miércoles, 25 de marzo de 2009

O proximo fin de semana, clave nas aspiracions de ambos equipos

Mercores 25 de Marzo de 2009

A proxima xornada os dous equipos do Sporting Pontenova vanse xogar gran parte dos obxetivos da temporada. Por un lado, os xuveniles. Coa participacion na fase de ascenso a Liga Galega practicamente asegurada, so necesitan 4 puntos para que se confirme totalmente. O encontro deste sabado as 4.30 ante o Alfoz presentase como a primeira final das tres que lle quedan. Se o Foz sae derrotado no seu compromiso ante o Lourenza, a clasificacion matematica estaria conseguida, pero os rapaces de Moiron non queren deixar escapar esta oportunidade e saliran a pola victoria en cada un dos encontros que restan, polo que dende esta web pedimos que a aficion responda como en toda a temporada e suban a Mina apoiar e felicitar os xogadores pola impresionante campaña que estan realizando. O seguinte partido sera tamen na casa ante o Xove Lago e a competicion rematara en Lourenza dentro de 3 semanas.
Tamen o equipo de rexional se vai xogar o ascenso nas catro xornadas que quedan. O partido desta fin de semana, en Matela, vai ser un dos mais importantes que restan, pois o Meira e o Catro Roldas vanse enfrontar entre si noutro dos encontros da xornada. Ambos equipos estan situados a 3 puntos do Sporting Pontenova, ocupando duas das tres prazas de ascenso, polo que o equipo de Sachas podera rematar a xornada ocupando unha delas. Despois deste compromiso, recibiran o Moman, visitaran o lider Candelaria e remataran a liga na casa ante o Codesido, e cada un dos partidos podese considerar unha final para o equipo pontenoves.

No hay comentarios: