miércoles, 13 de junio de 2012

Dani Moirón continuará un ano máis á fronte dos dous equipos do Sporting Pontenova


Antonio Lombardero, o novo presidente do Sporting Pontenova, confirmou que, tras a xuntanza mantida nos últimos días, Dani Moirón seguirá unha temporada máis a fronte dos dous equipos do Sporting Pontenova.

Con este paso, a nova directiva buscará darlle continuidade a este proxecto e seguir a filosofía que se estaba a levar a cabo en temporadas anteriores.

O preparador pontenovés cumprirá o seu 6º ano ó cargo do equipo xuvenil e o terceiro dirixindo o equipo de segunda rexional. Os resultados deportivos acadados, cumprindo os obxectivos propostos, foron un aval suficiente para os novos dirixentes, que volverán a confiar no adestrador local para afrontar este novo reto.
Con respecto ao equipo de segunda rexional, un ano máis o seu obxectivo será a "salvación", pero esperando non pasar tanto apuros como na tempada recén finiquitada. No que atinxe ao equipo xuvenil, tentarán "quedar o máis arriba posible na táboa" e conseguir aportar o maior número de xogadores posibles ao primeiro equipo, ademáis de comezar cunha profunda renovación do plantel.
O equipo sénior tentará cerrar nos próximos días 2 ou 3 fichaxes para reforzar o plantel e así poder afrontar con garantías unha liga que se prevé moi dura e competida. O resto do bloque será o da tempada pasada, coa continuidade de máis do 90% do equipo xa confirmada.

No hay comentarios: