domingo, 31 de octubre de 2010

Resultados

Domingo 31 de Outubro, 16:30 h.
2ª Autonómica, G. VI
8ª Xornada
 A Mina
Sporting Pontenova 1 - 2 S.D.R. Sacido
Goles: 1-1 Puente

sábado, 30 de octubre de 2010

Resultados

Sábado 30 de Outubro, 16:30 h.
Autonómica Xuvenil, G. VII
5ª Xornada

 A Mina
Sporting Pontenova 7 - 1 Ribadeo C.F.
Goles: 1-1 Arango, 2-1 Catalin, 3-1 Catalin, 4-1 Picota, 5-1 Catalin, 6-1 Catalin, 7-1 Valín

martes, 26 de octubre de 2010

2ª Autonómica: Fran soluciona a primeira victoria na Mina cando todo apuntaba ó empate (3-1)

Partido de emocións o vivido o pasado sábado na Mina ante o Galdo, que se resolveu nos últimos 5 minutos. Cando xa se daba por feito o empate, dous zarpazos de Fran, o último de cabeza, déronlle a primeira victoria como local a un Sporting Pontenova que con estes 3 puntos colle algo de aire e escala 4 postos na táboa clasificatoria.

lunes, 25 de octubre de 2010

Aut. Xuvenil: Primeira victoria da temporada nun gran partido en Lourenzá (0-2)

Primeira victoria do Sporting Pontenova xuvenil na presente campaña. Logo de empatar por culpa do árbitro en San Ciprián e de perder inmerecidamente na Mina contra o Foz  chegaban os rapaces a Lourenzá con ganas de demostrar que non merecen estar tan abaixo na clasificación.

domingo, 24 de octubre de 2010

Resultados

Domingo 24 de Outubro, 16:30 h.
2ª Autonómica, G. VI
7ª Xornada
 A Mina
Sporting Pontenova 3 - 1 Novas Raíces de Galdo
Goles: 1-0 Maqueto, 2-1 Fran, 3-1 Fran

sábado, 23 de octubre de 2010

Resultados

Sábado 23 de Outubro, 16:30 h.
Autonómica Xuvenil, G. VII
4ª Xornada

 Santa Cruz
E.D. Lourenzá 0 - 2 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Catalin, 0-2 Catalin

miércoles, 20 de octubre de 2010

2ª Autonómica: O Sporting é colista logo de caer en Muimenta (2-0)

Non acaba de arrancar o Sporting Pontenova. Nesta ocasión foi o Muimenta, recén descendido e un dos favoritos ó ascenso, o que pasou por encima dos de Moirón nun partido no que os pontenoveses a piques estiveron de sacar un resultado positivo, pois foi nos últimos minutos cando se resolveu o envite. Con esta derrota, o Sporting queda como último clasificado en solitario logo das victorias de Meira e Pol.

Aut. Xuvenil: O Sporting paga unha floxa primeira parte coa primeira derrota da temporada (0-1)

Logo de 15 días de parón na competición, chegaba á Mina un dos favoritos da categoría, o Foz. Os de Moirón colleitarán sendos empates a 1 nas dúas primeiras xornadas do campionato, e afrontaban este partido coa ilusión de lograr a primeira victoria da temporada, ademáis diante da súa afición. No primeiro tempo os focenses foron superiores e conseguiron adiantarse, pero os gualdinegros reaccionaron na segunda metade, aínda que non foi suficiente.

sábado, 16 de octubre de 2010

Resultados

  • Domingo 17 de Outubro, 16:30 h.
2ª Autonómica, G. VI
6ª Xornada
 O Pichón

S.D. Muimenta 2 - 0 Sporting Pontenova

  • Sábado 16 de Outubro, 16:30 h.
Autonómica Xuvenil, G. VII
3ª Xornada
 A Mina

Sporting Pontenova 0 - 1 C.D. Foz

A previa da xornada

  • Sábado 16 de Outubro, 16:30 h.
Autonómica Xuvenil, G. VII
3ª Xornada
 A Mina
Sporting Pontenova
C.D. Foz

Logo de dous empates consecutivos e un fin de semana de descanso polo medio, os de Moirón retornan á competición ante un dos favoritos, o C.D. Foz. Contarán neste partido con baixas importantes como son as de Picota e Luis, por sanción, pero intentarán, como en anos anteriores, manter a imbatibilidade na Mina e sacar un resultado positivo ante un rival forte. A cita, esta tarde ás 16:30.

  • Domingo 17 de Outubro, 16:30 h.
2ª Autonómica, G. VI
6ª Xornada
 O Pichón
S.D. Muimenta
Sporting Pontenova

Nova oportunidade para saír dos postos perigosos da táboa. O rival volve a ser un dos favoritos ó ascenso, o Muimenta, pero os de Moirón intentarán recuperar a boa línea marcada en Meira e olvidar o último traspés ante o Xermade o día das festas. Para este partido contarase co equipo case ó completo, que buscarán voltar de terras chairegas con 3 puntos que alivien un pouco a situación do equipo na táboa. O encontro, mañá ás 16:30 da tarde no campo do Pichón.

viernes, 15 de octubre de 2010

2ª Autonómica: O Xermade aprovéitase da "maldición das festas" (0-3)

O Sporting non foi capaz, un ano máis, e xa van 6, de sacar un resultado positivo o día dos festexos locais. O rival tampouco era o máis propicio, pois o Xermade presentou a súa candidatura ó ascenso nas anteriores xornadas e xustificouno sobradamente coa súa actuación na Mina, dónde venceu por 0 - 3 deixando unha gran imaxe. Por outra parte, os de Moirón non foron capaces de manter a boa línea marcada en Meira e sufriron a 3ª derrota consecutiva na casa.

martes, 12 de octubre de 2010

Resultados

Sábado 9 de Outubro, 17:30
2ª Autonómica, G. VI
5ª Xornada
A Mina
Sporting Pontenova 0 - 3 S.D.C. Xermade

sábado, 9 de octubre de 2010

A previa da xornada

Sábado 9 de Outubro, 17:30
2ª Autonómica, G. VI
5ª Xornada
A Mina

Sporting Pontenova
S.D.C. Xermade


Nun ambiente marcado polos festexos locais das San Lucas recibe esta tarde o Sporting a un dos "gallitos" da categoría, o Xermade. Coas ilusións a tope logo da victoria e da gran imaxe deixada a pasada xornada no derbi ante o Meira, os de Dani Moirón afrontan o compromiso de hoxe coa motivación engadida de rematar con 5 anos sen vencer o día das festas. Co equipo ó completo, os gualdinegros intentarán conseguir a súa segunda victoria consecutiva e alonxarse máis dos postos de descenso. A cita, ás 17:30 no Campo da Mina.

Aut. Xuvenil: Novo empate na visita a San Ciprián (1-1)


Bo resultado o que conseguiron os xuvenís do Sporting Pontenova en San Ciprian logo de teren que loitar contra o equipo rival, o vento e máis o árbitro. A seria defensa que presentaron os gualdinegros foi determinante para lograr o empate.

martes, 5 de octubre de 2010

2ª Autonómica: O Sporting desperta e golea en Meira nun gran partido (0-3)

Por fin chegou a primeira victoria do Sporting na presente temporada. Tivemos que esperar ata a 4ª xornada, pero mereceu a pena pola forma de conseguila. Foi no "derbi" ante o Meira, no campo da Lomba, con 3 goles de cabeza e cunha gran imaxe que esperemos que se siga consolidando co paso das xornadas. Despois desta, os de Moirón abandonan a última plaza, que ocupa agora o Pol de Miranda. 

sábado, 2 de octubre de 2010

Resultados

  • Sábado 2 de Outubro, 17:30 h.
2ª Autonómica, G. VI
4ª Xornada
A Lomba
Meira F.C. 0 - 3 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Javín, 0-2 Maqueto, 0-3 Puente

  • Sábado 2 de Outubro, 16:30 h.
Autonómica Xuvenil, G. VII
2ª Xornada
A Veiga
C.D. San Ciprián 1 - 1 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Catalin