viernes, 30 de julio de 2010

Arranca o Sporting 2010/2011

Ás 21.30 desta noite arranca o novo proxecto do Sporting Pontenova 2010/2011. Esta nova aventura estará encabezada por Dani Moirón, que se fará cargo tamén do equipo sénior logo de 3 exitosas temporadas dirixindo ós xuveniles, cos que tamén seguirá traballando cun conxunto profundamente renovado. No equipo de rexional producíronse varias baixas importantes como son as de Rivas, Garboso, Iván, Cholas e Noé, pero que se verán compensadas coa chegada de varios integrantes procedentes do equipo xuvenil. Xoel e Hugo Leivas pasan a formar parte do primeiro equipo, mentres que o futuro de Christian, Tontxu e Matelo aínda non está claro.
Por outra parte, o equipo xuvenil comezará a traballar o martes día 3 de agosto cun plantel profundamente renovado que volverá a competir na 1ª Autonómica coa máxima ilusión.
A partir de agora iremos informando puntualmente das novidades que se vaian producindo en ambos equipos.

No hay comentarios: