmente por Turbo, que puxo o balón na escadra, lonxe do alcance do gardameta rival. Pouco despois chegou o segundo, obra de Matelo de penalti. O partido quedaba prácticamente resolto cando pasaran pouco máis de 10 minutos. Pero o primeiro tempo aínda iba dar para moito máis. Pouco despois Matelo conseguiu o terceiro, o segundo na súa conta. O Pastoricense recortou distancias pero antes do descanso Antón deixaría o partido visto para sentencia con dous tantos máis. 5-1 nos primeiros 45 minutos, aveciñábase outra goleada de escándalo na Mina, pero esta vez con moito máis mérito pois enfronte estaba un dos rivais fortes da Liga.
Comezou o segundo tempo e o Sporting non levantou o pé do acelerador. Matelo conseguiría o sexto definindo cun tiro cruzado diante do porteiro, gol que significou outro hat-trick máis para o dianteiro asturiano e o seu trixésimo gol no campeonato. Christian fixo o 7-1 nunha gran xogada que rematou cun disparo pegadiño ó pau. Logo marcaría o Pastoricense de penalti, pero os de Moirón responderon rápidamente cun tanto de Tontxu á saída dun córner. O 9-2 definitivo foi obra de Ayoub, que saíra sustituíndo a Turbo, e outra vez non desaproveitou a súa oportunidade cerrando o luminoso cun gol de cabeza e cunha pizca de sorte. Así se chegou ó final, con outra gran goleada dos gualdinegros diante da súa afición.
Con este triunfo e a falta de poucos partidos para o remate, os de Moirón dan un novo golpe para alzarse co título de Liga. A falta de enfrontarse con 2 dos rivais directos, o Lourenzá e o Foz, ó Sporting quédanlle xa poucos puntos para asegurarse matemáticamente, algo que podería darse dentro de 15 no seu enfrontamente na Mina ante os laurentinos. Na próxima xornada os pontenoveses viaxarán a Cospeito para medirse a un dos equipos, a priori, máis asequibles.

No hay comentarios: