miércoles, 29 de septiembre de 2010

2ª Autonómica: O Sporting colleita ante o Guitiriz a terceira derrota consecutiva (2-4)


Nova derrota do Sporting como local, polo que sigue sen arrancar nesta liga na que acumula 3 derrotas noutros tantos partidos. A lectura positiva é que por agora só se enfrontou a equipos favoritos para o ascenso e que en todos eles deixou boas sensacións en moitos momentos, optando incluso á victoria. O do sábado na Mina, que presentaba unha boa entrada, foi un encontro intenso, con goles, que non se resolveu ata os últimos minutos.

martes, 28 de septiembre de 2010

Aut. Xuvenil: Os máis novos debutan cun esperanzador empate ante un dos favoritos, o Burela (1-1)

O novo Sporting Pontenova xuvenil iniciaba este sábado a nova competición, cun equipo renovado case na súa totalidade pero con unhas ganas e unha ilusión que van suplir perfectamente a inexperiencia de moitos dos novos compoñentes. Enfronte estaba o Burela, un dos favoritos da Liga e que no primeiro tempo puxo en serios apuros ós da Mina, pero que na segunda parte se viu superado polos de Moirón.

domingo, 26 de septiembre de 2010

Resultados

Domingo 26 de Setembro, 17:00 h.
2ª Autonómica, G. VI
3ª Xornada
A Mina
Sporting Pontenova 2 - 4 S.D. Guitiriz
Goles: 1-1 Javín, 2-3 Carlos

sábado, 25 de septiembre de 2010

Resultados

Sábado 25 de Setembro, 17:00 h.
Autonómica Xuvenil, G. VII
1ª Xornada
A Mina

Sporting Pontenova 1- 1 
S.D. Burela
Goles: 1-1 Catalin

martes, 21 de septiembre de 2010

2ª Autonómica: O Sporting mellora pero volve a caer ante o Cervo (0-1)

Despois da derrota por 4-1 en Cospeito, afrontaba o Sporting este partido na Mina con ganas de correxir esa imaxe e conseguir unha victoria diante da súa afición que lle dera un impulso de moral para os seguintes compromisos.
Con ata 4 cambios no once plantáronse os de Moirón no céspede, e nos primeiros minutos de partido foi o Cervo quen semellaba ter o control do esférico. O Sporting mostrábase dubitativo en defensa e en algunha ocasión os visitante puidéronse adiantar no marcador.

domingo, 19 de septiembre de 2010

Resultados

  • Domingo 19 de Setembro, 17:00
2ª Autonómica, G. VI
2ª Xornada
A Mina
Sporting Pontenova 0 - 1 S.D. Cervo-Sargadelos

viernes, 17 de septiembre de 2010

Suspendido o Sporting Pontenova - Ribadeo de xuveniles

Por motivos alleos ó Sporting, o partido de presentación do equipo xuvenil que iba a enfrontar na Mina ós pontenoveses co Ribadeo tivo que ser suspendido. Disculpen as molestias.
Recordamos tamén a cita do domingo ás 5 da tarde, pois disputaráse o partido da 2ª xornada da 2ª Autonómica entre o Sporting Pontenova e o Cervo.

martes, 14 de septiembre de 2010

Partidos da fin de semana

lunes, 13 de septiembre de 2010

2ª Autonómica: O Sporting recibe un duro correctivo na súa estrea ante o Cospeito (4-1)

Dura derrota do Sporting Pontenova na estrea do equipo na nova competición. A visita a Cospeito presentábase esperanzadora, e os de Moirón acudían coa ilusión de sacar un resultado positivo que lles dera folgos para afrontar os seguintes compromisos, e nos primeiros compases de partido non semellaba que o final no campo da Fonte fose da maneira na que se producíu.

domingo, 12 de septiembre de 2010

Resultados

  • 2ª Autonómica:
Sábado 11 de Setembro, 17:00 h.
2ª Autonómica, G. VI
1ª Xornada
A Fonte
C.D. Cospeito 4 - 1 Sporting Pontenova
Goles: 4-1 Jorge Moirón

sábado, 11 de septiembre de 2010

A previa da xornada

  • Sábado 11 de Setembro, 18:00 h.
2ª Autonómica, G. VI
1ª Xornada
A Fonte
C.D. Cospeito - Sporting Pontenova





Comeza a nova andadura do Sporting Pontenova cunha visita ó campo da Fonte, en Cospeito, para enfrontarse a un rival que en principio loitará polos mismos obxetivos que os gualdinegros. Estrearáse Moirón como técnico en partido oficial nun encontro no que será importante sacar un resultado positivo, pois os dous próximos rivais serán dous recén descendidos de primeira, o Cervo e o Guitiriz, que visitarán a Mina nas dúas próximas xornadas. Esta tarde o técnico poderá contar co equipo prácticamente ó completo, a excepción de Alberto, Fran e Óscar, que quedaron fóra da convocatoria para viaxar a Cospeito.

Resultados amistosos

  • Xuvenil

Sábado 11 de Setembro, 12:00 h.

Amistoso
Pepe Barrera (Ribadeo)
Ribadeo C.F. 3 - 6 Sporting Pontenova
Goles: Catalin (2), Javi (2), Valín e Miguel Villarquide

jueves, 9 de septiembre de 2010

2ª Autonómica: Comeza o serio

O próximo sábado arranca a Liga 2010/2011 para o primeiro equipo do Sporting. E faino con un desplazamento a Cospeito, plaza difícil para comezar pero os de Moirón afrontan a nova competición coas ilusións a tope tras realizar unha pretemporada que, a pesar de non ser un éxito en canto a resultados, sí o foi respecto á preparación coa que chegan a este primeiro compromiso. Cun plantel bastante renovado comparándoo co da temporada anterior, súplese a experiencia de xogadores como Rivas, Cholas, Noé, Garboso ou Iván coa xuventude e máxima ilusión de incorporacións como Leivas, Xoel, Jorge Moirón, Alberto e Lolo.
Os de Moirón intentarán comezar a Liga con bo pé nun campo de malos recordos para os gualdinegros, pois foi alí dónde se comfirmou o último descenso a 3ª Autonómica fai xa 3 temporadas. Logo deste compromiso visitarán a Mina dous recén descendidos de maneira consecutiva, o Cervo e o Guitiriz.

domingo, 5 de septiembre de 2010

Resultados amistosos

  • 2ª Autónomica

Domingo 5 de Setembro, 18:30 h.
Amistoso
A Mina
Sporting Pontenova 1 - 2 S.D. Matela
Goles: 1-0 Otto

Viernes 3 de Setembro, 22:00 h.
Amistoso
A Mina
Sporting Pontenova (nº por confirmar) - 1 Combinado da Pachanga
Goles: Pablín, Villy (2), Manu (2), Leivas, Puente (3), Arango, Iván Autos...

  • Xuveniles

Sábado 4 de Setembro, 18:30 h.
Amistoso
A Mina
Sporting Pontenova
1 - 1 C.D. Castro
Goles: 1-o Miguel

jueves, 2 de septiembre de 2010

Amistosos do fin de semana

miércoles, 1 de septiembre de 2010

2ª Autonómica: Calendario Liga 2010/2011

Au.t. Xuvenil: Calendario Liga 2010/2011