viernes, 30 de julio de 2010

Arranca o Sporting 2010/2011

Ás 21.30 desta noite arranca o novo proxecto do Sporting Pontenova 2010/2011. Esta nova aventura estará encabezada por Dani Moirón, que se fará cargo tamén do equipo sénior logo de 3 exitosas temporadas dirixindo ós xuveniles, cos que tamén seguirá traballando cun conxunto profundamente renovado. No equipo de rexional producíronse varias baixas importantes como son as de Rivas, Garboso, Iván, Cholas e Noé, pero que se verán compensadas coa chegada de varios integrantes procedentes do equipo xuvenil. Xoel e Hugo Leivas pasan a formar parte do primeiro equipo, mentres que o futuro de Christian, Tontxu e Matelo aínda non está claro.
Por outra parte, o equipo xuvenil comezará a traballar o martes día 3 de agosto cun plantel profundamente renovado que volverá a competir na 1ª Autonómica coa máxima ilusión.
A partir de agora iremos informando puntualmente das novidades que se vaian producindo en ambos equipos.

martes, 13 de julio de 2010

Cancelada a cea-homenaxe ós xuveniles ata novo aviso

Por diversos problemas a cea que este venres iba rendirlle homenaxe ó equipo xuvenil tivo que ser cancelada. En breve comunicaremos a nova data do evento. Disculpen as molestias.

jueves, 1 de julio de 2010

2ª Autonómica: Dani Moirón colle o relevo de Sachas á fronte do primeiro equipo

Logo de dúas temporadas nas que logrou un ascenso e unha máis que merecida permanencia, Sachas abandona o Sporting Pontenova deixándolle o sitio a Dani Moirón, iniciando así unha nova etapa na súa andadura como adestrador. Ata o momento, na súa corta carreira, desarrollada íntegramente no Sporting xuvenil, sólo se reflexan éxitos: o primeiro ano conseguiu levar ó equipo ás semifinais da Copa Élide; na segunda temporada rematou a Liga no segundo posto e alcanzou a segunda ronda previa da fase de ascenso a Liga Galega; e nesta que acaba de rematar acadou o primeiro título de Liga na historia do Sporting Pontenova xuvenil e quedouse ás portas do ascenso logo de quedar apeado ante o Noia na eliminatoria definitiva. Comeza así para él unha nova aventura no fútbol sénior, pero compaxinándoa tamén coa dirección do equipo xuvenil, que se verá profundamente renovado ó finalizar esta etapa gran parte do plantel da última temporada.