martes, 21 de septiembre de 2010

2ª Autonómica: O Sporting mellora pero volve a caer ante o Cervo (0-1)

Despois da derrota por 4-1 en Cospeito, afrontaba o Sporting este partido na Mina con ganas de correxir esa imaxe e conseguir unha victoria diante da súa afición que lle dera un impulso de moral para os seguintes compromisos.
Con ata 4 cambios no once plantáronse os de Moirón no céspede, e nos primeiros minutos de partido foi o Cervo quen semellaba ter o control do esférico. O Sporting mostrábase dubitativo en defensa e en algunha ocasión os visitante puidéronse adiantar no marcador.

E conseguiríano mediado o primeiro tempo, nun saque de banda cara a área pequena que remata de cabeza un dianteiro libre de marca batindo a Xoel por alto. Poñíase o partido costa arriba para os gualdinegros, que nos minutos seguintes intentaron reaccionar pero non semellaban estar finos, e só con algunha internada de Puente e algunha acción aillada dos dianteiros levou perigo á portería do Cervo. Incluso estes puideron ampliar a súa ventaxa nalgunha oportunidade, pero ó descanso chegouse con ese solitario gol e cos visitantes con un xogador menos, pois sufriron unha expulsión por doble cartón amarelo a poucos minutos do parón.

No segundo tempo a actitude foi diferente, e os locais parecían estar máis enchufados. Dende o primeiro minuto os de Moirón trenzaron boas xogadas e víronse minutos de moi bo fútbol na Mina. Só había un problema: a finalización. Gozáronse de moi boas oportunidades pero parecía que a pelota non quería entrar. Tampouco axudou demasiado a actuación do árbitro, que lle perdoou a expulsión ó porteiro visitante e permitiulles continuas pérdidas de tempo e un xogo bastante duro por momentos. O colmo chegou cando, a poucos minutos do remate, se comeu un penalti clarísimo sobre Carlos, nunha xogada na que este encarou ó porteiro, que o derribou dentro da área e sen tocar o balón cando o xogador pontenovés xa o regateara. Aínda así, e visto o visto no campo, a victoria neste caso debeu ser para un conxunto gualdinegro que mostrou evidentes síntomas de melloría e intentou durante gran parte do partido un fútbol de toque que contrastou co xogo directo do Cervo. Ó final, 0-1 para os visitante e os primeiros 3 puntos que escapan da Mina.
A seguinte cita volverá a ser no feudo pontenovés, o próximo fin de semana ante o Guitiriz, outro recén descendido da primeira autonómica.

No hay comentarios: