sábado, 30 de enero de 2010

Resultados

Sábado 30 de Xaneiro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 19
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 1 - 0 Meira F.C
Goles: 1-0 Otto

Sábado 30 de Xaneiro, 16:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 20
A Marosa (Burela)
S.D. Burela 0 - 1 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Matelo

viernes, 29 de enero de 2010

A xornada

  • Sábado 30 de Xaneiro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 19
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - Meira F.C.

Nova oportunidade para que os de Sachas encadenen por fin unha boa racha. Logo dunha victoria importantísima en Rúa ante o Candelaria, non exenta de polémica, os pontenoveses buscarán alonxarse un pouco máis dos postos peligrosos e para eso terán que superar ó Meira, que está completando unha gran temporada e que actualmente se sitúa 5º, aínda que só a 3 puntos dos da Mina. Espérase un bo ambiente no feudo pontenovés nunha nova edición dun dos clásicos comarcais dos últimos anos.

  • Sábado 30 de Xaneiro, 16:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 20
A Marosa (Burela)
S.D. Burela - Sporting Pontenova

Moi complicada a visita que afrontarán mañá sábado os de Moirón, que viaxarán a Burela para enfrontarse ó equipo local no campo da Marosa. O Sporting continuará líder unha xornada máis gracias ó colchón de 6 puntos que os separa do segundo, pero o rival neste fin de semana será unha dura proba para volver a demostrar a superioridade dos pontenoveses na competición.

jueves, 28 de enero de 2010

2ª Autonómica: A Federación dálle a victoria ó Sporting no encontro ante o San Ciprián, que acabara en empate

Logo da impugnación por parte do club pontenovés do partido San Ciprián - Sporting Pontenova, disputado o pasado 14 de decembro e que rematou con empate sen goles, a Federación Galega de Fútbol resolveu que o resultado do partido pasa a ser un 0-3 para os de Sachas por alineación indebida do equipo cervense. Con isto, os da Mina suman dous puntos máis que lle permiten situarse no posto 10º con 23, a só 3 do próximo rival, o Meira, e deixando xa ó Candelaria a 11 puntos na 15ª posición.

2ª Autonómica: Importantísima victoria en Rúa ante o Candelaria nun partido moi polémico (1-2)

Victoria moi importante a conseguida o pasado sábado no campo de A Granda, en Rúa, ante un rival directo pola permanencia. Tíñaselle ganas ó Candelaria logo da intensa pelea polo ascenso a pasada campaña e polo partido da primeira volta, no que os visitantes lograron un empate in-extremis logo dunha gran remontada do Sporting.
Dende o primeiro minuto visualizouse o que iba ser o encontro: o estado do terreo de xogo era lamentable, case impracticable, polo que o fútbol directo acabou por establecerse en ambos conxuntos e o pelotazo convertiuse no recurso máis utilizado. Isto, unido ó xogo duro desplegado por parte dos locais, non axudou a ver un fútbol demasiado vistoso. Aínda así, os de Sachas controlaron o partido en todo momento e non pasaron excesivos apuros, incluso puideron adiantarse nunha xogada na que Javín consegue superar o porteiro pero o balón quedou freado nunha poza, polo que finalmente conseguiu atrapalo. Con boas sensación marcháronse ós vestiarios, pero co 0-0 inicial.
No segundo tempo medrou a intensidade do choque, e a veteranía dos de Devesa saíu a relucir en varias accións. Pero os de Sachas non lle perderon a cara ó encontro e continuaron dominando sen conceder prácticamente ocasións. Así, arredor do minuto 15, un gran pase de Villy á espalda da defensa chégalle a Javín, que define de maneira perfecta colocando o 0-1 no marcador e facendo xustiza ó visto no "céspede". Seguiron os pontenoveses controlando ben o xogo, pero nunha xogada moi rigurosa chegaría o empate do Candelaria. Á saída dun córner, o balón rebota en Manu e chega ás maus de Juanki. O árbitro, incompresiblemente, pita libre indirecto a escasos metros da portería. No saque, e con todo o equipo na barrera, o balón consigue superala e entra pegadiño ó pau da portería. Non baixou os brazos o Sporting e 10 minutos despois, quedando 15 para o final, volveu a poñerse por diante nunha xogada na que Cholas centra dende a banda dereita ó segundo pau dónde Javín fai unha deixada perfecta para que Maqueto marque a placer de cabeza. Volvían a poñerse por diante os da Mina nun partido no que estaban demostrando a súa superioridade, e non volveron a pasar apuros de ahí ó final do partido, mostrándose moi serios en defensa. Incluso puideron ampliar a vantaxe quedando 3 minutos para o final, nunha xogada na que Javín e Javi dirixíanse completamente sólos hacia a portería cervense logo de superar a toda a defensa. Pero nese momento producíuse a xogada máis lamentable e surrealista do partido. Ó porteiro suplente do Candelaria, que estaba no banquillo, non se lle ocurriu mellor maneira de evitar o gol que tirando un balón para cortar o ataque pontenovés. O resultado, só unha tarxeta amarilla e unha tangana importante entre os xogadores visitantes contra a grada e o banquillo. Aínda así, o partido rematou cunha gran victoria dos de Sachas ante un rival directo que sirve para aumentar distancia cos postos de descenso, un deles ocupado precisamente polo Candelaria.
O seguinte partido será un atractivo derbi na Mina ante o Meira, 5º na táboa a só 3 puntos do Sporting, que agora sitúase 10º con 23 puntos no casilleiro.

miércoles, 27 de enero de 2010

Aut. Xuvenil: Victoria traballada na Mina ante un correoso Meira (2-0)

O do sábado non foi precisamente o mellor partido do Sporting nesta temporada. O rival non era o máis doado xa que se cerraba moi ben atrás e o campo, en moi mal estado, non axudaba a ver o fútbol de outras tardes.
A primeira parte comezou cun claro dominio do balón que se prolongaría durante a maior parte do partido. O Meira, moi pechado atrás, non deixaba ocos pero aínda así os rapaces de Moirón lograron rápidamente o primeiro gol, obra de Tontxu cun disparo cun disparo cunha rosca perfecta que se colou pola escadra da portería logo de coller un rexeite na frontal. Logo, o equipo local non cesou no seu empeño de aumentar o resultado, pero Antón, Ayoub por tres veces e Turbo non foron capaces de lograr marcar.
A segunda parte tivo o guión da primeira cun Sporting dominador nun campo case impracticable. As oportunidades seguíanse sucedendo pero sen sorte. A entrada de Matelo por Ayoub servíu para que o primeiro nada máis saltar ó campo dispuxera de dúas claras oportunidades pero foi Turbo cunha internada polo centro quen batiu por baixo ó porteiro visitante subindo o segundo ó marcador. Logo do gol da tranquilidade chegou o carrusel de cambios por parte de ambos equipos ata que finalizou o partido. Unha vez máis, é de agradecer o apoio de toda esa xente que semana tras semana vai apoiar ó equipo, tanto na Mina como nos desplazamentos.
O vindeiro encontro será na Marosa, ante o Burela, un bo equipo que conseguiu empatar co Foz na anterior xornada.

Crónica enviada por Sergio Arango.

sábado, 23 de enero de 2010

Resultados

Sábado 23 de Xaneiro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 18
A Granda (Rúa, Cervo)
S.D. Candelaria 1 - 2 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Javín, 1-2 Maqueto

Sábado 23 de Xaneiro, 16:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 19
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 2 - 0 Meira F.C.
Goles: 1-0 Tontxu, 2-0 Turbo

viernes, 22 de enero de 2010

A xornada

  • Sábado 23 de Xaneiro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 18
A Granda (Rúa, Cervo)
S.D. Candelaria - Sporting Pontenova

Afrontan os de Sachas un novo test ante un rival directo, o Candelaria. Situado na penúltima posición da táboa, os de Devesa protagonizaron unha bonita loita co Sporting ó final da temporada pasada por lograr o ascenso, facéndose os da Pontenova coa última plaza que daba acceso ó salto de categoría, aínda que os de Cervo acabarían ascendendo pola desaparición do Muras. Vendo os precedentes, o ánimo de revancha será un aliciente máis para presenciar un partido cheo de intensidade nas últimas edicións, e que significará un impulso importante de cara á permanencia para o que resulte vencedor.

  • Sábado 23 de Xaneiro, 16:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 19
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - Meira F.C.

"Derbi" comarcal o que se disputará mañá sábado na Mina. O Sporting, líder destacado da categoría, recibe a un Meira que se motiva especialmente neste tipo de partidos, polo que será un rival perigoso e que seguramente traerá un bo número de afeccionados ás bancadas debido á proximidade entre pobos, polo que o duelo entre afición tamén será importante. De saír gañadores, os de Moirón darán outro pequeno paso para acabar a Liga como primeiro clasificado.

lunes, 18 de enero de 2010

2ª Autonómica: O Sporting complícase a vida perdendo no último suspiro ante o Mondoñedo (1-2)

Enfrontábanse na Mina dous conxuntos que comparten obxectivo, o da permanencia. Estaba claro que o vencedor sairía moi reforzado, e no partido de onte a sorte estivo do lado do Mondoñedo Ciudad, que remata a xornada no 9º posto. Bo ambiente na tribuna para presenciar un encontro sempre atractivo e con gran rivalidade, que non decepcionou vendo a intensidade coa que o afrontaron ambos conxuntos buscando a victoria dende o pitido inicial. Pero as cousas torceríanse rápidamente para os de Sachas. No minuto 5 adiantáronse os visitantes nunha xogada na que a zaga pontenovesa non foi capaz de despexar o balón, quedando solto no punto de penalti dónde apareceu un dianteiro mindoniense mandando un trallazo que se colou pola escadra da portería de César. Precisamente este era o primeiro partido para o porteiro dende o seu retorno ó Sporting, firmando unha boa actuación defendendo o arco pontenovés. Logo dese gol o Mondoñedo continuou controlando o partido sen pasar demasiados apuros, aínda que tampouco tivo grandes ocasións para ampliar a ventaxa. Mentres, os da Mina intentaban meterse no partido e gozaron dalgunha oportunidade para o empate, pero a falta de gol volvíase a poñer de manifesto e sería aínda máis palpable no segundo tempo. Pouco máis que salientar neste primeiro tempo, polo que os xogadores fóronse ós vestiarios co 0-1.
Creceu en intensidade o partido co inicio do segundo período. Os de Sachas gañaban terreo co paso dos minutos e as oportunidades non tardaron en producirse. Javi e Javín foron un auténtico incordio para os defensores rivais durante os segundos 45 minutos, e foi o pontenovés quen tivo a primeira ocasión nunha xogada na que disparou case sen ángulo cando varios compañeiros esperaban o "pase da morte", pero a pelota rematou en córner desviado polo porteiro. As bandas tamén foron un recurso bastante utilizado gracias á calidade e ó desborde de Iván e de Otto, así como as aparicións de Marcos Conde subindo a banda dereita. Por alí chegaron en varias ocasións pero por un motivo ou por outro non se materializaban. Mediado o segundo tempo chegou o ansiado empate. Xogada moi parecida á anterior oportunidade de Javi, pero nesta ocasión consegue sacar o pase atrás e aparece Javín para empuxar o balón conseguindo o merecido empate para os de Sachas. O partido estaba moi controlado e parecía cuestión de tempo que chegara o gol da victoria, e aínda máis cando os da cidade diocesana quedaron con un home menos por unha expulsión por doble amarela. Outra vez Javi tivo o gol nas súas botas, pero cruzou demasiado o balón nunha xogada na que encarou só ó gardameta visitante. Os minutos pasaban e o marcador non se movía, pero os pontenoveses seguían asediando o marco visitante. Quedando 5 minutos tívoa Javín nunha xogada embarullada dentro da área, pero o seu remate de pícaro sacouno o porteiro mindoniense cando o balón se colaba pola escadra e cando xa se cantaba o gol na Mina. Pero a mala sorte volveuse a cebar co Sporting. No minuto 95 e nun dos únicos acercamentos do Mondoñedo á meta de César neste segundo tempo, o balón acaba en córner. A zaga pontenovesa despexa o balón, que cae nos pés dun xogador visitante que volve a colgar o balón na área, collendo á defensa sportinguista saíndo, e deixando sós a 3 rivais. O árbitro non ve fóra de xogo e a xogada acaba no gol que significou a derrota. Non houbo tempo para máis.
Con esta derrota o Sporting queda no posto 13º con 18 puntos, a 3 do 14º, o Parga, pero só a 3 do 9º, posto que agora ocupa o Mondoñedo. Os dous últimos da clasificación son o San Ciprián e o Candelaria, con 5 e 12 puntos respectivamente. Precisamente os de Rúa serán os próximos rivais dos de Sachas, o próximo fin de semana na localidade cervense, nun partido que será tamén clave para alonxarse dos postos de perigo.

Aut. Xuvenil: O Sporting non ten piedade dun Ribadeo moi inferior e golea de novo (0-5)

Seguen imparables os rapaces de Moirón, e esta vez a víctima foi o Ribadeo. O partido celebrouse o pasado sábado no campo de Outeiro, na Devesa, e pese á mala tarde que estivo é de agradecer a cantidade de xente que se desplazou dende a Pontenova. O estado do terreo de xogo non facía presaxiar un partido nada bonito, e aínda que o Sporting o intentou por momentos, foi un encontro que non brillou precisamente polo toque, culpa do barrizal no que se converteu o céspede. Tardou en chegar o primeiro, aínda que dende o minuto 1 os da Mina levaron a iniciativa a tiveron case exclusivamente as oportunidades, pero parecía que o balón non quería entrar. Turbo ou Matelo tiveron o gol nas súas botas, e foi precisamente este último o encargado de abrir a lata arredor do cuarto de hora, cun tiro cruzado que significaba o seu vixésimo tanto en Liga. O segundo chegou poucos minutos máis tarde e levou tamén a firma do dianteiro asturiano. Antes do descanso, sería Turbo quen lograse o 0-3 deixando o partido sentenciado quedando aínda 45 minutos.
O segundo tempo comezou como rematou o primeiro, cun monólogo pontenovés dende o pitido inicial, aínda que con dificultades de cara a porta pois as oportunidades foron moi numerosas e o marcador estaba sendo corto polo visto no terreo de xogo. O 0-4 parecía resistirse pero por inercia acabou chegando, sendo Christian o encargado de conseguilo mediado o segundo período. As ocasión sucedíanse e o Ribadeo íase desmoronando co paso dos minutos véndose superado por un Sporting que non lles deu tregua e non lles concedeu nin media oportunidade para inaugurar o seu casilleiro. O definitivo 0-5 produciuse co partido xa morrendo, obra de Matelo, o que significou un novo hat-trick do punta e o colofón a un partido no que se volveu a demostrar a superioridade dos de Moirón nesta Liga.
Con esta victoria, o Sporting Pontenova segue de líder unha semana máis. O cambio máis importante na táboa prodúcese no segundo posto, pois agora o que ocupa esa praza é o Lourenzá a 6 puntos dos pontenoveses. Persígueno o Foz e o Sagrado Corazón. O seguinte encontro será na Mina o próximo fin de semana ante o Meira, nun partido sempre moi disputado debido á rivalidade existente entre os conxuntos.

domingo, 17 de enero de 2010

Resultados

Sábado 16 de Xaneiro, 16:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 18
A Devesa
Ribadeo F.C. 0 - 5 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Matelo, 0-2 Matelo, 0-3 Turbo, 0-4 Christian, 0-5 Matelo

Domingo 17 de Xaneiro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 17
Campo da Mina
Sporting Pontenova 1 - 2 Mondoñedo Ciudad
Goles: 1-1 Javín

jueves, 14 de enero de 2010

A xornada

  • Sábado 16 de Xaneiro, 16:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 18
Pepe Barrera (Ribadeo)
Ribadeo F.C. - Sporting Pontenova

Retoma o líder a competición logo de casi un mes de parón. Será coa visita ó campo dun sempre complicado Ribadeo, instalado na metade da táboa e que leva varios partidos sen sacar un resultado positivo como local, polo que sairá a por todas diante dos de Moirón. Os pontenoveses, pola súa parte, intentarán continuar a espectacular racha de xogo e victorias coa que remataron o ano.

  • Domingo 17 de Xaneiro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 17
Campo da Mina
Sporting Pontenova - Mondoñedo Ciudad

Volve o fútbol á Mina, e será cun dos clásicos do fútbol comarcal que vai enfrontar ó Sporting co Mondoñedo do ex-sportinguista Noly. Será, presumiblemente, un encontro moi disputado pois ambos conxuntos están empatados a puntos na táboa e intentan escapar dos postos de descenso, situados agora mesmo a 6 puntos de distancia. O que saia gañador da Mina sairá moi reforzado moralmente pois deixará a 3 puntos a un rival directo.

sábado, 9 de enero de 2010

Neve no Campo da Mina

Vendo o estado que presentaba o Campo da Mina esta mañá, enténdese perfectamente a decisión que tomou a Federación de aplazar tódolos partidos da xornada. Graciñas a Gión polas fotos, nas que se ve unha panorámica do campo que había moitos anos que non se producía.

viernes, 8 de enero de 2010

Suspendidos os partidos desta fin de semana

A Federación Galega de Fútbol anunciou que quedan suspendidos os partidos desta xornada en categoría rexional e fútbol base debido ó temporal de neve, polo que o encontro de xuveniles Sporting-Sagrado e o de 2ª Autonómica Pol-Sporting quedan aplazados ata novo aviso. Nos próximos días estableceránse as novas datas para a disputa dos choques.