lunes, 21 de septiembre de 2009

2ª Autonómica: Empate sen goles na visita ó Mondoñedo, e primeiro punto da temporada

Boa imaxe a do Sporting Pontenova no partido disputado onte en Mondoñedo. Durante gran parte do encontro os de Sachas foron superiores a un conxunto local que comezou amoldándose ó ritmo que marcaban os pontenoveses, e na primeira media hora de partido dedicáronse a aguantar as acometidas visitantes, pero tamén tiveron as súas ocasións e puideron adiantarse no marcador. Nas botas de Otto estivo o primeiro gol dos visitantes, pero o seu tiro lonxano non entrou por moi pouco, e Javi e Puente tamén dispuxeron dalgunha oportunidade para irse ó denscanso por diante. Os mindonieses achegáronse tamén con perigo en contadas ocasións, pero Juanqui e unha defensa moi ben plantada resolvéronas sen problemas. No segundo tempo o guión non cambiou considerablemente; Fran entrou por Javi para acompañar a Puente en punta, e dispuxeron dalgunha ocasión para darlle a victoria ós seus, sobre todo unha no desconto. Aínda así, o Mondoñedo puido tamén marcar en varias oportunidades, pero non foron capaces de resolvelas, o que case lles costa a derrota no último minuto de partido, pois Fran plantouse só diante do porteiro local pero non foi capaz de definir. Ó final, empate con sabor a pouco, pois a sensación que lle quedou ó equipo foi de que se puideron conseguir os 3 puntos.
O próximo encontro vai ser na Mina, o próximo sábado ás 5 da tarde ante o Candelaria.

No hay comentarios: