lunes, 25 de octubre de 2010

Aut. Xuvenil: Primeira victoria da temporada nun gran partido en Lourenzá (0-2)

Primeira victoria do Sporting Pontenova xuvenil na presente campaña. Logo de empatar por culpa do árbitro en San Ciprián e de perder inmerecidamente na Mina contra o Foz  chegaban os rapaces a Lourenzá con ganas de demostrar que non merecen estar tan abaixo na clasificación.

O partido comezou co Sporting dominando o balón e chegando con certa claridade. A defensa visitante permitiu que Marco non tivera apenas traballo. Co paso dos minutos o balón cambiou de bando e os pontenoveses dedicaronse a contratacar. Nun destes contrataques chegou unha volea de Iván que pasou rozando o longueiro logo do centro dende a dereita de Valín. Xusto antes de que rematase a primeira metade, Catalin pelea un balón entre os centrais, regatea ó porteiro e marca coa porta vacía.
Xa na segunda metade o Lourenzá empezou a ter máis posesión, pero en ningún momento deu sensación de perigo. Os gualdinegros, ben replegados, saían á contra por medio de Javi, Catalin e Ivan. Foi de novo Catalin quen poñería o 0-2 definitivo aproveitando un fallo dos centrais locais e batendo cunha fermosa vaselina ó porteiro.
Con este resultado o Sporting consegue a súa primeira victoria. O próximo sábado recibirá ó Ribadeo na Mina ás 16.30. Dar as grazas a toda a xente que se desprazou á Lourenzá.

Crónica enviada por Sergio Arango.

No hay comentarios: