martes, 24 de marzo de 2009

Xuvenil: Nova victoria e nova goleada ante o Iberia (1-5)

Martes 24 de Marzo de 2009

O Sporting Pontenova volveu a golear a domicilio, esta vez en Benquerencia ante o Iberia o pasado xoves. Os pontenoveses afrontaban este partido co obxetivo de chegar o sabado a Foz o mais frescos posible, pero o partido non foi tan tranquilo como reflexa o marcador final. Os pupilos de Moiron realizaron un encontro moi correcto, no que sempre foron por diante no marcador e non deron opcion a un Iberia que se viu superado dende o primeiro minuto. O adestrador do Sporting aproveitou tamen para dar descanso a homes importantes no equipo como Muso ou Jorge, e ainda asi o equipo non se resentiu e cumpliu amplamente co guion que se esperaba, ainda que foi un partido moi duro no que ambos equipos acabaron bastante cargados de tarxetas. Hai que destacar o papel de Matelo, que con 3 goles foi o home mais destacado do partido e xunto con Jorge, afianzanse como a mellor parella atacante da liga. Os outros dous goles foron obra de Antonio e Josin, que logrou o seu primeiro tanto nesta campaña. As unicas notas negativas foron as expulsions de Muso e Antonio, que causaran baixa no partido ante o Alfoz, o sabado 28 as 4.30 da tarde no campo da Mina.

No hay comentarios: