miércoles, 2 de septiembre de 2009

Xuvenil: Este sábado ás 5 da tarde arranca a Liga na Mina, ante o Pol

Comeza a Liga para o Sporting Pontenova xuvenil, e faino ante un dos rivais fortes da última tempada, a S.D. Pol. Este equipo foi o último en vencer ós de Moirón na Mina. Con numerosas baixas e tamén con moitas fichaxes inicia o cadro pontenovés unha nova tempada, na que parten como favoritos, xunto co Sagrado Corazón e o Foz, para levarse o triunfo na competición. Lonxe queda xa o mal recordo da volta da eliminatoria previa á fase de ascenso ante o Galicia Gaiteira, cando o Sporting non foi capaz de remontar o resultado adverso da Coruña, pero iso si, deixando unha gran imaxe diante da súa afección e recibindo unha das ovacións máis grandes que se recordan na Mina. Coa ilusión de mellorar o feito o ano pasado comeza un novo curso para os rapaces do equipo xuvenil, que afrontan a nova tempada con moitos cambios, uns por obligación e outros porque inician unha nova etapa noutro clube, como é o caso de Jorge Moirón, que competirá este ano en División de Honor xuvenil co C.D. Lugo. Ó primeiro equipo do Sporting subiron Murias e Joel, mentras que Muso e Josín xogarán este ano no Riotorto. Outros, como Yanes, Barry e Costel remataron a idade xuvenil e abandonaron o Sporting. Pero para contrarrestar as baixas chegaron tamén moitas caras novas. Do Superti de fútbol-sala chegan Diego Ramallal, Anxo, Óscar Miranda e Noel; Bruno Bouza, procedento do Astur Vegadense; do Burela F.S. Cristóbal; da S.G. Comercial Antón, e a última hora incorporouse tamén Turbo, procendente da S.D. Pol, curiosamente o primeiro rival dos pontenoveses.
Todas estas novidades poderemos velas por primeira vez en partido oficial o próximo sábado, día 5, ás 5 da tarde no Campo da Mina ante a S.D. Pol.

No hay comentarios: