lunes, 31 de agosto de 2009

Amistoso: Un Riotorto máis enchufado vence na Mina (1-3) no derbi da pretemporada

Nova proba do Sporting Pontenova antes do comezo de liga, e nova derrota, esta vez ante o Riotorto, conxunto entrenado por Roberto Ramallal e que actualmente milita na Primeira Autonómica. Bo aspecto das gradas da Mina, como é costumbre nos partidos ante equipos veciños. Os visitantes mostráronse superiores en case todo o partido, encerrando ós anfitrións no seu campo e levando continuo perigo á portería de Juanki. Puideron abrir o marcador ós 20 minutos cunha vaselina que se foi ó longueiro, pero non tardaría en chegar o primeiro gol, minutos máis tarde. E pouco despois, o 0-2, con outra veselina que esta vez si que se colou na meta local. Poucas aproximacións do Sporting, agás algún disparo de Antón ou Puente. E preto do descanso, nunha internada de Javi pola banda dereita, o árbitro invéntase un penalty que transformaría Maqueto, índose os xogadores ós vestiarios con 1-2. O segundo tempo comezou con numerosos cambios, e coa presencia no Riotorto de dous ex-sportinguistas, Muso e Venancio. Coas novas entradas notouse certa melloría nos locais, que tiveron algunha ocasión para empatar, por medio de Matelo e sobre todo de Turbo, que a punto estivo de marcar un golazo de cabeza. Pero, nun acción de mala sorte, un despexe de Juanqui rebotou en Garboso e situou no marcador o definitivo 1-3. O resultado puido variar de ahí ó final con algunha oportunidade en ambos bandos, pero así se chegaría ó remate.
Nova derrota na pretemporada do conxunto de Sachas, que tivo que afrontar outro encontro cun equipo de circunstancias, reforzado por numerosos xuveniles, xa que finalmente non se disputou na mañá de onte o seu partido ante o Meira. A 15 días do comezo da competición, o Sporting Pontenova segue collendo ritmo de partidos e disputaráse outro amistoso o fin de semana próximo. Nesta web anunciaremos nos próximos días o nome do rival, a data e a hora do encontro.

No hay comentarios: