martes, 31 de julio de 2012

Novo reforzo, nova cara coñecida

Despois de 5 anos alonxado dos terreos de xogo por motivos laborais, volve ó Sporting un clásico. Roberto Cancelas, máis coñecido como "Piensos", convertiuse esta semana no cuarto reforzo do equipo pontenovés. Este xogador, que militou na "época dorada" sendo un dos integrantes do plantel que acadou o ascenso a 3ª división hai xa 12 anos, formou parte tamén do equipo que deu comezo a esta nova etapa do Sporting alá polo 2004. Polo tanto, aportará unha experiencia e un carisma que lle van vir moi ben ós gualdinegros nunha temporada que se antoxa dura na 2ª autonómica. 
Así, e a falta de algún retoque máis, a plantilla do primeiro equipo segue collendo forma. Comezará oficialmente a prepar a nova temporada este viernes, día 3 de agosto, no que será o arranque oficial da pretemporada sportinguista.

viernes, 20 de julio de 2012

Marco e Picota suben definitivamente ó primeiro equipo

Confírmase a continuidade no club de dous xogadores que o ano pasado formaron parte do equipo xuvenil. Son o porteiro Marco, que o curso anterior xa disputou case toda a liga co equipo sénior, e Picota, que estivo prácticamente inédito a temporada pasada cos xuveniles. Estas altas súmanse á de Murias, e deste xeito segue collendo forma o novo proxecto de Moirón para afrontar con garantías a temporada na Segunda Autonómica, na que se tratará de asentar ó Sporting definitivamente na categoría. De momento, a única baixa confirmada é a de Bruno Bouza, que volve á súa terra para militar no Astur Vegadense.
Xa queda menos para o retorno ó traballo o día 3 de agosto, e como primeiras pedras de toque xa se confirmaron amistosos contra o Mondoñedo, Santa Comba, Cazás, Pol, La Caridad e o combinado local da Pachanga.

viernes, 13 de julio de 2012

Iván Fernández "Murias", primeira fichaxe para a nova temporada

O Sporting Pontenova 2012/2013 colle forma. Logo da remodelación na directiva, a plantilla do equipo sénior comeza tamén a presentar novedades, e Moirón puido confirmar esta semana a primeira incorporación, Murias. O xogador de 21 anos, natural de Villaodrid, non é unha cara nova pois era o capitán e líder da defensa do equipo xuvenil que hai xa 3 anos conseguiu a primeira clasificación para a fase de ascenso á Liga Galega, caendo na segunda fase diante do Galicia Gaiteira. Agora, retorna para reforzar o primeiro equipo no seu novo intento por facer un bo papel na Segunda Autonómica. Benvido de novo!