martes, 24 de marzo de 2009

Xuvenil: O Sporting case asegura a fase de ascenso gañando en Foz (2-5)

Martes 24 de Marzo de 2009

O Sporting Pontenova demostrou en Foz que e o mellor equipo da Mariña nesta liga. A victoria ante os focenses (terceiros na liga) o pasado sabado foi un golpe na mesa, unha victoria das que se van recordar durante moito tempo. Era un partido que se necesitaba gañar para deixar practicamente sentenciada a loita pola ultima plaza que da dereito a disputar a fase de ascenso a Liga Galega. E gañouse con autoridade. Xa no minuto 15 os pontenoves gañaban por 0-2, con goles de Antonio e Matelo. Pero os nervios, unidos a reaccion dos locais, que vian que se lles escapaba o obxetivo, facian que os focenses conseguisen 2 goles antes do descanso, o que deixaba outra vez o partido en tablas. Ese resultado poderia ser valido para os homes de Moiron, pero unha victoria evitaria moito sufrimento nos seguintes partidos. E parece que no vestiario colleron forzas para que iso non pasase, saindo o campo cunha actitude incontestable a que os focenses non souperon facer fronte, vendose superados por un Pontenova que non deu tregua durante os segundos 45 minutos. Puideronse adiantar os de Foz, pero foi Matelo quen desequilibrou o partido cun golazo que poñia o 2-3 no marcador. A partir de ahi chegaron os mellores minutos dos visitantes, que rozaron a perfeccion no seu xogo e deron un autentico recital de futbol, de toque e de contragolpes que unha e outra vez deixaban en evidencia a escadra roxiblanca. Jorge Moiron, con 2 goles, deixaria o choque sentenciado a falta de 15 minutos. 2-5 ao remate do partido.
Con este resultado, os de Moiron afianzanse no segundo posto a falta de 3 partidos, deixando o Foz terceiro a 5 puntos de diferencia. Hai que destacar que os dous seguintes partidos van ser na Mina, ante o Alfoz e ante o Xove Lago, dous rivais a priori asequibles, e so se necesitan 4 puntos para asegurar a participacion na fase de ascenso. A competicion cerrarase ante o Lourenza en Vilanova. Por ultimo, agradecer enormemente a xente da Pontenova que se desplazou o municipal de Foz apoiar o equipo, superando en numero a aficion local, e que nunca deixou de alentar e de animar os xogadores. A unica nota negativa foi un pequeno enfrontamento entre aficions ao remate do encontro, pero que non pasou a maiores. E oxala que nos proximos partidos na Mina a aficion siga respondendo coma sempre, ou mais si cabe, para axudar a conseguir o obxetivo final.

No hay comentarios: