lunes, 16 de marzo de 2009

3ª Autonomica: O Sporting volve a vencer ao lider, o Catro Roldas, esta vez a domicilio (0-1)

16 de Marzo de 2009

O Sporting Pontenova colleitou esta xornada unha nova victoria nun campo no que ningun equipo puntuara ainda esta tempada. Os de Sachas chegaban o partido coa ilusion de vencer ao lider e continuar pelexando por un ascenso que segue complicado pero ainda con moitas posibilidades. O encontro estivo controlado polos visitantes en todo momento, e o Catro Roldas solo levou perigo a porteria de Juanqui en contadas ocasions, sobre todo unha cerca do final do partido, pero o porteiro pontenoves realizou unha gran parada salvando o empatel local. O gol do Sporting chegaria mediada a primeira metade, logo dunha boa xogada de Ivan Lopez que culminaria Javi cun trallazo que se colou pola escadra. Asi se chegaria o descanso. No segundo tempo o guion non cambiou, e o control do xogo continuou no mesmo bando. Os pontenoveses puideron ampliar a ventaxa con algunha ocasion, como unha que tivo Fran, pero o partido rematou co resultado de 0-1. Con este marcador, o Sporting Pontenova e o primeiro equipo en sacar algo positivo do campo do Catro Roldas, pois os locais gañaran todo o que xogaran na casa.
Logo deste triunfo, o equipo de Sachas segue no 4º posto, pero agora a so 4 puntos do Candelaria, 3º na taboa, e a 6 do Meira e do Catro Roldas, que ocupan as duas primeiras posicions. A favor dos pontenoveses esta que contan cun partido menos que os rivais que os preceden. O seguinte partido sera este xoves as 16.30 ante o Terras do Miño, encontro que foi aplazado fai un mes polo temporal.

No hay comentarios: