domingo, 20 de septiembre de 2009

Xuvenil: Un Sporting imparable volve a golear, esta vez ó Ribadeo na Mina (4-0)

Segue a racha de victorias dos xuveniles do Sporting. Tres triunfos en outros tantos partidos, e sen recibir ningún tanto, é a bagaxe dos de Moirón, impecables ata o momento. Outra boa mostra do poderío dos pontenoveses puidose ver onte na Mina, que presentaba un bo aspecto na tribuna para ver o duelo entre os locais e o Ribadeo. Foron de menos a máis os rapaces da Pontenova, mermados polas baixas importantes de Picota e Turbo. Tardaron en meterse no partido e non foron capaces de mostrar o seu xogo ata pasados 20 minutos, aínda que nese tempo non pasaron apuros e controlaron o ritmo do encontro pese a non crear excesivo peligro. Foi na banda de Antón onde empezou a morder o Sporting, e por alí nacería o primeiro gol, obra de Matelo que, moi atento, cazou un rechace na área pequena para facer o 1-0. Este tanto acabou por soltar ós de Moirón e comezou a aparecer o xogo mostrado en anteriores citas, especialmente no baño que lle deron ó Sagrado Corazón na xornada anterior. Pronto chegaría o segundo, co mesmo protagonista que o primeiro. Matelo volveuse a plantar só diante do porteiro ribadense e, aproveitando o bote do balón, definiu cunha vaselina que superou ó gardameta poñendo o 2-0 no marcador. Catro goles ata o momento do dianteiro asturiano, que loitará para superar a marca do pasado ano. Preto do descanso aínda chegaría o terceiro, logo dun centro dende a banda esquerda rematado, en plancha, por Andrés Seoane, e deixando o partido case sentenciado. Así se foron ós vestiarios. Comezaría o segundo tempo con novedades, pois ingresou no campo Diego sustituíndo a Javi. Co choque case resolto, pouco destacable nos segundos 45 minutos. O Sporting continuou levando perigo constantemente, aínda que o único tanto neste tempo foi obra de Tontxu logo dun fallo do porteiro do Ribadeo, que durante a segunda parte vía como unha e outra vez se achegaban á súa meta cunha facilidade case pasmosa, polo que o resultado final de 4-0 pódese decir incluso que se quedou corto polo visto no céspede na Mina. Hai que destacar, unha vez máis, a solidez defensiva dos pontenoveses, liderados por un Bruno Bouza que estivo inmenso, algo ó que nos empeza a acostumar, e moi ben escoltado por Leivas, que na tarde de onte actuou no centro da defensa, e por Tontxu e Óscar Miranda nos laterais. Nin un só tanto recibiu o Sporting ata o momento, algo do que gran parte da culpa tamén a ten Xoel, firmando grandes actuacións na portería pontenovesa.
Seguen así os de Moirón na cabeza do grupo 8 da primeira autonómica xuvenil, e intentarán defender o liderato no derbi ante un reforzado Meira, que se disputará o próximo sábado na localidade veciña.

No hay comentarios: