martes, 15 de junio de 2010

Aut. Xuvenil, Fase de Ascenso: O fútbol volve a ser cruel co Sporting (2-1)

Ambiente de gala o que presentaba A Mina o pasado sábado para presenciar o Sporting Pontenova - Noia, no que os locais tiñan que remontar un 2-0 para ser equipo de Liga Galega. No partido de ida os de Moirón xa se mostraran superiores en todo, excepto no resultado, polo que as esperanzas para a volta estaban intactas e as ilusións ó máximo.
Era ou todo ou nada, polo que o entrenador pontenovés apostou por un once con só tres defensas, e visto o comezo parecía que a xogada lle ía saír da mellor maneira posible. No minuto 2, falta a 25 metros da portería e Leivas, cun trallazo imparable, clava o balón na escadra subindo o primeiro ó marcador. O reto estaba máis cerca. A partir de ahí, monólogo pontenovés. As ocasións non pararon de chegar, a máis clara por parte de Turbo que cabeceou alto un centro de Antón cando o porteiro estaba xa batido. Tontxu, de falta directa, ou Arango con un tiro lonxano tamén puideron ampliar a ventaxa pero os seus disparos non atoparon porta. Matelo tamén estivo moi activo, pero o férreo marcaxe ó que o someteron os centrais do Noia fixo que estivese moi controlado durante todo o encontro, aínda que gozou de algunha oportunidade pero seguiu negado de cara ó gol. Cristian e Antón tamén tiveron alternativas pero, pese ó control apabullante do Sporting, ó descanso chegouse co solitario gol de Leivas quedando 45 minutos por diante para lograr a machada.
Iniciouse o segundo tempo cun guión calcado ó primeiro. Primeiros minutos, saque de banda cerca da área do Noia, Roxo que saca con forza e Leivas, no borde da área pequena, cabecea sen mirar superando por alto ó porteiro visitante. Estalla A Mina co gol que significaba empatar a eliminatoria con 40 minutos aínda por disputarse. O tanto espoleou aínda máis ós de Moirón e seguiron buscando o terceiro con insistencia, tanto que os defensores barbacenses estaban comezando a desesperarse e algún incluso se xogou a expulsión, sobre todo cunha entrada a Matelo que mereceu a roja pero foi perdoada polo árbitro. O xogo directo comezou a ser un recurso moi utilizado polos locais, pero pouco efectivo xa que os dianteiros incurriron en fóras de xogo en numerosas ocasións. O Noia, polo momento, seguía sen aparecer pola Mina. Leivas puido lograr o hat-trick cun remate de cabeza, pero o balón marchou desviado por pouco. Un dos protagonistas deste acto foi Christian, especialmente activo e que foi un auténtico pesadelo para a zaga blanca, á que desbordou unha e outra vez e incluso puido conseguir o terceiro cun gran disparo á saída dun córner que se marchou rozando o longueiro. Tontxu tamén rozou o tanto pero o seu centro-chut foise lamendo a escadra. Pero a ocasión máis clara neste segundo tempo foi de novo para Turbo, que despois de regatear ó porteiro, o seu disparo foi salvado por un defensor na línea de gol cando Matelo esperaba sen marca na área pequena, pero o dianteiro de Pol non foi capaz de velo. O tempo acabábase e o terceiro non daba chegado. Turbo volveu a estar cerca, pero a súa chilena foise alta. E cando o todo apuntaba á prórroga, xa no desconto, chegou o peor desenlace posible. Nunha das escasas chegadas do Noia en toda a eliminatoria, un disparo dende o borde da área entrou pegado ó pau da meta de Xoel, silenciando a Mina. Despedíanse así outra vez os gualdinegros do soño da Liga Galega, pois eran necesarios 2 goles para superar a eliminatoria e só quedaban 2 minutos por xogarse. Non puido ser, non houbo tempo para máis.
Da peor forma posible, da máis cruel, rematou de novo a andadura do Sporting Pontenova na Fase de Ascenso a Liga Galega. O guión foi similar ó do pasado ano co Galicia Gaiteira, sendo superior ó rival pero quedando eliminado sobre todo pola falta de acerto de cara a porta, aínda que facendo un papel excelente sobre o campo. A diferencia, que nesta ocasión a eliminatoria era a definitiva e o obxetivo tocouse cos dedos. Sen embargo, esta xeración de xogadores, dos que moitos abandonan o equipo xuvenil ó rematar esta etapa, quedará sempre no recordo dun pobo que se volcou coma nunca co Sporting, enchendo a Mina e teñindo de gualdinegro tanto as súas gradas como as de Porto do Son ou Noia, dónde deron exemplo de ser unha gran afición desplazando arredor de 100 persoas á outra punta de Galicia. Pero como a historia xa lles debe dous ascensos, seguro que nos próximos anos o verán compensado, algo que esperemos o poidamos disfrutar co primeiro equipo, que recollerá os frutos desta excelente xeración. Tanto a eles como ós que non seguirán con nós só queda felicitalos e darlles as gracias por defender con tanto orgullo e esforzo estas cores.

NORABOA RAPACES

Fotos: Carlos Fontano

lunes, 14 de junio de 2010

Vídeo Sporting Pontenova - Noia F.C.



Vídeo resumo do partido de volta da última ronda da Fase de Ascenso a Liga Galega entre o Sporting Pontenova e o Noia no Campo da Mina (2-1).

Fonte: www.pontetolo.com

sábado, 12 de junio de 2010

Resultados

Sábado 12 de Xuño, 18:00 h.
Fase de Ascenso a Liga Galega
Ronda Final (Volta)
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 2 - 1 Noia C.F.
Goles: 1-0 Leivas, 2-0 Leivas

A Xornada

  • Sábado 12 de Xuño, 18:00 h.
Fase de Ascenso a Liga Galega
Ronda Final (Volta)
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova- Noia C.F.

Chegou o día. O día máis importante da historia do Sporting Pontenova xuvenil. Só 90 minutos separan ós pontenoveses da gloria do ascenso a Liga Galega. O gran impedimento, os 2 goles que traen de desventaxa do partido de ida en Noia, pero que loitarán por darlle a volta apelando ó espíritu da Mina, dónde levan case dous anos sen perder. E de seguro que entre todos, cunha marea gualdinegra que máis que marea vai ser un maremoto, vámolo conseguir, nunha tarde que pase o que pase vai pasar á historia do Sporting Pontenova. Ánimo rapaces, estamos con vosoutros e sabemos que todos unidos podemos.

jueves, 10 de junio de 2010

O sábado, no descanso do partido, sorteo dunha cesta

De novo o Sporting Pontenova dáche outra razón, por se había poucas, para asistir ó partido da fase de ascenso á Liga Galega xuvenil que o vai enfrontar ó Noia o próximo sábado. Igual que ocurriu no choque ante o Porto do Son coa camiseta de Andrés Iniesta, no descanso do encontro vaise realizar un sorteo, esta vez dunha excelente cesta con gran variedade de productos que vas poder conseguir mercando as papeletas ó módico precio de 1€ na entrada no Campo da Mina. Recordámosche que á cita será o próximo sábado ás 6 da tarde.

martes, 8 de junio de 2010

Entrega do Premio Líder ó mellor entrenador xuvenil a Dani Moirón

lunes, 7 de junio de 2010

Aut. Xuvenil, Fase de Ascenso: A eliminatoria complícase logo de caer en Noia (2-0)

Outra vez, como xa pasara ante o Galicia Gaiteira fai agora un ano, o Sporting Pontenova terá que afrontar o partido de volta con un 2-0 en contra. A diferencia é que nesta ocasión a eliminatoria é a definitiva, o último escalón hacia o ascenso a Liga Galega. O partido disputouse o pasado sábado en Noia, dónde outra vez a marea gualdinegra deixouse notar desplazando un gran número de persoas e teñindo de amarillo e negro as gradas de San Lázaro, dónde só se escoitaban os cánticos da afición sportinguista.
O choque comezou de maneira esperanzadora. Os de Moirón fixéronse co dominio dende o minuto 1 e as chegadas perigosas eran case continuas. Ahí xa se comezou a notar o que sería o gran problema para os visitantes durante todo o partido: a falta de pegada. O Sporting gozou de numerosas ocasións durante o primeiro cuarto de hora, pero un Matelo que segue reñido co gol na fase de ascenso non acertou en ningunha das que tivo, igual que Christian ou Turbo. A velocidade do ataque pontenovés estaba sendo un perigo constante para o Noia, que se vía superando unha e outra vez en rápidos contragolpes e con balóns largos dende a defensa que aproveitaban Antón e Christian para superar a zaga local buscando un rematador que non aparecía. E como o que perdona acaba pagando, foron os locais os que se adiantaron no marcador, nunha xogada nacida nun cambio de orientación que colle á defensa descolocada que permite que o dianteiro reciba sen marca a 3 metros da portería, marcando a placer. Poñíase costa arriba un encontro que parecía controlado por parte dos de Moirón, que a raíz do gol encaixado pasaron os seus peores momentos neste primeiro tempo, pero co paso dos minutos volveron a collerlle o pulso ó partido e a levar perigo á meta local. Antes de chegar ó descanso a ocasión máis clara foi para Turbo, que a punto estivo de marcar dende fóra da área logo dun pase de Arango. Pero non houbo máis goles e co 1-0 fóronse ó vestiario.
A segunda parte comezou co Sporting volcado en busca do empate. E a piques estiveron de recoller os frutos nun córner no que o gol puido chegar ata en 3 remates, pero o último cabezazo de Bruno acabouno salvando a defensa do Noia debaixo dos paus cando xa se cantaba o gol. Non se rendiron os gualdinegros e seguiron tentando a sorte, pero non era o día e o balón non quería entrar a pesar de estar case constantemente rondando a meta coruñesa. E como pasara no primeiro tempo, o destino tíñalle preparado outro mazazo ó Sporting. Nunha xogada sen aparente perigo, un centro dende a banda dereita envenénase a acaba batindo a Xoel por alto, subindo así o 2-0 ó marcador. A empresa parecía moi difícil pero os de Moirón continuaron o seu acoso buscando un tanto que os metese no partido e na eliminatoria. Pero non puido ser, e o partido rematou con ese resultado.
Tocará apelar outra vez ó espíritu da Mina, que nunca fallou nas grandes citas e de seguro que non o vai facer o próximo sábado ás 18:00 horas no partido de volta, dónde se necesitarán polo menos 3 goles para conseguir o ansiado ascenso. De novo agradecer a toda a afición que cruzou Galicia para presenciar o partido en Noia e que non deixaron de animar durante os 90 minutos, facendo outra vez que o Sporting Pontenova se sentise como na casa.

domingo, 6 de junio de 2010

Resultados

Sábado 5 de Xuño, 18:00 h.
Fase de Ascenso a Liga Galega
Ronda Final
San Lázaro (Noia)
Noia C.F. 2 - 0 Sporting Pontenova

viernes, 4 de junio de 2010

A Xornada

  • Sábado 5 de Xuño, 18:00 h.
Fase de Ascenso a Liga Galega
Ronda Final
San Lázaro (Noia)
Noia C.F. - Sporting Pontenova

Logo de superar ó Porto do Son no primeiro asalto, os de Moirón chegan á ronda definitiva donde se atoparán con outro conxunto da Costa da Morte, o Noia. Con fama de equipo duro e aguerrido, os pontenoveses intentarán impoñer a súa calidade no partido de mañá, e voltar con un resultado positivo que deixe a eliminatoria aberta para a resolución o próximo fin de semana no Campo da Mina, dónde o Sporting leva ano e medio invicto. Outro punto a favor para o partido será outra vez a marea gualdinegra, que desplazará de novo a cerca de 150 aficionados que teñirán San Lázaro de amarillo e negro, como xa ocurrira no anterior compromiso no Son. A cita, mañá sábado ás 18:00 en Noia.

martes, 1 de junio de 2010

Desplazamento a Noia

Como sucedeu ante o Porto do Son, o Sporting Pontenova vai poñer en disposición da afición un autobús para asistir ó partido de ida da última ronda da Fase de Ascenso a Liga Galega, en Noia. A hora de saída será ás 12 da mañá na Plaza dos Fornos, con parada para comer en Casa Balboa. O prezo con comida incluída será de 15 euros, aínda existe unha opción para apuntarse gratuitamente pero que non inclúe xantar. A hora de chegada a Noia está prevista para as 17:15 - 17:30. O partido comeza ás 18 da tarde. Para apuntarse estarán dispoñibles os medios habituais: hai listas abertas nos bares Montes, Puente e Lennon, e por correo electrónico a través de sportingpontenova@gmail.com e pontenova.es@gmail.com. A fecha límite para apuntarse será o próximo xoves día 3 ás 9 da noite. Contamos contigo!

Aut. Xuvenil, Fase de Ascenso: O soño continúa logo de superar o primeiro escalón (3-1)

A previsión, vendo os precedentes, era dunha gran tarde na Mina. E así foi. Dende case unha hora antes do partido o feudo pontenovés comezou a rexistrar o ambiente das grandes tardes, con un colorido gualdinegro poucas veces visto ata agora. E no momento de comezar o partido, o aspecto do campo era impresionante, animado tamén pola afición visitante, que aínda sen ser moitos, fixéronse sentir en todo momento.
O encontro comezou cun Sporting nervioso, dubitativo, que parecía sentir a presión dun ambiente que non cesou de apoialos en ningún momento. E máis cando peor o pasaron, nos primeiros 15 minutos dónde o dono do partido foi o Porto do Son, que dispuxo da primeira gran oportunidade mandando un balón ó longueiro nunha falta directa. A contestación foi igual de contundente por parte de Picota, que case cola un despexe dende 60 metros que acabou golpeando no pau cando o porteiro estaba xa superado. Pero ó que máis lle temían os de Moirón era a recibir un gol en contra, xa que necesitarían 2 como mínimo para superar a eliminatoria. E iso sucedeu arredor do minuto 10. Nun balón aparentemente sen perigo, a falta de contundencia na defensa facilitou o gol visitante, logo de que o esférico rebotase na madeira e quedase morto para que un atacante do Son marque a pracer. Poñíase costa arriba o desafío, pero iso pareceu animar ós xogadores e ó público e a partir dese momento comezouse a ver o Sporting das grandes tardes. Matelo puido conseguir o empate nun par de ocasións, pero e ambas o porteiro visitante estivo máis atinado e non lle permitiu ó asturiano inaugurar a súa conta. Pero aínda así non tardaría en chegar o primeiro da tarde para os locais. Cerca do minuto 25, nun barullo dentro da área, Turbo acabou fusilando por baixo ó gardameta no disparo que significou o comezo da remontada. Dende ese gol, a afición levou aínda máis en volandas ó equipo e antes do descanso conseguiu darlle a volta ó marcador, gracias a un gol de Antón noutro balón solto dentro da área e con un chisco de fortuna. Nese momento o Sporting estaba xa clasificado, pero aínda quedaba moito partido para sufrir e o Porto do Son non ía conceder nin o máis mínimo respiro. Así se chegou ó descanso.
No segundo tempo os pontenoveses saíron dende o principio na busca do terceiro gol, o da tranquilidade. Pero os visitantes, sabedores de que un gol daríalles o pase, non baixaron a intensidade e puxeron en serios apuros ós de Moirón, sobre todo nos últimos 15 minutos. As oportunidades seguiron chegando para ambos bandos. Polo Sporting, puideron marcar Turbo, Antón, Tontxu ou Matelo, pero o gol seguíase resistindo e a ansiada sentencia parecía cada vez máis difícil. Sobre todo cando, a falta dun cuarto de hora, o árbitro anulaba un gol de Turbo logo dunha gran xogada de estratexia, que acabou con un tiro ó pau de Roxo que rematou a gol o de Pol, supostamente en posición antirregulamentaria, logo de cazar o rebote. A partir dese momento os do Son viñéronse arriba e comezaron a asediar continuamente o marco de Xoel, pero a sólida defensa pontenovesa conseguiu impedir unha e outra vez as acometidas rivais. E, por se quedaba algunha dúbida, no tempo de desconto chegou o definitivo 3-1, obra de Tontxu cun remate dende o punto de penalti noutro balón solto. E non houbo tempo para máis.
Nese momento A Mina estallou de alegría no que significou outra gran tarde de fútbol na Pontenova, á que esperemos se lle una outra dentro de 15 días coa visita do Noia, que será o rival na última ronda de cara ó ascenso logo de deixar na cuneta ó Lalín. Pero antes, o próximo sábado, xogaráse o partido de ida na localidade da Costa da Morte, ás 18:00 da tarde. Para facilitar o desplazamento de afeccionados, o clube poñerá á súa disposición un autobús que sairá da plaza dos foron ás 12 da mañá.
E por suposto, agradecer a toda a afición que encheu a Mina o pasado sábado con máis de 500 persoas que non pararon de animar en todo o partido, e que volveron a darlle un colorido impresionante ó noso campo. E tamén felicitar ó Porto do Son polo seu gran papel e polo seu excelente comportamento tanto na Pontenova como no partido de ida.