martes, 26 de octubre de 2010

2ª Autonómica: Fran soluciona a primeira victoria na Mina cando todo apuntaba ó empate (3-1)

Partido de emocións o vivido o pasado sábado na Mina ante o Galdo, que se resolveu nos últimos 5 minutos. Cando xa se daba por feito o empate, dous zarpazos de Fran, o último de cabeza, déronlle a primeira victoria como local a un Sporting Pontenova que con estes 3 puntos colle algo de aire e escala 4 postos na táboa clasificatoria.

Non podía comezar de mellor maneira o encontro. Na primeira chegada dos locais, nun córner sacado por Jorge, Maqueto remata de cabeza libre de marca subindo o primeiro ó marcador. Poñíase de cara un partido que semellaba clave para o Sporting, pois iniciábase unha serie de 3 encontros consecutivos na casa. Pese ó gol non baixaron os brazos os de Moirón, e as ocasións continuaron chegando unha tras outra. Jorge estaba sendo un puñal pola banda esquerda e súas foron as xogadas de maior perigo. Na primeira delas logra desbordar a defensa viveirense e, cando todos esperaban o pase da morte, intenta sorprender ó porteiro polo pau corto, pero sen éxito. Na seguinte xogada, calcada á anterior, da o pase atrás vendo a chegada de Puente pero o balón bótalle mal xusto no momento do disparo e non logra enganchalo cando xa se cantaba o segundo. Pero non sería a última xogada de perigo de Jorge pola banda esquerda, pois volveu a gañar a línea de fondo outra vez máis pero non se entendeu con Javín cando se dispoñía a dar o pase de gol. Este último tivo outra gran ocasión para subir o segundo, pero fallou na definición cando xa se plantara só diante do porteiro, cruzando o balón demasiado. Era un vendabal o Sporting, que se puido ir ó dencanso con unha ventaxa máis ampla, pero foi o gol de Maqueto o único que adornaba o marcador no intermedio.
No segundo tempo iban cambiar as tornas ós pouco minutos. Un penalti cometido por Villy supuxo o gol do empate dun Novas Raíces que aínda non dera señais de vida na Mina. Aínda así o Sporting seguiu controlando, e Jorge volveu a levar perigo pola súa banda. Noutra gran xogada, volveu a desbordar ó lateral para plantarse diante do porteiro pero a súa vaselina marchouse lamendo o longueiro cando xa conseguira superar ó meta. Reaccionou Moirón dándolle entrada a Fran no lugar de Manu, enviándoo á esquerda para que Jorge actuara na mediapunta por detrás de Javín. Este cambio resultaría clave minutos máis tarde. Mentres, os gualdinegros seguían ó seu e Jorge volveu a ser un incordio, agora pola outra banda. Noutra chegada á línea de fondo, o seu pase da morte non o logrou conectar ben Javín e o balón foise fóra noutra clara oportunidade. Na seguinte, outra vez o ex do Lugo realizou a mesma xogada pero o seu disparo, case sen ángulo, foise desviado. Pero cando quedaban poucos minutos chegou o momento de Fran, que pasara desapercibido no tempo que levaba no céspede. Un balón longo dende atrás cara a banda esquerda recíbeo o hábil extremo pontenovés en posición dudosa, e dende a frontal da área solta un xurdazo cruzado raso que se cola pegadiño ó pau, poñendo por diante a un Sporting que o merecera durante todo o partido. E na seguinte xogada, un córner botado dende a esquerda por Puente remátao de novo Fran libre de marca poñendo o definitivo 3-1 e dándolle ó Sporting o primeiro triunfo na Mina.
Tras esta victoria, os de Moirón suben 4 puntos na táboa e afastánse un pouco dos postos de descenso. Por diante veñen outros dous partidos como locais. O seguinte, o próximo domingo ante o segundo clasificado, o Sacido, ás 16:30 na Mina.

No hay comentarios: