lunes, 7 de junio de 2010

Aut. Xuvenil, Fase de Ascenso: A eliminatoria complícase logo de caer en Noia (2-0)

Outra vez, como xa pasara ante o Galicia Gaiteira fai agora un ano, o Sporting Pontenova terá que afrontar o partido de volta con un 2-0 en contra. A diferencia é que nesta ocasión a eliminatoria é a definitiva, o último escalón hacia o ascenso a Liga Galega. O partido disputouse o pasado sábado en Noia, dónde outra vez a marea gualdinegra deixouse notar desplazando un gran número de persoas e teñindo de amarillo e negro as gradas de San Lázaro, dónde só se escoitaban os cánticos da afición sportinguista.
O choque comezou de maneira esperanzadora. Os de Moirón fixéronse co dominio dende o minuto 1 e as chegadas perigosas eran case continuas. Ahí xa se comezou a notar o que sería o gran problema para os visitantes durante todo o partido: a falta de pegada. O Sporting gozou de numerosas ocasións durante o primeiro cuarto de hora, pero un Matelo que segue reñido co gol na fase de ascenso non acertou en ningunha das que tivo, igual que Christian ou Turbo. A velocidade do ataque pontenovés estaba sendo un perigo constante para o Noia, que se vía superando unha e outra vez en rápidos contragolpes e con balóns largos dende a defensa que aproveitaban Antón e Christian para superar a zaga local buscando un rematador que non aparecía. E como o que perdona acaba pagando, foron os locais os que se adiantaron no marcador, nunha xogada nacida nun cambio de orientación que colle á defensa descolocada que permite que o dianteiro reciba sen marca a 3 metros da portería, marcando a placer. Poñíase costa arriba un encontro que parecía controlado por parte dos de Moirón, que a raíz do gol encaixado pasaron os seus peores momentos neste primeiro tempo, pero co paso dos minutos volveron a collerlle o pulso ó partido e a levar perigo á meta local. Antes de chegar ó descanso a ocasión máis clara foi para Turbo, que a punto estivo de marcar dende fóra da área logo dun pase de Arango. Pero non houbo máis goles e co 1-0 fóronse ó vestiario.
A segunda parte comezou co Sporting volcado en busca do empate. E a piques estiveron de recoller os frutos nun córner no que o gol puido chegar ata en 3 remates, pero o último cabezazo de Bruno acabouno salvando a defensa do Noia debaixo dos paus cando xa se cantaba o gol. Non se rendiron os gualdinegros e seguiron tentando a sorte, pero non era o día e o balón non quería entrar a pesar de estar case constantemente rondando a meta coruñesa. E como pasara no primeiro tempo, o destino tíñalle preparado outro mazazo ó Sporting. Nunha xogada sen aparente perigo, un centro dende a banda dereita envenénase a acaba batindo a Xoel por alto, subindo así o 2-0 ó marcador. A empresa parecía moi difícil pero os de Moirón continuaron o seu acoso buscando un tanto que os metese no partido e na eliminatoria. Pero non puido ser, e o partido rematou con ese resultado.
Tocará apelar outra vez ó espíritu da Mina, que nunca fallou nas grandes citas e de seguro que non o vai facer o próximo sábado ás 18:00 horas no partido de volta, dónde se necesitarán polo menos 3 goles para conseguir o ansiado ascenso. De novo agradecer a toda a afición que cruzou Galicia para presenciar o partido en Noia e que non deixaron de animar durante os 90 minutos, facendo outra vez que o Sporting Pontenova se sentise como na casa.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Es muy triste que el sábado hubiera celebración en Puentenuevo por la derrota de los juveniles en Noia, por parte de algún jugador del equipo de Regional que también forma parte de la directiva...¡PENOSO!