lunes, 28 de septiembre de 2009

Aut. Xuvenil: Outra goleada en Meira e a racha continúa (1-4)

Bo partido o que disputou o conxunto pontenovés na Lomba contra o Meira. Logo dun arranque dubitativo, foi o Sporting quen tomou o mando do encontro e arredor do minuto 20 e logo dunha fermosísima xogada de Christian pola banda dereita e dun centro preciso chegou o gol de Antón, que rematou co tacón de maneira acrobática. Os minutos foron pasando sen ningún susto para a meta de Xoel e antes de rematar a primeira parte volveu ser Antón o que batiu nunha contra ó porteiro rival por baixo e pegado ó poste.
Xa na segunda metade o Sporting seguiu intentado aumentar o seu casilleiro e conseguiuno de novo gracias a Antón, anotando así o seu primeiro hat-trick co equipo pontenovés, logo dun disparo seco axustado ó pau do porteiro do Meira. Tras este gol chegou o carrusel de cambios por parte dos dous equipos e mentres tanto os de Moirón dedicáronse a seguir dominando o partido. Un xogador que entrou de refresco foi Turbo, que estaba tocado nun ombreiro, pero aínda así deulle tempo a marcar un bon gol coa esquerda dende dentro da área. Xa hacia o final do partido chegaría o gol do Meira logo dun centro dende medio campo que se foi envenenando e que Noel, que entrara na portería sustituíndo a Xoel, non conseguíu despexar.
O próximo fin de semana o Sporting vai recibir na Mina ante a súa afición ó Burela, un rival que o ano pasado xa os puxera contra as cordas.

Agradecementos a Sergio Arango por enviar esta crónica.

domingo, 27 de septiembre de 2009

2ª Autonómica: O Sporting remonta pero acaba cedendo un empate ante o Candelaria (2-2)

Sígueselle resistindo a victoria ó Sporting Pontenova logo de 3 xornadas disputadas. No partido de onte estivo moi cerca, pero un gol do Candelaria de falta directa nos últimos minutos provocou que se escapasen da Mina outros dous puntos. Non comezou ben o partido para os de Sachas, que vían como os visitantes se ían facendo co control do xogo pouco a pouco, e comezaron a dispoñer de ocasións para adiantarse diante dun Sporting que saíu ó campo outra vez mermado polas múltiples baixas, xa que onte non xogaron Fran, Marcos Conde, Pablín, Iván, Murias e Costel. A nota positiva foi o debut, con gol incluído, de Javín. Os pontenoveses non foron capaces de crear perigo en toda a primeira parte, e esa circunstancia aproveitouna un Candelaria que se adiantou á media hora facendo xustiza ó visto sobre o céspede, pois os locais seguían sen facer acto de presencia no campo da Mina. Chegaríase así ó descanso, ca derrota pola mínima. As cousas cambiaron no segundo tempo. A veteranía e experiencia da plantilla do Candelaria comezouse a notar, e o xogo duro e as perdas de tempo apareceron máis do normal. Os de Sachas saíron ó campo con outra actitude e convencidos da remontada, e a primeira ocasión foi unha falta botada por Manu que sacou con apuros o porteiro visitante. Javi tamén tivo un par de ocasións de gol pero non foi capaz de aproveitalas. As oportunidades neste segundo tempo cambiaron de bando e o empate estaba a caer, e chegaría noutra falta. Foi obra de Maqueto, que executou maxistralmente un libre directo que se colou pola escadra da portería. Despois do gol acabou expulsado, por agresión, o porteiro do Candelaria. Cun rival con un menos e con tempo por diante, o Sporting seguiuse animando e continuou avasallando a portería visitante. O tanto da remontada chegaría minutos despois, logo dun disparo lonxano de Gene que non foi capaz de blocar o gardameta e Javín, moi atento, cazou o rechace poñendo o 2-1 no marcador. Bo debut do dianteiro de Trabada, que demostrou boas maneiras na punta de ataque pontenovesa. Apareceron as prisas despois dese gol no conxunto visitante, e logo de estar perdendo tempo durante case todo o partido víanse por detrás no marcador. Gozaron de algunha oportunidade para volver a poñer o empate, e conseguírono con outro gol de falta, dende o lateral da área, cun disparo que superou a Juanki polo primeiro pau situando as tablas no marcador. Os 90 minutos estaban xa cumplidos, pero coas múltiples pérdidas de tempo o árbitro non tiña trazas de sinalar o final. Volveron a gozar os de Sachas de oportunidades, nalgún saque de esquina o sobre todo, na última xogada do partido, que acabou cun centro de Puente que se envenenou e petou no pau da portería dos de Rúa. Logo de 14 minutos de desconto, o árbitro deu por finalizado un encontro moi intenso, sobre todo na segunda parte.
Logo de 3 xornadas sen vencer, o Sporting terá unha nova oportunidade o próximo sábado na Lomba, en Meira, ante o conxunto local.

sábado, 26 de septiembre de 2009

A afición opina

O resultado da enquisa foi o seguinte:

Cal crees que debe ser o obxetivo prioritario do equipo de 2ª Autonómica??

Avance resultados

Sábado 26 de Setembro, 17:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 3
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 2 - 2 Candelaria
Goles: 1-1 Maqueto, 2-1 Javín

Sábado 26 de Setembro, 11:30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 4
A Lomba (Meira)
Meira F.C. 1 - 4 Sporting Pontenova
Goles: Antón (3), Turbo

jueves, 24 de septiembre de 2009

Partidos desta fin de semana

  • Sábado 26 de Setembro, 18:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 3
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - Candelaria

Buscarán os pontenoveses os 3 primeiros puntos da campaña ante o Candelaria, 4º clasificado por detrás do Sporting o ano pasado e que ascendeu de categoría trala desaparición do Muras. Tras o empate sen goles ante o Mondoñedo, Sachas recupera efectivos para intentar doblegar ós de Cervo no segundo encontro deste curso como local.

  • Sábado 26 de Setembro, 12:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 4
A Lomba (Meira)
Meira F.C. - Sporting Pontenova

Logo de tres victorias consecutivas e sen recibir ningún gol ata o momento, presentaránse os de Moirón na mañá do sábado en Meira co ánimo de seguir a racha. Encabezando a clasificación e por diante dos favoritos Foz, Sagrado e, sorpredentemente, Pastoricense, intentarán reafirmar a súa posición e seguir sendo o rival a batir polo resto de equipos. Enfronte, un Meira reforzado intentará ser o primeiro en vencer ós líderes.

lunes, 21 de septiembre de 2009

2ª Autonómica: Empate sen goles na visita ó Mondoñedo, e primeiro punto da temporada

Boa imaxe a do Sporting Pontenova no partido disputado onte en Mondoñedo. Durante gran parte do encontro os de Sachas foron superiores a un conxunto local que comezou amoldándose ó ritmo que marcaban os pontenoveses, e na primeira media hora de partido dedicáronse a aguantar as acometidas visitantes, pero tamén tiveron as súas ocasións e puideron adiantarse no marcador. Nas botas de Otto estivo o primeiro gol dos visitantes, pero o seu tiro lonxano non entrou por moi pouco, e Javi e Puente tamén dispuxeron dalgunha oportunidade para irse ó denscanso por diante. Os mindonieses achegáronse tamén con perigo en contadas ocasións, pero Juanqui e unha defensa moi ben plantada resolvéronas sen problemas. No segundo tempo o guión non cambiou considerablemente; Fran entrou por Javi para acompañar a Puente en punta, e dispuxeron dalgunha ocasión para darlle a victoria ós seus, sobre todo unha no desconto. Aínda así, o Mondoñedo puido tamén marcar en varias oportunidades, pero non foron capaces de resolvelas, o que case lles costa a derrota no último minuto de partido, pois Fran plantouse só diante do porteiro local pero non foi capaz de definir. Ó final, empate con sabor a pouco, pois a sensación que lle quedou ó equipo foi de que se puideron conseguir os 3 puntos.
O próximo encontro vai ser na Mina, o próximo sábado ás 5 da tarde ante o Candelaria.

domingo, 20 de septiembre de 2009

Xuvenil: Un Sporting imparable volve a golear, esta vez ó Ribadeo na Mina (4-0)

Segue a racha de victorias dos xuveniles do Sporting. Tres triunfos en outros tantos partidos, e sen recibir ningún tanto, é a bagaxe dos de Moirón, impecables ata o momento. Outra boa mostra do poderío dos pontenoveses puidose ver onte na Mina, que presentaba un bo aspecto na tribuna para ver o duelo entre os locais e o Ribadeo. Foron de menos a máis os rapaces da Pontenova, mermados polas baixas importantes de Picota e Turbo. Tardaron en meterse no partido e non foron capaces de mostrar o seu xogo ata pasados 20 minutos, aínda que nese tempo non pasaron apuros e controlaron o ritmo do encontro pese a non crear excesivo peligro. Foi na banda de Antón onde empezou a morder o Sporting, e por alí nacería o primeiro gol, obra de Matelo que, moi atento, cazou un rechace na área pequena para facer o 1-0. Este tanto acabou por soltar ós de Moirón e comezou a aparecer o xogo mostrado en anteriores citas, especialmente no baño que lle deron ó Sagrado Corazón na xornada anterior. Pronto chegaría o segundo, co mesmo protagonista que o primeiro. Matelo volveuse a plantar só diante do porteiro ribadense e, aproveitando o bote do balón, definiu cunha vaselina que superou ó gardameta poñendo o 2-0 no marcador. Catro goles ata o momento do dianteiro asturiano, que loitará para superar a marca do pasado ano. Preto do descanso aínda chegaría o terceiro, logo dun centro dende a banda esquerda rematado, en plancha, por Andrés Seoane, e deixando o partido case sentenciado. Así se foron ós vestiarios. Comezaría o segundo tempo con novedades, pois ingresou no campo Diego sustituíndo a Javi. Co choque case resolto, pouco destacable nos segundos 45 minutos. O Sporting continuou levando perigo constantemente, aínda que o único tanto neste tempo foi obra de Tontxu logo dun fallo do porteiro do Ribadeo, que durante a segunda parte vía como unha e outra vez se achegaban á súa meta cunha facilidade case pasmosa, polo que o resultado final de 4-0 pódese decir incluso que se quedou corto polo visto no céspede na Mina. Hai que destacar, unha vez máis, a solidez defensiva dos pontenoveses, liderados por un Bruno Bouza que estivo inmenso, algo ó que nos empeza a acostumar, e moi ben escoltado por Leivas, que na tarde de onte actuou no centro da defensa, e por Tontxu e Óscar Miranda nos laterais. Nin un só tanto recibiu o Sporting ata o momento, algo do que gran parte da culpa tamén a ten Xoel, firmando grandes actuacións na portería pontenovesa.
Seguen así os de Moirón na cabeza do grupo 8 da primeira autonómica xuvenil, e intentarán defender o liderato no derbi ante un reforzado Meira, que se disputará o próximo sábado na localidade veciña.

sábado, 19 de septiembre de 2009

Avance resultados

Sábado 19 de Setembro, 17:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 3
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - Ribadeo C.F.
Goles: 1-0 Matelo, 2-0 Matelo, 3-0 Andrés Seoane, 4-0 Tontxu

jueves, 17 de septiembre de 2009

Partidos desta fin de semana

  • Sábado 19 de Setembro, 17:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 3
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - Ribadeo C.F.

Encaran os de Moirón un novo examen logo de pasearse a semana pasada ante o máximo favorito, o Sagrado Corazón. Buscarán unha victoria que lles permita seguir ca racha ca que comezaron a liga, con duas victorias en dous encontros e sen recibir ningún gol. O rival nesta ocasión será o sempre preligroso Ribadeo, o próximo sábado na Mina.

  • Domingo 20 de Setembro, 18:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 2
Mondoñedo
Mondoñedo Ciudad - Sporting Pontenova

Chega o Sporting Pontenova á cidade diocesana co ánimo de lograr os primeiros 3 puntos da campaña, logo de caer na primeira xornada ante o Pol na Mina. Coa recuperación dalgunha das baixas do partido anterior, intentarán asaltar a un Mondoñedo que xa é un clásico da categoría.

domingo, 13 de septiembre de 2009

Xuveniles: Exhibición do Sporting Pontenova ante o Sagrado Corazón (0-6)

Un partido para recordar o que protagonizou o equipo xuvenil do Sporting nas Gándaras. Marcar 6 goles a un equipo fóra da casa non é doado e moito menos tendo en conta que se xogaba en herba artificial e que era o Sagrado Corazón, que o ano pasado non perderan ningún partido, cedendo só 2 puntos precisamente ante os pontenoveses na Mina, e acabaran gañando a liga.
O partido comezou cos dous equipos bastantes seguros atrás e imprecisos arriba. Pouco a pouco o Sporting foi collendo o mando creando ocasións ata que Matelo arredor do minuto 30 conseguiu o primeiro para os visitantes logo dun pase de Arango e sortear ao porteiro nun man a man. Este gol tería moita importancia, sobre todo porque xogaban co vento en contra e estaba a soplar bastante. Ata o descanso o Sagrado intentouno pero encontrouse unha e outra vez cunha gran defensa que non cometeu ningún erro en todo o partido. As únicas ocasións que tiveron chegaron a balón parado e en ningún momento foron claras. Logo do descanso e xa co aire a favor o Pontenova xogou o seu mellor fútbol e empezaron a caer os goles. Outro de Matelo, un de Bruno á saída dun córner, Turbo de penalti , Bruno noutro córner e para finalizar gol de Antón logo dunha xogada persoal na banda esquerda regateando a 3 e engañando o porteiro rival. Destacar o tremendo partido que fixo Bruno tanto tanto en defensa, secando ao dianteiro do Sagrado que o ano pasado anotara máis de vinte goles e cortando todos os balóns de perigo, como en ataque, marcando 2 goles de cabeza.
Con este partido o Sporting colócase con 6 puntos en 2 partidos e deixa atrás a dous dos rivais máis fortes da liga como eran o Pol e o Sagrado. Para sábado que ven toca partido na casa contra o Ribadeo. É de agradecer o apoio incondicional que recibe o equipo tanto nos partidos da casa coma nos de fóra.

Crónica enviada por Sergio Arango.

2ª Autonómica: O Sporting acusa a falta de pegada e cae na Mina ante o Pol (0-2)

Comeza con derrota a temporada para o Sporting Pontenova. O Pol, entrenado por Miranda, saíu vencedor no primeiro choque
do novo curso, ante un conxunto local que dispuxo de numerosas oportunidades, algunhas moi claras, para sacar un resultado positivo. Os de Sachas presentábanse escasos de efectivos polas baixas de Gene, Juanqui, Fran, Iván, Pablín, Carlos, Javín e Joel, pero aínda así deron a cara e puideron levarse máis premio diante dun Pol moi práctico que sacou proveito das súas ocasións e acabou levándose os tres puntos da Mina. Comezou ben o partido para o Sporting, e puidéronse adiantar con unha boa vaselina de Rivas que, co porteiro xa superado, estrelouse no largueiro, e o rechace non puido ser aproveitado por Puente, que chegaba moi forzado e, incomprensiblemente, mandou o balón fóra. Pouco despois chegaría o primeiro tanto da tarde. Logo dun gran centro dende a banda dereita e un mellor remate de cabeza á escuadra, adiantábase o Pol cun golazo en toda regla. Reaccionaron ben os locais e Javi tivo outra boa oportunidade plantándose sólo diante do porteiro, pero non foi capaz de definir. Co 0-1 fóronse os xogadores ós vestuarios. Na segunda parte o guión non cambiou demasiado. O Sporting seguía chegando con perigo, pero foi o Pol quen conseguiu o segundo, logo dunha xogada larga que acabou co balón no fondo da portería pontenovesa cun remate oportunista no segundo pau. A partir de ahí, co partido case resolto, os locais seguiron perdonando e, sobre todo a balón parado, puideron reducir distancias no marcador. Puente tivo outra boa oportunidade, pero a máis clara foi de Manu, que nun saque dende a esquina e totalmente sólo enviou o balón ó largueiro logo de que o porteiro desviase o seu remate de cabeza. Así rematou un partido que deixou a sensación de que se podía sacar algo positivo, e demostrando que queda marxe de mellora pois as numerosas baixas non deixaron ver todo o potencial do Sporting. As notas positivas do choque foron os debuts de Murias e Marcos Conde. O primeiro procede dos xuveniles e o segundo retorna á Pontenova logo de pasar 3 temporadas no Ribadeo. O tamén procedente do equipo xuvenil Costel terá que esperar a súa oportunidade, xa que onte estivo os 90 minutos no banco. Nas seguintes xornadas debutarán tamén Joel e Javín.
O seguinte compromiso dos de Sachas vai ser ante o Mondoñedo Ciudad, e disputaráse o próximo domingo na cidade diocesana.

sábado, 12 de septiembre de 2009

Avance resultados

  • Sábado 12 de Setembro, 18:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 1
Campo da Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 0 - 2 S.D. Pol

  • Sábado 12 de Setembro, 18:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 2
As Gándaras (Lugo)
Sagrado Corazón 0 - 6 Sporting Pontenova

Goles: Matelo (2), Turbo, Bruno (2) e Antón

viernes, 11 de septiembre de 2009

Partidos desta fin de semana

  • Sábado 12 de Setembro, 18:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 1
Campo da Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - S.D. Pol

Estrena o Sporting a nova temporada xogando na Mina, dónde poderemos ver en acción os 3 últimos fichaxes, Marcos Conde, Costel e Javi. Os pontenoveses buscarán arrancar cunha victoria esta nova etapa na 2ª Autonómica. Enfrente, o Pol de Miranda intentará amargar o debut dos de Sachas.

  • Sábado 12 de Setembro, 18:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 2
As Gándaras (Lugo)
Sagrado Corazón - Sporting Pontenova

Os de Moirón intentarán vencer por primeira vez ó gran favorito, o Sagrado Corazón, e acudirá a Cheda logo de vencer a outro equipo forte na primeira xornada, o Pol. Unha victoria no campo lucense sería unha gran inxección de confianza para afrontar os seguintes compromisos.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

2ª Autonómica: O Sporting comeza un novo asalto á categoría, este sábado ante o Pol

Con cinco novedades na plantilla, como son Costel, Joel e Murias, que proceden dos xuveniles, Marcos Conde, que volve ó Sporting logo de 3 temporadas no Ribadeo, e Javín, o Sporting Pontenova encara, só unha temporada despois, o 3º asalto á 2ª Autonómica logo de non poder acadar a permanencia nos dous anteriores, polo que ese será o principal obxectivo dos pontenoveses, aínda que sen renunciar en ningún momento, dependendo do transcurso da competición, a cotas un pouco máis altas. Logo de 5 temporadas no que o conxunto sportinguista se gañou, a pulso, o apelativo de equipo "ascensor", preséntase este ano outra oportunidade para asentarse definitivamente na categoría na que non foi capaz de manterse nas dúas ocasións anteriores, aínda que sempre se disfrutou, nalgún tramo da temporada, das plazas de privilexio da táboa. Será o segundo ano de Sachas á fronte do equipo gualdinegro e, logo dunha pretemporada irregular, intentará arrancar a Liga con bo pé para coller a confianza necesaria para afrontar da mellor maneira posible esta nova e ilusionante aventura do Sporting Pontenova.
O primeiro rival nesta temporada 2009-2010 será, igual que os xuveniles, a S.D. Pol, dirixida polo ex-entrenador pontenovés Miranda. O partido será o próximo sábado, día 12, ás 18:00 horas no Campo da Mina.

martes, 8 de septiembre de 2009

2ª Autonómica: Victoria ante o San Lázaro para despedir a pretemporada (1-0)

Un Sporting Pontenova en cuadro polas baixas venceu o pasado domingo ó San Lázaro na Mina, nun partido que serviu de presentación do equipo ante a súa afección e que foi o último antes de comezar a competición oficial, o vindeiro sábado. Eran moitas as ausencias no conxunto de Sachas, polo que incluso o adestrador tivo que ocupar un lugar no terreo de xogo, recordando os seus tempos de xogador no Sporting dos anos 90. Foi un encontro que serviu principalmente para facer probas, aínda que non se puideron sacar conclusións definitivas pois as ausencias non permitiron ver todo o potencial co que contará o equipo na súa nova andadura na 2ª Autonómica. O partido deciuse con un solitario gol de Puente, e con este triunfo dáse por rematada unha pretemporada de altibaixos, con dúas victorias e tres derrotas, pero que serviu para que os pontenoveses cheguen rodados ó partido do próximo sábado ante o Pol do ex-entrenador do Sporting Miranda, que será ás 6 da tarde na Mina. Cabe destacar tamén que ó remate do encontro ofrecéronse pinchos a tódolos xogadores e asistentes ó partido, para festexar así o inicio dunha nova e ilusionante temporada do Sporting Pontenova.

sábado, 5 de septiembre de 2009

Xuvenil: Primeira victoria da temporada ante un bo Pol (2-0)

O Sporting Pontenova comezou a nova temporada da mellor maneira, vencendo a un dos mellores conxuntos da categoría. Ata 4 caras novas se puideron contar no once titular de Moirón, máis outros dous debuts que se produciron no segundo tempo. Pero, a pesar de disputar só dous partidos de pretemporada, os pontenoveses mostráronse como un equipo forte que foi de menos a máis no partido de hoxe. Enfronte tiñan un rival duro, que se presentaba na Mina logo de perder o seu mellor xogador da pasada temporada, Turbo, que precisamente debutaba oficialmente neste encontro co Sporting, formando no ataque pontenovés xunto con Matelo. Non estiveron finos no partido desta tarde, notándoo o equipo durante moitos momentos. Empezaron ben os de Moirón, controlando o xogo e aguantando ben as escasas embestidas dos visitantes. Antón e Christian puxeron en apuros á defensa do Pol, pero as súas internadas non foron aproveitadas por Matelo e Turbo, que dispuxeron de varias ocasións para inaugurar o marcador. Neste primeiro tempo notouse a falta de inactividade por momentos, pois as imprecisións e as faltas de entendemento foron case que habituais. Ó descanso chegouse co 0-0 inicial. O segundo tempo comezou cun Sporting que parecía máis enchufado logo de recargar forzas no vestuario. A primeira gran ocasión foi para Matelo, que se plantou só diante do porteiro visitante pero non foi capaz de definir. Tamén os visitantes puxeron en apretos a Xoel, pero a defensa do Sporting rendiu a un gran nivel hoxe, incluso en ataque, pois Bruno Bouza contou con algunha ocasión para estrenarse como goleador. Sería á saída dun córner cando chegaría o primeiro tanto. Saque de Turbo dende a esquerda, e logo de varios rechaces, o balón chega ós pés de Tontxu que dende o lateral da área saca un disparo perfecto que se cola con rosca pola escadra da portería do Pol. Soltáronse un pouco máis os de Moirón con este gol, e tiveron os seus mellores momentos desde que se viron por diante no marcador. Matelo puido conseguir o segundo, pero o seu disparo cruzado estrelouse no pau. Tamén puideron marcar Turbo ou Antón, pero o resultado non se movería ata o desconto, cando á saída doutro córner e logo dun rechace, Leivas fixo o definitivo 2-0 cunha volea que se colou entre a defensa visitante sentenciando o partido, que remataría poucos minutos despois.
Esta victoria sírvelle ó Sporting para coller confianza logo de vencer a un bo equipo como o Pol. O seguinte partido será o próximo sábado en Lugo, ante o vixente campión e gran favorito, o Sagrado Corazón, conxunto ó que os de Moirón lle teñen moitas ganas logo de non ser capaces de vencelo en ningunha ocasión a pasada campaña.

viernes, 4 de septiembre de 2009

2ª Autonómica: Fútbol e pinchos para despedir a pretemporada do Sporting

Este domingo rematará o período de preparación do equipo de Sachas para afrontar a súa nova andadura na 2ª Autonómica. O rival será o Sán Lázaro, que milita na mesma categoría pero en diferente grupo, e este encontro vai servir para presentarse oficialmente diante da afición do Campo da Mina. O partido comezará ás 18:00 h., e nel vaise poder apreciar a plantilla definitiva que formará este ano o Sporting Pontenova e que loitará, nesta nova aventura, por acadar por primeira vez a permanencia na segunda rexional, logo de non poder conseguilo nas dúas ocasións anteriores. Despois do partido, e como ven sendo costumbre ó rematar cada pretemporada, vanse ofrecer pinchos para os xogadores a para toda a afición que se dé cita na Mina para presenciar o último partido do Sporting antes de comezar a competición oficial.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Xuvenil: Este sábado ás 5 da tarde arranca a Liga na Mina, ante o Pol

Comeza a Liga para o Sporting Pontenova xuvenil, e faino ante un dos rivais fortes da última tempada, a S.D. Pol. Este equipo foi o último en vencer ós de Moirón na Mina. Con numerosas baixas e tamén con moitas fichaxes inicia o cadro pontenovés unha nova tempada, na que parten como favoritos, xunto co Sagrado Corazón e o Foz, para levarse o triunfo na competición. Lonxe queda xa o mal recordo da volta da eliminatoria previa á fase de ascenso ante o Galicia Gaiteira, cando o Sporting non foi capaz de remontar o resultado adverso da Coruña, pero iso si, deixando unha gran imaxe diante da súa afección e recibindo unha das ovacións máis grandes que se recordan na Mina. Coa ilusión de mellorar o feito o ano pasado comeza un novo curso para os rapaces do equipo xuvenil, que afrontan a nova tempada con moitos cambios, uns por obligación e outros porque inician unha nova etapa noutro clube, como é o caso de Jorge Moirón, que competirá este ano en División de Honor xuvenil co C.D. Lugo. Ó primeiro equipo do Sporting subiron Murias e Joel, mentras que Muso e Josín xogarán este ano no Riotorto. Outros, como Yanes, Barry e Costel remataron a idade xuvenil e abandonaron o Sporting. Pero para contrarrestar as baixas chegaron tamén moitas caras novas. Do Superti de fútbol-sala chegan Diego Ramallal, Anxo, Óscar Miranda e Noel; Bruno Bouza, procedento do Astur Vegadense; do Burela F.S. Cristóbal; da S.G. Comercial Antón, e a última hora incorporouse tamén Turbo, procendente da S.D. Pol, curiosamente o primeiro rival dos pontenoveses.
Todas estas novidades poderemos velas por primeira vez en partido oficial o próximo sábado, día 5, ás 5 da tarde no Campo da Mina ante a S.D. Pol.

Xuvenil: O Sporting saca o rodillo ante o Iberia no último amigable antes da Liga (8-2)

Esperanzador o último partido de pretemporada por parte dos pupilos de Moirón. O rival nesta ocasión era o Iberia, equipo contra o que o Sporting saira vencedor nos dous enfrontamentos da Liga pasada, e desta vez non foi menos. Outra goleada para mostrar de novo a candidatura ós postos altos da táboa, e que tamén serve para afianzar a confianza dos rapaces e asentarse como equipo logo de tantos cambios no plantel. O último en chegar, Turbo, foi un dos protagonistas do encontro, firmando un hat-trick no día do seu debut co conxunto pontenovés, que xunto cos dous goles de Matelo prometen formar unha dupla temible esta tempada. O resto de goleadores foron Christian, Andrés Seoane e Diego Ramallal, completando así o 8-2 co que rematou o partido.
O seguinte choque xa será oficial, pois a competición comeza este sábado día 5, na Mina, ante o Pol.

martes, 1 de septiembre de 2009

Xuvenil: Hoxe, ante o Iberia, último amistoso antes do inicio da Liga

Os xuveniles do Sporting van completar hoxe, ás 20.30 na Mina, a súa preparación de cara ó inicio da competición o próximo sábado. O rival nesta ocasión será o Iberia C.F., integrante do mesmo grupo no que van competir os pontenoveses. Vai ser o segundo e definitivo encontro de preparación para os rapaces de Moirón, que golearon 4-0 ó Pastoricense no anterior compromiso, fai 2 semanas, e utilizarán o partido de hoxe para chegar en boa forma ó primeiro partido de Liga ante o Pol, que será o sábado día 5 no campo da Mina, con horario por confirmar.