sábado, 21 de mayo de 2011

Resultados

COPA ÉLIDE XUVENIL

Sábado 21 de Maio, 11h30
2ª Ronda, Volta
 O Acebreiro
U.D. Pastoricense 3 - 1 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Catalin

viernes, 20 de mayo de 2011

Aut. Xuvenil: Sergio Arango, premiado como mellor centrocampista xuvenil na gala dos Premios Líder

O capitán do Sporting Pontenova xuvenil, Sergio Arango, foi galardonado o pasado luns como "Mellor Centrocampista Xuvenil" na Gala de entrega dos Premios Líder, que concede anualmente o diario "La Voz de Galicia" e que premia ós mellores xogadores do fútbol base lucense. Arango, que cumple a 6ª temporada no conxunto gualdinegro, converteuse case dende o primeiro momento no auténtico xefe da medular sportinguista, cun gran número de partidos ás costas e con dúas participacións na fase de ascenso á Liga Galega. Nesta temporada, a súa derradeira como xuvenil, tivo tamén a honra de capitanear ós pontenoveses nun ano difícil logo da marcha de varios dos puntais de anos anteriores.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Copa Diputación: O Mondoñedo vence na Mina e deixa ó Sporting fóra na segunda ronda

Acabou o soño da Copa Diputación. Parecía que este podía ser o ano no que os pontenoveses fixesen algo grande nesta competición, pois o sorteo do cadro resultara máis favorable que nunca e varios dos equipos fortes xa se quedaran fóra, polo que plantarse nas últimas rondas parecía asequible. E máis aínda cando o rival nesta eliminatoria a partido único era o Mondoñedo, último clasificado da recén rematada Liga. Pero dende o primeiro minuto demostrouse que non iba ser tan fácil como "a priori" se podía esperar. Os mindonienses, un equipo veterano e con moito oficio, plantaron cara dende o inicio e demostraron que, despois de eliminar ó Alfoz, agora iban a polos pontenoveses.

Copa Élide Xuvenil: Complícase o pase logo de caer na Mina ante o Pastoricense

Arrancaba o Sporting como local a 2ª ronda da Copa Élide ante un dos fortes da Liga, o Pastoricense. Pero os de Moirón non deixaron que a diferencia na táboa se reflexase no céspede, e dende o primeiro momento buscaron controlar o partido. Estaban mellor plantados os locais e mediado o primeiro tempo chegou a mellor oportunidade para inaugurar o marcador, un penalti que Catalin mandou ó pau desperdiciando a ocasión para adiantarse. E con 0-0 chegouse ó descanso. 
No segundo tempo os pontenoveses seguiron dominando e puxéronse cunha cómoda ventaxa gracias a un gol de Catalin e a outro dun xogador do Pastoricense en propia porta, deixando o partido cun 2-0 que parecía sentencialo. Pero os visitantes non se viñeron abaixo e, con garra e algo de fortuna déronlle a volta ó marcador ata deixalo nun 2-3 que lles complica moito as cousas ós de Moirón para o partido de volta, que se disputará o próximo sábado ás 11.30 da mañá no campo do Acebreiro.

martes, 17 de mayo de 2011

Resultados

COPA ÉLIDE XUVENIL

Martes 17 de Maio, 17h00
2ª Ronda, Ida
 A Mina
Sporting Pontenova 2 - 3 U.D. Pastoricense
Goles: 1-0 Catalin, 2-0 p.p.

sábado, 14 de mayo de 2011

Resultados

COPA DIPUTACIÓN, 2ª AUT.

Sábado 14 de Maio, 18h00
2ª Ronda
 A Mina
Sporting Pontenova 1 - 2 Mondoñedo C.F.
Goles: 1-0 Javi

miércoles, 11 de mayo de 2011

As copas pasan pola Mina

Copa Diputación: Nova remontada en Meira e á segunda ronda pola porta grande

Nunha gran segunda parte, o Sporting Pontenova volveu a remontar no campo da Lomba para certificar o seu pase ós dezaseisavos de final da Copa Diputación. Foi nun partido no que o Meira conseguiu chegar cunha mínima ventaxa ó descanso, pero unha gran segunda parte dos de Moirón propiciou que o partido rematase cun 2-3 para os visitantes. O gran protagonista, un meirense: Hugo Leivas, que firmou o 1-1 e o 1-2 para os pontenoveses. O gol definitivo foi obra de Javín, que certificou o pase e a victoria preto do final do partido.

Copa Élide Xuvenil: O Sporting supera ó Lourenzá na Mina e accede á segunda ronda

O Sporting Pontenova vaise enfrontar ó Pastoricense, flamante campión de Liga, na segunda ronda da Copa Élide logo de deixar na cuneta ó Lourenzá nunha eliminatoria disputada na Mina a partido único. Foi o pasado sábado, nun partido dominado completamente polos pontenoveses que acabou cun 3-1 para os de Moirón. O protagonista do partido foi Iván, que firmou un doblete que completou Catalin co seu 21º gol da temporada. A segunda ronda comezará o próximo martes, día das Letras Galegas, ás 5 da tarde co partido de ida ante o Pastoricense, tamén na Mina.

domingo, 8 de mayo de 2011

Resultados

COPA DIPUTACIÓN, 2ª AUT.

Domingo 8 de Maio, 18h00
1ª Ronda, Volta
 A Lomba
Meira C.F. 2 - 3 Sporting Pontenova
Goles: 1-1 Hugo Leivas, 1-2 Hugo Leivas, 2-3 Javín

sábado, 7 de mayo de 2011

Resultados

COPA ÉLIDE XUVENIL

Sábado 7 de Maio, 11h30
1ª Ronda
 A Mina
Sporting Pontenova 3 - 1 E.D. Lourenzá
Goles: Iván (2) e Catalin

miércoles, 4 de mayo de 2011

Copa Diputación: O Sporting rompe o maleficio das festas coa remontada na Copa ante o Meira

Facía xa 7 anos que o Sporting Pontenova non gañaba un partido celebrado nunhas festas, xa fose nas da Troita ou nas Feiras de Outubro. Pero como tódalas rachas están para romperse, esta ocasión foi diferente. Visitaba A Mina o Meira para disputar a ida da primeira ronda da Copa Diputación, nun partido que se preveía de gran rivalidade polos dous contendentes e polo bo ambiente que sempre presenta o feudo pontenovés cando coincide nestas datas. E o encontro non defraudou para nada. Os de Moirón pronto se situaron como os dominadores do xogo, pero sen claridade en ataque.

Aut. Xuvenil: O Sporting remata a Liga empatando na Mina ante o Viveiro "B"

O Sporting Pontenova xuvenil rematou o pasado sábado a competición regular, firmando un satisfactorio 9º posto na táboa. O último partido disputouse na mañá do pasado sábado, en plena celebración da Festa da Troita, pero os de Moirón non o acusaron e empataron 2-2 ante un bo equipo como o Viveiro "B". Os goles dos pontenoveses foron obra de Anxo e do máximo goleador do equipo con 20 goles, Catalin. 
Despos de dar a Liga por finalizada, comeza como cada ano a Copa Élide. E comeza xa, o próximo sábado. O rival na primeira eliminatoria será o Lourenzá, que visitará A Mina para medirse ós pontenoveses nun enfrontamento que se decidirá a partido único. A cita, en horario matinal, ás 11.30.

domingo, 1 de mayo de 2011

Resultados

COPA DIPUTACIÓN, 2ª AUT.

Sábado 30 de Abril, 18h00
1ª Ronda, Ida
 A Mina
Sporting Pontenova 2 - 1 Meira C.F.
Goles: 1-1 Javi, 2-1 Iván Rañón

Resultados

1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7

Sábado 30 de Abril, 12h00
26ª Xornada
 A Mina
Sporting Pontenova 2 - 2 Viveiro C.F. "B"
Goles: Anxo, Catalin