lunes, 31 de agosto de 2009

Amistoso: Un Riotorto máis enchufado vence na Mina (1-3) no derbi da pretemporada

Nova proba do Sporting Pontenova antes do comezo de liga, e nova derrota, esta vez ante o Riotorto, conxunto entrenado por Roberto Ramallal e que actualmente milita na Primeira Autonómica. Bo aspecto das gradas da Mina, como é costumbre nos partidos ante equipos veciños. Os visitantes mostráronse superiores en case todo o partido, encerrando ós anfitrións no seu campo e levando continuo perigo á portería de Juanki. Puideron abrir o marcador ós 20 minutos cunha vaselina que se foi ó longueiro, pero non tardaría en chegar o primeiro gol, minutos máis tarde. E pouco despois, o 0-2, con outra veselina que esta vez si que se colou na meta local. Poucas aproximacións do Sporting, agás algún disparo de Antón ou Puente. E preto do descanso, nunha internada de Javi pola banda dereita, o árbitro invéntase un penalty que transformaría Maqueto, índose os xogadores ós vestiarios con 1-2. O segundo tempo comezou con numerosos cambios, e coa presencia no Riotorto de dous ex-sportinguistas, Muso e Venancio. Coas novas entradas notouse certa melloría nos locais, que tiveron algunha ocasión para empatar, por medio de Matelo e sobre todo de Turbo, que a punto estivo de marcar un golazo de cabeza. Pero, nun acción de mala sorte, un despexe de Juanqui rebotou en Garboso e situou no marcador o definitivo 1-3. O resultado puido variar de ahí ó final con algunha oportunidade en ambos bandos, pero así se chegaría ó remate.
Nova derrota na pretemporada do conxunto de Sachas, que tivo que afrontar outro encontro cun equipo de circunstancias, reforzado por numerosos xuveniles, xa que finalmente non se disputou na mañá de onte o seu partido ante o Meira. A 15 días do comezo da competición, o Sporting Pontenova segue collendo ritmo de partidos e disputaráse outro amistoso o fin de semana próximo. Nesta web anunciaremos nos próximos días o nome do rival, a data e a hora do encontro.

miércoles, 26 de agosto de 2009

A Mina disfrutará de dous derbis o próximo domingo

Doble ración de fútbol o próximo domingo 30 de agosto no Campo da Mina, e os dous partidos, aínda que sendo amistosos, serán moi atractivos por tratarse de dous clásicos comarcais. Os xuveniles abrirán o telón ás 12 da mañá ante o Meira, no que será o seu segundo partido nesta pretemporada. No anterior golearon ó Pastoricense por 4-0, tamén na Mina.
O segundo encontro enfrontará, ás 19:30 da tarde, ó equipo sénior do Sporting Pontenova contra o Riotorto, repetindo o enfrontamento de anteriores pretemporadas. Será, no caso do Sporting, o terceiro partido preparatorio, e buscarase unha victoria que quite o mal sabor de boca das dúas derrotas anteriores.

lunes, 24 de agosto de 2009

Amistoso: O equipo de 2ª Autonómica cae ante o Pastoricense (3-0) noutro ensaio de cara a temporada

O Sporting Pontenova saiu derrotado por 3 a 0 este domingo na súa visita ó campo do Pastoricense. A 3 semanas do comezo da competición oficial, o conxunto de Sachas acudíu a este encontro bastante mermado polas baixas e con numerosos xuveniles entre os seus integrantes, e viuse superado por un conxunto que está chamado a ser un dos "gallitos" da categoría, pero que tamén contaba con baixas importantes neste choque. Logo de dous tropezos seguidos nesta pretemporada, o Sporting intentará seguir pulindo erros típicos destas datas para comezar da mellor maneira posible a competición ligueira ante o Pol.
Ó longo da semana informaremos do lugar e da fecha do próximo amistoso.

Sporting Pontenova: Xoel; Arango, Gene, Manurrias, Noé; Javi, Iván, Garboso, Antón; Puente e Matelo. Tamén xogaron Leivas e Eloy Castro.

viernes, 21 de agosto de 2009

Amistoso: Os xuveniles estrénanse goleando ó Pastoricense na Mina (4-0)

O partido disputado hoxe venres ás 6 da tarde rematou con goleada do Sporting, que venceu ó conxunto de Pastoriza por 4-0. Moitas caras novas no equipo pontenovés, que deron un moi bo rendemento a pesar de ser o primeiro partido da pretemporada. Unha delas, Antón, foi o encargado de inaugurar o marcador. O resto de goles foron marcados por Matelo, en dúas ocasións, e Christian. Con este encontro Moirón comeza a perfilar o novo Sporting, que arrancará a competición o próximo 5 de setembro ante o Pol na Mina.

lunes, 17 de agosto de 2009

Xa se poden consultar os calendarios da competición ligueira

Nos menús da dereita xa podedes consultar os calendarios que terán que afrontar tanto o equipo xuvenil como o sénior na liga 2009-2010, que está a piques de comezar. Ambos equipos compartirán rival na xornada inaugural do campeonato, a S.D. Pol, aínda que en diferentes datas. O primeiro en comezar será o equipo xuvenil, o día 5 de setembro na Mina, e unha semana despois, o día 13, comezará a competición na segunda rexional cun sempre interesante Sporting Pontenova - Pol, conxunto dirixido polo ex-entrenador pontenovés Miranda.

domingo, 9 de agosto de 2009

Amistoso: O Sporting vence ó Muralla (3-1) na primeira proba da pretemporada

O Sporting saiu victorioso do seu primeiro ensaio de pretemporada, ante o Atlético Muralla. Foi un encontro típico destas datas, con moitas imprecisións e falto de ritmo, pero que serviu a Sachas para probar a forma dos xogadores e darlle minutos a xuveniles como Christian, Xoel, Matelo ou Arango. Pronto se adiantaron os locais cun bonito gol de Rivas, que sorpredeu ó porteiro lucense cun disparon dende larga distancia que se colou pola escadra dereita. O segundo gol chegaría minutos despois, obra de Maqueto de penalty. Antes do descanso foron os visitantes quenes recortaron distancias no marcador. A segunda parte iniciouse con varios cambios no bando local, pero o xogo non se resentiu e o ritmo do partido continuou como na primeira metade. Sorprendeu o xogo duro dos lucenses en algún momento do choque, aínda que o único expulsado do encontro foi Carlos, que viu a tarjeta roja logo de protestar por unha dura entrada sobre Christian. E logo diso, primeiro Pablín e logo Matelo non puideron rematar o partido por problemas físicos, polo que o Sporting tivo que xogar varios minutos con só 8 xogadores, xa que os cambios estaban esgotados. Aínda así chegaría o terceiro gol, obra de Otto que conseguiu marcar dende unha distancia de 60 metros, pois o seu despexe superou o porteiro rival logo de botar e introduciuse na porteria. Con este espectacular tanto remataría o partido.
Este viernes volverá a haber partido, esta vez en Trabada ante un combinado da Garda Civil de Ribadeo, un encontro que pertencerá a un triangular que se vai disputar no Concello veciño durante a fin de semana. O segundo partido será o domingo ante un combinado local.

Sporting Pontenova: Xoel; Carlos, Gene, Garboso, Noé; Christian, Rivas, Maqueto, Otto; Javi, Puente. Tamén xogaron: Arango, Manu, Pablín, Matelo e Moirón.

miércoles, 5 de agosto de 2009

Hoxe bota a andar o Sporting 2009-2010

Hoxe ás 9 da noite o Sporting Pontenova, que este ano competirá no grupo 6 da Segunda Autonómica, celebra o seu primeiro adestramento. Outro ano máis serán Sachas e Cholas os encargados de dirixir a un equipo que bota a andar ca ilusión de conseguir, por primeira vez, manterse dúas temporadas seguidas en Segunda, pero nunca sen renunciar a obxetivos máis grandes. Próximamente publicaremos na web os integrantes da nova plantilla, que aínda non está cerrada.
Os xuveniles, que tamén repiten entrenador por terceiro ano, Moirón, comezarán o próximo día 10 de Agosto a preparar unha nova temporada na que terán que lidiar co papel de favoritos na súa liga, papel que se gañaron a pulso a pasada campaña logo do espectacular ano, quedándo segundos e sendo eliminados na segunda ronda previa á fase de ascenso. Igual que pasa coa plantilla sénior, o cadro de xuveniles aínda non está cerrado e nos próximos días publicaremos as novedades da nova temporada.