jueves, 1 de julio de 2010

2ª Autonómica: Dani Moirón colle o relevo de Sachas á fronte do primeiro equipo

Logo de dúas temporadas nas que logrou un ascenso e unha máis que merecida permanencia, Sachas abandona o Sporting Pontenova deixándolle o sitio a Dani Moirón, iniciando así unha nova etapa na súa andadura como adestrador. Ata o momento, na súa corta carreira, desarrollada íntegramente no Sporting xuvenil, sólo se reflexan éxitos: o primeiro ano conseguiu levar ó equipo ás semifinais da Copa Élide; na segunda temporada rematou a Liga no segundo posto e alcanzou a segunda ronda previa da fase de ascenso a Liga Galega; e nesta que acaba de rematar acadou o primeiro título de Liga na historia do Sporting Pontenova xuvenil e quedouse ás portas do ascenso logo de quedar apeado ante o Noia na eliminatoria definitiva. Comeza así para él unha nova aventura no fútbol sénior, pero compaxinándoa tamén coa dirección do equipo xuvenil, que se verá profundamente renovado ó finalizar esta etapa gran parte do plantel da última temporada.

No hay comentarios: