martes, 8 de septiembre de 2009

2ª Autonómica: Victoria ante o San Lázaro para despedir a pretemporada (1-0)

Un Sporting Pontenova en cuadro polas baixas venceu o pasado domingo ó San Lázaro na Mina, nun partido que serviu de presentación do equipo ante a súa afección e que foi o último antes de comezar a competición oficial, o vindeiro sábado. Eran moitas as ausencias no conxunto de Sachas, polo que incluso o adestrador tivo que ocupar un lugar no terreo de xogo, recordando os seus tempos de xogador no Sporting dos anos 90. Foi un encontro que serviu principalmente para facer probas, aínda que non se puideron sacar conclusións definitivas pois as ausencias non permitiron ver todo o potencial co que contará o equipo na súa nova andadura na 2ª Autonómica. O partido deciuse con un solitario gol de Puente, e con este triunfo dáse por rematada unha pretemporada de altibaixos, con dúas victorias e tres derrotas, pero que serviu para que os pontenoveses cheguen rodados ó partido do próximo sábado ante o Pol do ex-entrenador do Sporting Miranda, que será ás 6 da tarde na Mina. Cabe destacar tamén que ó remate do encontro ofrecéronse pinchos a tódolos xogadores e asistentes ó partido, para festexar así o inicio dunha nova e ilusionante temporada do Sporting Pontenova.

No hay comentarios: