jueves, 28 de enero de 2010

2ª Autonómica: Importantísima victoria en Rúa ante o Candelaria nun partido moi polémico (1-2)

Victoria moi importante a conseguida o pasado sábado no campo de A Granda, en Rúa, ante un rival directo pola permanencia. Tíñaselle ganas ó Candelaria logo da intensa pelea polo ascenso a pasada campaña e polo partido da primeira volta, no que os visitantes lograron un empate in-extremis logo dunha gran remontada do Sporting.
Dende o primeiro minuto visualizouse o que iba ser o encontro: o estado do terreo de xogo era lamentable, case impracticable, polo que o fútbol directo acabou por establecerse en ambos conxuntos e o pelotazo convertiuse no recurso máis utilizado. Isto, unido ó xogo duro desplegado por parte dos locais, non axudou a ver un fútbol demasiado vistoso. Aínda así, os de Sachas controlaron o partido en todo momento e non pasaron excesivos apuros, incluso puideron adiantarse nunha xogada na que Javín consegue superar o porteiro pero o balón quedou freado nunha poza, polo que finalmente conseguiu atrapalo. Con boas sensación marcháronse ós vestiarios, pero co 0-0 inicial.
No segundo tempo medrou a intensidade do choque, e a veteranía dos de Devesa saíu a relucir en varias accións. Pero os de Sachas non lle perderon a cara ó encontro e continuaron dominando sen conceder prácticamente ocasións. Así, arredor do minuto 15, un gran pase de Villy á espalda da defensa chégalle a Javín, que define de maneira perfecta colocando o 0-1 no marcador e facendo xustiza ó visto no "céspede". Seguiron os pontenoveses controlando ben o xogo, pero nunha xogada moi rigurosa chegaría o empate do Candelaria. Á saída dun córner, o balón rebota en Manu e chega ás maus de Juanki. O árbitro, incompresiblemente, pita libre indirecto a escasos metros da portería. No saque, e con todo o equipo na barrera, o balón consigue superala e entra pegadiño ó pau da portería. Non baixou os brazos o Sporting e 10 minutos despois, quedando 15 para o final, volveu a poñerse por diante nunha xogada na que Cholas centra dende a banda dereita ó segundo pau dónde Javín fai unha deixada perfecta para que Maqueto marque a placer de cabeza. Volvían a poñerse por diante os da Mina nun partido no que estaban demostrando a súa superioridade, e non volveron a pasar apuros de ahí ó final do partido, mostrándose moi serios en defensa. Incluso puideron ampliar a vantaxe quedando 3 minutos para o final, nunha xogada na que Javín e Javi dirixíanse completamente sólos hacia a portería cervense logo de superar a toda a defensa. Pero nese momento producíuse a xogada máis lamentable e surrealista do partido. Ó porteiro suplente do Candelaria, que estaba no banquillo, non se lle ocurriu mellor maneira de evitar o gol que tirando un balón para cortar o ataque pontenovés. O resultado, só unha tarxeta amarilla e unha tangana importante entre os xogadores visitantes contra a grada e o banquillo. Aínda así, o partido rematou cunha gran victoria dos de Sachas ante un rival directo que sirve para aumentar distancia cos postos de descenso, un deles ocupado precisamente polo Candelaria.
O seguinte partido será un atractivo derbi na Mina ante o Meira, 5º na táboa a só 3 puntos do Sporting, que agora sitúase 10º con 23 puntos no casilleiro.

No hay comentarios: