O capitán do Sporting Pontenova xuvenil, Sergio Arango, foi galardonado o pasado luns como "Mellor Centrocampista Xuvenil" na Gala de entrega dos Premios Líder, que concede anualmente o diario "La Voz de Galicia" e que premia ós mellores xogadores do fútbol base lucense. Arango, que cumple a 6ª temporada no conxunto gualdinegro, converteuse case dende o primeiro momento no auténtico xefe da medular sportinguista, cun gran número de partidos ás costas e con dúas participacións na fase de ascenso á Liga Galega. Nesta temporada, a súa derradeira como xuvenil, tivo tamén a honra de capitanear ós pontenoveses nun ano difícil logo da marcha de varios dos puntais de anos anteriores.Na celebración do pasado luns estiveron presentes xogadores da talla de Antonio Tomás e o lucense Pablo Álvarez, integrantes do Deportivo da Coruña, e o seu compañeiro e un dos futbolistas españois con máis talento dos últimos anos, Juan Carlos Valerón. O xogador pontenovés , como vemos na imaxe, recibíu o seu galardón de mans do presidente do C.D. Lugo, José Bouso. Outro xogador da plantilla do Sporting, Catalin, quedouse ás portas do premio ó mellor dianteiro da categoría, pero a bon seguro que volverá a optar ó mesmo nos próximos anos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario