miércoles, 11 de mayo de 2011

Copa Diputación: Nova remontada en Meira e á segunda ronda pola porta grande

Nunha gran segunda parte, o Sporting Pontenova volveu a remontar no campo da Lomba para certificar o seu pase ós dezaseisavos de final da Copa Diputación. Foi nun partido no que o Meira conseguiu chegar cunha mínima ventaxa ó descanso, pero unha gran segunda parte dos de Moirón propiciou que o partido rematase cun 2-3 para os visitantes. O gran protagonista, un meirense: Hugo Leivas, que firmou o 1-1 e o 1-2 para os pontenoveses. O gol definitivo foi obra de Javín, que certificou o pase e a victoria preto do final do partido.



Comezou o encontro cos locais controlando, cun Sporting que parecía dubitativo en defensa. Un enorme Marco, que volveu a ocupar o marco pontenovés, evitou con varias intervencións de mérito que o Meira se adiantase no marcador. Os de Moirón, conscientes de que un gol en contra os deixaba fóra, intentaron irse arriba e gozaron de algunha oportunidade, pero non estiveron nada acertados nos últimos metros. Pola contra, mediado o primeiro tempo, o Meira conseguiu adiantarse logo dun despiste en cadena da zaga pontenovesa, nun balón que roubou un dianteiro local batindo a Marco por alto cun gran disparo. Puido caer o segundo poucos minutos despois, pero o xogador meirense non conseguiu empuxar o balón a gol dende a misma línea gracias á rapidez de Villy, que chegou ó balón no momento xusto cando xa se estaba celebrando o 2-0. Con esa mínima ventaxa local chegouse ó descanso, e de momento era o Meira o equipo clasificado.

Pero no segundo tempo cambiaron as tornas. Dende o primeiro momento os pontenoveses demostraron que iban a polo partido. Nunha falta moi cerca da área chegou o empate. O encargado de executala foi todo un especialista, Leivas, que enviou o balón ó fondo da rede cun disparo forte e seco que se colou por baixo polo centro da portería sen que o meta local puidese facer nada por evitalo. Con ese resultado o Sporting estaba na seguinte ronda, pero non se conformou e buscou o segundo dende ese mismo instante. E non tardou moito en chegar, co mesmo protagonista. Balón que recibe Hugo Leivas a 25 metros da portería, o esférico queda botando e engancha un disparo cruzado perfecto que se cola pola escadra meirense. Golazo temendo para subir o 1-2 ó marcador. Estallaban de alegría os pontenoveses, que agora sí vian o pase moi cercano, pois terían que recibir outros 3 goles para quedar fóra. Entón o Meira, vendo a necesidade, volcouse sobre a meta de Marco e conseguiu empatar minutos despois. Quedaba pouco tempo e a eliminatoria parecía decidida, pero os cambios de Moirón déronlle ó equipo frescura arriba e pronto volveron á carga con Javín como punta de lanza. A punto estivo de conseguir o gol da tarde cun disparo dende o mediocampo que case sorprende ó porteiro, moi adiantado. Pero minutos despois non perdonou. Recibiu un balón fóra da área, e despois de desfacerse de todo canto defensa lle saía ó paso, plantouse só diante do porteiro definindo á perfección cun tiro cruzado, poñendo o 2-3 definitivo cun gran gol que certificou a victoria e o pase do Sporting.

Agora, en dezaseisavos de final, chega o Mondoñedo, colista da recén rematada Liga e que ven de eliminar ó Alfoz na ronda anterior. Esta eliminatoria disputaráse a partido único, e o azar nesta ocasión favoreceu ó Sporting e disputaráse o próximo sábado ás 6 da tarde no Campo da Mina..

No hay comentarios: