martes, 31 de marzo de 2009

3ª Autonomica: O Sporting golea en Matela e segue soñando co ascenso (1-4)

Martes 31 de Marzo de 2009

O Sporting Pontenova conseguiu unha goleada na sua visita o Matela e segue coas posibilidades de ascenso intactas. O partido comezou da mellor maneira posible, pois no primeiro cuarto de hora os de Sachas xa vencian por 0-2. O primeiro gol foi conseguido por Fran, cazando un rechace dentro da area, e o segundo, poucos minutos despois, foi obra de Garboso cun remate de cabeza a saida dun corner. Destacar que este foi o primeiro gol deste xogador co Sporting. E cerca do descanso chegaria o gol do partido, un gol dos que se ven poucas veces nun terreo de xogo. O porteiro Juanqui conseguria marcar cun saque directo dende a porteria, que se colou no marco visitante logo de botar no borde da area. E asi se chegario o descanso, con 0-3 a favor dos visitantes. A segunda metade comezou coa tranquilidade dos tres goles no marcador, e quizais froito desa relaxacion o Matela conseguiu acortar distancias. Pero mediado o segundo tempo foi Rivas quen logrou o 1-4 co que se chegou o final.
Logo desta victoria, o Sporting Pontenova segue dependendo de si mesmo para conseguir o ansiado ascenso. O proximo fin de semana vaise enfrontar na Mina o Moman, noutro partido clave para as suas aspiracions. O encontro sera o sabado as 15.45, e tamen cabe recordar que unha despois do remate deste, as 18.45, os xuveniles disputaran ante o Xove un partido no que intentaran asegurar a sua participacion na fase de ascenso a Liga Galega. Dende aqui queremos pedir a toda a aficion da Pontenova que se acerque ata a Mina apoiar os dous equipos, pois os dous partidos seran autenticas finais.

lunes, 30 de marzo de 2009

Xuvenil: O Alfoz cae na Mina (4-1) e so queda 1 punto para asegurar a fase de ascenso

Luns, 30 de Marzo de 2009

Nova victoria do Sporting xuvenil,esta vez a costa do Alfoz que chegou a Mina igual co equipo local plagado de baixas polas numerosas sancións.
O partido foi tranquilo, o Sporting adelántabase no marcador cun gol obra de Joel fruto dunha xogada de estraxia e logo Jorge poñía o 2-0 picando o balón por encima do porteiro tras un gran pase de Matelo.Así se chegou o descanso e na reanudación, no minuto 1 o Alfoz acortaba diferencias e metía o medo no corpo ós locais, pero Matelo con dous goles,un un deles cun tremendo disparo dende fora da area e outro culminando unha boa xogada de equipo senticiaba o partido e poñia o difinitivo 4-1. O máis destacable do partido sen duda a actuación dos xogadores menos habituais, o Sporting chegaba a este partido con 5 baixas e foron suplidas a perfección por estes xogadores que mostraron un gran nivel e que unha vez máis puxeron de manifesto o gran conxunto que teñen os xuvenís,e destacar tamén o debut de Bolera nesta campaña, que por motivos académicos apenas pode asistir os adestramentos, e tivo a ocasión de marcar o seu segundo gol como xogador do Sporting pero non puido culminar a xogada.

Cronica feita por Jorge Moiron.

domingo, 29 de marzo de 2009

Avance Resultados

Domingo 29 de Marzo de 2009

Xuvenil:
24ª Xornada, Grupo 8:
Sábado 28 de Marzo, 16.30 h.
SPORTING PONTENOVA 4 - 1 C.D. Alfoz
Goles: Joel, Jorge Moirón, Matelo (2)

3ª Autonómica:
27ª Xornada, Grupo 12:
Sabado 28 de Marzo, 16:30 h.
A.D. Matela 1 - 4 SPORTING PONTENOVA
Goles: Fran, Garboso, Juanqui, Rivas

jueves, 26 de marzo de 2009

Xuvenil: Sporting Pontenova - Alfoz

Xoves 26 de Marzo de 2009

miércoles, 25 de marzo de 2009

O proximo fin de semana, clave nas aspiracions de ambos equipos

Mercores 25 de Marzo de 2009

A proxima xornada os dous equipos do Sporting Pontenova vanse xogar gran parte dos obxetivos da temporada. Por un lado, os xuveniles. Coa participacion na fase de ascenso a Liga Galega practicamente asegurada, so necesitan 4 puntos para que se confirme totalmente. O encontro deste sabado as 4.30 ante o Alfoz presentase como a primeira final das tres que lle quedan. Se o Foz sae derrotado no seu compromiso ante o Lourenza, a clasificacion matematica estaria conseguida, pero os rapaces de Moiron non queren deixar escapar esta oportunidade e saliran a pola victoria en cada un dos encontros que restan, polo que dende esta web pedimos que a aficion responda como en toda a temporada e suban a Mina apoiar e felicitar os xogadores pola impresionante campaña que estan realizando. O seguinte partido sera tamen na casa ante o Xove Lago e a competicion rematara en Lourenza dentro de 3 semanas.
Tamen o equipo de rexional se vai xogar o ascenso nas catro xornadas que quedan. O partido desta fin de semana, en Matela, vai ser un dos mais importantes que restan, pois o Meira e o Catro Roldas vanse enfrontar entre si noutro dos encontros da xornada. Ambos equipos estan situados a 3 puntos do Sporting Pontenova, ocupando duas das tres prazas de ascenso, polo que o equipo de Sachas podera rematar a xornada ocupando unha delas. Despois deste compromiso, recibiran o Moman, visitaran o lider Candelaria e remataran a liga na casa ante o Codesido, e cada un dos partidos podese considerar unha final para o equipo pontenoves.

martes, 24 de marzo de 2009

3ª Autonomica: O Sporting Pontenova metese de cheo na loita polo ascenso vencendo o Meira (1-0)

Martes 24 de Marzo de 2009

O Sporting Pontenova derrotou o Meira na Mina o pasado sabado, nun derbi comarcal moi disputado no que calquera dos dous equipos puido conseguir a victoria, aunque no global do partido, os pontenoveses mereceron o triunfo que acabarian conseguindo. A primeira parte transcurriu tal como se esperaba de dous equipos que estan pelexando polo ascenso, ainda que as oportunidades que houbo non acabaron en gol, chegando o descanso con taboas no marcador. No segundo tempo a intensidade subia ainda mais, pois o tempo botabase encima e os dous conxuntos necesitaban vencer. Os de Sachas intentaban controlar o xogo, pero o Meira non baixaba o liston e tamen poñia en apuros os locais. E foron os visitates quenes tiveron a mellor ocasion para adiantarse no marcador, cun penalti que detivo o porteiro do Sporting Juanqui. Isto deu ainda mais moral aos da Pontenova, que conseguirian o gol da victoria quedando pouco menos de 10 minutos para o remate. Nunha falta lateral, Maqueto peina un balon que finalmente Puente envia o fondo da rede, cunha volea que se cola pola escuadra meirense. Este gol significou o 1-0 co que rematou o encontro.
Despois desta victoria, o conxunto de Sachas continua terceiro na clasificacion, pero a so 3 puntos do Meira e do Catro Roldas, equipos que ocupan duas das tres prazas de ascenso. Na proxima xornada estes dous conxuntos enfrontanse entre si, polo que o Sporting Pontenova poderia rematar o fin de semana entre os tres primeiros. O proximo partido sera ante o Matela a domicilio.

Xuvenil: O Sporting case asegura a fase de ascenso gañando en Foz (2-5)

Martes 24 de Marzo de 2009

O Sporting Pontenova demostrou en Foz que e o mellor equipo da Mariña nesta liga. A victoria ante os focenses (terceiros na liga) o pasado sabado foi un golpe na mesa, unha victoria das que se van recordar durante moito tempo. Era un partido que se necesitaba gañar para deixar practicamente sentenciada a loita pola ultima plaza que da dereito a disputar a fase de ascenso a Liga Galega. E gañouse con autoridade. Xa no minuto 15 os pontenoves gañaban por 0-2, con goles de Antonio e Matelo. Pero os nervios, unidos a reaccion dos locais, que vian que se lles escapaba o obxetivo, facian que os focenses conseguisen 2 goles antes do descanso, o que deixaba outra vez o partido en tablas. Ese resultado poderia ser valido para os homes de Moiron, pero unha victoria evitaria moito sufrimento nos seguintes partidos. E parece que no vestiario colleron forzas para que iso non pasase, saindo o campo cunha actitude incontestable a que os focenses non souperon facer fronte, vendose superados por un Pontenova que non deu tregua durante os segundos 45 minutos. Puideronse adiantar os de Foz, pero foi Matelo quen desequilibrou o partido cun golazo que poñia o 2-3 no marcador. A partir de ahi chegaron os mellores minutos dos visitantes, que rozaron a perfeccion no seu xogo e deron un autentico recital de futbol, de toque e de contragolpes que unha e outra vez deixaban en evidencia a escadra roxiblanca. Jorge Moiron, con 2 goles, deixaria o choque sentenciado a falta de 15 minutos. 2-5 ao remate do partido.
Con este resultado, os de Moiron afianzanse no segundo posto a falta de 3 partidos, deixando o Foz terceiro a 5 puntos de diferencia. Hai que destacar que os dous seguintes partidos van ser na Mina, ante o Alfoz e ante o Xove Lago, dous rivais a priori asequibles, e so se necesitan 4 puntos para asegurar a participacion na fase de ascenso. A competicion cerrarase ante o Lourenza en Vilanova. Por ultimo, agradecer enormemente a xente da Pontenova que se desplazou o municipal de Foz apoiar o equipo, superando en numero a aficion local, e que nunca deixou de alentar e de animar os xogadores. A unica nota negativa foi un pequeno enfrontamento entre aficions ao remate do encontro, pero que non pasou a maiores. E oxala que nos proximos partidos na Mina a aficion siga respondendo coma sempre, ou mais si cabe, para axudar a conseguir o obxetivo final.

Xuvenil: Nova victoria e nova goleada ante o Iberia (1-5)

Martes 24 de Marzo de 2009

O Sporting Pontenova volveu a golear a domicilio, esta vez en Benquerencia ante o Iberia o pasado xoves. Os pontenoveses afrontaban este partido co obxetivo de chegar o sabado a Foz o mais frescos posible, pero o partido non foi tan tranquilo como reflexa o marcador final. Os pupilos de Moiron realizaron un encontro moi correcto, no que sempre foron por diante no marcador e non deron opcion a un Iberia que se viu superado dende o primeiro minuto. O adestrador do Sporting aproveitou tamen para dar descanso a homes importantes no equipo como Muso ou Jorge, e ainda asi o equipo non se resentiu e cumpliu amplamente co guion que se esperaba, ainda que foi un partido moi duro no que ambos equipos acabaron bastante cargados de tarxetas. Hai que destacar o papel de Matelo, que con 3 goles foi o home mais destacado do partido e xunto con Jorge, afianzanse como a mellor parella atacante da liga. Os outros dous goles foron obra de Antonio e Josin, que logrou o seu primeiro tanto nesta campaña. As unicas notas negativas foron as expulsions de Muso e Antonio, que causaran baixa no partido ante o Alfoz, o sabado 28 as 4.30 da tarde no campo da Mina.

3ª Autonomica: Victoria sen brillo ante o Terras do Miño (2-0)

Martes 24 de Marzo de 2009

O Sporting Pontenova recibia o pasado xoves o Terras do Miño co obxetivo de conseguir unha victoria que lle permitise seguir pelexando polo ascenso. E asi foi, os pontenoveses lograron a victoria nun partido que non vai pasar a historia.
O futbol dos de Sachas non foi excesivamente bonito, pero si practico, pois non pasaron apuros en ningun momento. A primeira parte comezou cos locais dominando, ante un Terras do Miño que xa se via superado case antes de sair do vestiario. A primeira ocasion clara foi de Otto, que enviou un balon o largueiro dende 25 metros. Minutos despois, nun corner botado por el mismo, chegou o primeiro gol, logo de que un defensor chairego enviase o balon o fondo da sua propia porteria. Asi se chegaria o descanso. A segunda metade comezaba como un calco da primeira, cos pontenoveses dominando e controlando o xogo en todo momento, ainda que sen crear moitas ocasions. Unha das mais claras tivoa Ivan Lopez, que logo dunha xogada individual non foi capaz de definir ante o porteiro rival. Pouco despois chegaria o segundo gol. A saida dun corner, a defensa despexa o balon e vai caer os pes de Puente, que dende a frontal da area envia o balon a escadra da porteria. Golazo que significou o 2-0 definitivo.
Con este triunfo, os de Sachas seguen na loita, xunto co Luis Pimentel, por desbancar a algun dos equipos que ocupan as plazas de ascenso.

viernes, 20 de marzo de 2009

Avance Resultados

Domingo, 22 de Marzo de 2009

Xuvenil:
23ª Xornada, Grupo 8:
Sábado 21 de Marzo, 16:30 h.
C.D. Foz 2 - 5 SPORTING PONTENOVA
Goles: Antonio, Jorge (2), Matelo (2)

3ª Autonómica:
26ª Xornada, Grupo 12:
Domingo 22 de Marzo, 16:30 h.
SPORTING PONTENOVA 1 - 0 Meira C.F.
Goles: Puente


Xoves, 19 de Marzo de 2009

Xuvenil:

Aplazado 17ª Xornada, Grupo 8:
Xoves 19 de Marzo, 11:30 h.
Iberia C.F. 1 - 5 SPORTING PONTENOVA

3ª Autonómica:
Aplazado 19ª Xornada, Grupo 12:
Xoves 19 de Marzo, 16:30 h.
SPORTING PONTENOVA 2 - 0 C.D. Terras do Miño
Goles: 1-0 p.p., 2-0 Puente

martes, 17 de marzo de 2009

Xuvenil: Jorge Moiron, elexido protagonista da xornada polo xornal "El Progreso"

18 de Marzo de 2009

O diario "El Progreso" escolleu como protagonista desta xornada a Jorge Moiron, xogador do equipo xuvenil do Sporting Pontenova. Gracias ao "hat-trick" que logrou ante o Burela, Jorge tamen foi elexido no once ideal da xornada. A continuacion podedes ler o artigo que o diario lle dedica ao dianteiro pontenoves:

EL PROTAGONISTA

Jorge Moiron, delantero del Pontenova

Jorge Moiron es el pichichi del Pontenova con 19 goles, tres de ellos conseguidos durante el ultimo partido contra el Burela, y destaca tanto por su rapidez, asi como por su buena vision del juego. Es un jugador muy completo y se defiende bien como lanzador de faltas y en tiros jugando el balon. Ademas, entre sus virtudes esta el ser un buen compañero, lo que unido a su ya amplia trayectoria -entre otras cosas, fue campeon de España de futbol sala con la seleccion galega en 2005- hace de el un referente.

EL PROGRESO, Martes 17 de Marzo de 2009

lunes, 16 de marzo de 2009

3ª Autonomica: O Sporting volve a vencer ao lider, o Catro Roldas, esta vez a domicilio (0-1)

16 de Marzo de 2009

O Sporting Pontenova colleitou esta xornada unha nova victoria nun campo no que ningun equipo puntuara ainda esta tempada. Os de Sachas chegaban o partido coa ilusion de vencer ao lider e continuar pelexando por un ascenso que segue complicado pero ainda con moitas posibilidades. O encontro estivo controlado polos visitantes en todo momento, e o Catro Roldas solo levou perigo a porteria de Juanqui en contadas ocasions, sobre todo unha cerca do final do partido, pero o porteiro pontenoves realizou unha gran parada salvando o empatel local. O gol do Sporting chegaria mediada a primeira metade, logo dunha boa xogada de Ivan Lopez que culminaria Javi cun trallazo que se colou pola escadra. Asi se chegaria o descanso. No segundo tempo o guion non cambiou, e o control do xogo continuou no mesmo bando. Os pontenoveses puideron ampliar a ventaxa con algunha ocasion, como unha que tivo Fran, pero o partido rematou co resultado de 0-1. Con este marcador, o Sporting Pontenova e o primeiro equipo en sacar algo positivo do campo do Catro Roldas, pois os locais gañaran todo o que xogaran na casa.
Logo deste triunfo, o equipo de Sachas segue no 4º posto, pero agora a so 4 puntos do Candelaria, 3º na taboa, e a 6 do Meira e do Catro Roldas, que ocupan as duas primeiras posicions. A favor dos pontenoveses esta que contan cun partido menos que os rivais que os preceden. O seguinte partido sera este xoves as 16.30 ante o Terras do Miño, encontro que foi aplazado fai un mes polo temporal.

domingo, 15 de marzo de 2009

Xuvenil: Importantísima e sufrida victoria na Mina ante o Burela (4-3)

15 de Marzo de 2009

Importantísima victoria do Sporting xuvenil contra o Burela, que era o última rival dos fortes que podía sacar algo positivo da Mina.O partido empezou ben para os locais, que se adiantaban por medio de Jorge tras un bo pase interior e que soamente 10 minutos despois facía o 2-0 picando o balón por encima do porteiro tras un gran pase de Matelo,e así transcurriron os minutos ata que no 45 da 1ª parte chegou o 2-1 que puxo nerviosos ós locais.Tralo descanso, torcianselle as cousas o Sporting,tras unha xogada individual de Jorge que acabou no largueiro,e un remate de cabeza de Christian que tamén acabou dando no largueiro, chegaba a xogada clave do partido, penalty e explusión a prol do Burela que transformaban no 2-2.O Sporting tirou de casta con un home menos,e Jorge de novo facía o 3-2 tras convertir un penalty feito a Costel,e cando parecía que este sería o resultado difinitivo, chegou o 3-3 tras o saca dunha falta visitante.Cun home menos, e cun desgaste físico considerable, cando quedaban 5 minutos para o remate do partido, Matelo facía o xa difinitivo 4-3 tras varios rechaces.E así rematou este impresionante partido vivido na Mina,cunha nova victoria local.Cabe destacar, o tropezo do Foz na sua visita a Alfoz, co cal o Sporting Pontenova se situaría 2º na clasificación con dous puntos de vantaxe sobre el si se gana o partido aplazado que se disputa o xoves contra o último clasificado,o Iberia C.F.Na próxima semana o Sporting disputará dous partidos,un o xoves contra o último clasificado en Barreiros, e o sabado o trascendental partido de Foz, no que si gana o Sporting situariase 5 puntos por encima do Foz e cun calendario que non daría lugar a sorpresa, tamén sería positivo un empate,e no caso de derrota, ao Foz quedalle por desputar ainda 3 partidos importantisimos nun díficil calendario que teñen despois do partido Foz-Sporting.

Crónica enviada por JORGE MOIRON.

sábado, 14 de marzo de 2009

Avance resultados

14 de Marzo de 2009

Xuvenil:

SPORTING PONTENOVA 4-3 Burela
Goles: Jorge (3) e Matelo

3ª Autonómica:
Catro Roldas 0-1 SPORTING PONTENOVA
Goles: Javi

lunes, 9 de marzo de 2009

Xuvenil: O Sporting cebase co Cospeito marcandolle 8 goles a domicilio (0-8)

09 de Marzo de 2009

Os xuveniles do Sporting Pontenova conseguiron esta fin de semana unha das goleadas da temporada, 0-8 ante o Cospeito. Os pupilos de Moiron non lle deron opcions aos chairegos, que se viron amplamente superados polos visitantes, que saliron de inicio cun debuxo tactico novedoso, xogando con 3 centrais e deixando toda a banda para Cristian e Picota. E visto o visto, o experimento non saiu nada mal. Ademais disto, Moiron tamen aproveitou para darlle minutos aos menos habituais. O protagonista do encontro foi Matelo, que firmou con 4 goles unha gran actuacion. Outro dos destacados foi Joel, con 2 tantos, asi como Antonio e Javi, que marcaron un gol cada un.
Con esta victoria, o Sporting Pontenova segue perseguindo o Foz e o Sagrado Corazon, que seguen ocupando as plazas de ascenso. A proxima xornada o Burela sera quen visite a Mina, nun partido vital para non perder opcions de cara a visita o campo do Foz, o fin de semana seguinte.

3ª Autonomica: Mala xornada para os intereses do Sporting Pontenova

09 de Marzo de 2009

A victoria do Meira ante o San Roman e o empate do Luis Pimentel contra o Moman fai que o Sporting continue outra xornada mais no 4º posto, pero a distancia co equipo meirense, 3º clasificado, vese ampliada a 6 puntos. Un bo resultado foi a derrota do Candelaria, o que comprime un pouco mais a clasificacion pola parte de arriba.
A seguinte xornada o equipo de Sachas vai visitar o lider, Catro Roldas, nun partido no que necesita logar un bo resultado para seguir coas aspiracions de ascenso intactas.

EquipoJ G
E P GF
GC
Ptos
1. Catro Roldas22 146 2
3216 48 A
2. Candelaria22 137 2 3414 46 A
3. Meira21 143
4 4821 45 A
4. Pontenova21 116 4 4423 39
5. Luis Pimentel21 115 5 4026 38
6. Momán21
87 6 2616 31
7. San Román21 69 6 4521 27
8. Matela22 76 9 4236 27

lunes, 2 de marzo de 2009

3ª Autonomica: Importante victoria na Mina ante o Abadin (2-0)

02 de Marzo de 2009

O Abadin chegaba este sabado a Mina coa vitola de ser un conxunto asequible, vendo o seu posto na taboa. Pero demostraron ser un equipo moi incomodo, pelexando cada balon e poñendo en serios apuros a un Sporting Pontenova que no minuto 1 xa vencia gracias a un gol de Maqueto de penalti, que fora cometido sobre Fran. Os homes de Sachas levaban o control do partido, pero os visitantes non daban ningun sintoma de debilidade e tiveron ocasions para conseguir o empate, ainda que tamen os pontenoveses puideron ampliar a vantaxe en varias oportunidades. Con este resultado chegariase o descanso. A segunda metade comezou co Abadin volcandose sobre a porteria de Juanqui, e nos primeiros minutos volveron a gozar de varias ocasions, pero a falta de acerto dos seus dianteiros unido a eficacia da defensa sportinguista provocou que a manixa do xogo volvese pouco a pouco o bando local. Garboso puido ampliar a ventaxa cun potente remate de cabeza que se estrelou no largueiro, pero seria Cholas, desde fora da area e logo de rebotar nun defensor, quen conseguise o definitivo 2-0.
Con esta victoria, o Sporting ascende a cuarta posicion, situandose a 3 puntos do terceiro, o Meira, e a 2 do Luis Pimentel, quinto clasificado, ainda que os de Sachas contan con un partido mais ca ambos. O seguinte partido non sera ata o 15 de Marzo ante o Catro Roldas, pois a seguinte xornada o Sporting Pontenova e o equipo que descansa.

Xuvenil: Sufrida victoria ante un correoso Meira (3-2)

02 de Marzo de 2009

Os xuveniles do Sporting Pontenova enfrontabanse a maña deste sabado ante un dos partidos mais peligrosos dos que quedan de liga. E o guion cumpliuse perfectamente. Un Meira moi ben plantado no campo puxo en serios problemas a o equipo de Moiron, que ata a segunda metade non puido realizar o seu xogo e estivo a punto de ser doblegado polo conxunto meirense. Na primeira parte os visitantes fixeronse donos e señores do encontro, e chegaron ao descanso con ventaxa, 0-1. O Sporting parecia que non estaba no campo e non gozou de ningunha ocasion salientable, e o peor e que se estaba vendo superado polos de Meira. Pero a segunda metade comezou de maneira moi diferente, e no minuto 15 os locais xa mandaban no marcador gracias a dous goles de Jorge. Co 2-1, o Sporting relaxouse o os visitantes volveron a empatar nunha xogada desafortunada. Pero a falta de 8 minutos para o remate, Andres Seoane fixo o definitivo 3-2, dandolle aos pontenoveses 3 puntos importantisimos para non perder a estela de Foz e Sagrado Corazon, os equipos que actualmente ocupan as plazas de ascenso.
Con esta victoria, o Sporting Pontenova continua terceiro, pero con un partido menos que os focenses, segundos na taboa. A proxima xornada toca desplazamento a Cospeito para enfrontarse ao antepenultimo clasificado.