martes, 30 de diciembre de 2008

A prensa faise eco da gran traxectoria dos xuveniles


El equipo de Moirón fue el gran beneficiado de la jornada en juveniles al ganar al Lourenzá y empatar el Foz


El Pontenova fue el equipo mariñano más beneficiado de la jornada de la pasada jornada del grupo Norte de la Liga Provincial, al vencer por 2-1 al Lourenzá y aprovecharse del empate de su principal rival, el Foz, ante el San Ciprián. Los pontenoveses se afianzan en la segunda plaza y mantienen su imbatibilidad, aunque tuvieron que emplearse a fondo para superar a un correoso Lourenzá. El encuentro entre el Foz y el San Ciprián fue el más atractivo de la jornada, con muchas alternativas en el juego y en el marcador. El 4-4 final refleja el buen trabajo desarrollado por ambos equipos en el ataque y la igualdad que se vio durante los 90 minutos. El Foz continúa tercero, aunque se aleja un poco del Pontenova, segundo, y el San Ciprián continúa en la cuarta posición.La jornada se completó en lo que atañe a los equipos mariñanos con un contundente triunfo del Burela sobre el Ribadeo, 3-0; la victoria del Alfoz frente al Pol, 2-0; el empate entre el Cospeito y el Iberia, 3-3, y la derrota del Xove Lago frente al líder, Sagrado Corazón, por 0-5. La competición sufre un parón y no se reanudará hasta el fin de semana después de Reyes.
Solo dos puntos separan al Pontenova del primer clasificado
El Pontenova no cede en su empeño de dar caza al líder en la liga provincial juvenil. Viene de ganar (2-1) al Lourenzá en la nueva jornada, que se completó así: Alfoz-Pol (2-0), Foz-San Ciprián (1-1), Burela-Ribadeo (3-0), Meira-Pastoricense (2-0) y S.Corazón-Xove (5-0).

3ª Autonómica: O Sporting gaña en Codesido e segue na loita polo ascenso (0-1)

O Sporting Pontenova conseguiu un importante triunfo a domicilio no campo do Codesido. O partido ante o equipo chairego resolveuse no primeiro minuto, cun gol de Maqueto. O encontro foi bastante trabado por culpa do xogo duro do Codesido, que decidiron frear a maior calidade dos pontenoveses a base de patadas. Froito diso, Maqueto tivo que abandoar o campo na segunda metade despois de recibir unha brutal entrada do porteiro local, golpeándose a cabeza contra o chan na caída. A pesar de haber oportunidades para ambos conxuntos, o Sporting tivo o partido controlado o partido en todo momento e soubo manter esa ventaxa, coa que rematou o partido.
Esta victoria permitelle ao equipo de Sachas continuar na loita polos postos de ascenso a segunda rexional, situándose 5º ao remate da primeira volta do campeonato a 4 puntos do 3º clasificado, o Meira.

Xuveniles: Victoria ante o Lourenzá nun frouxo partido (2-1)

Mal partido o vivido na mina esta xornada, quizá o peor da temporada pero sacouse adiante con un resultado positivo que serve para sumar de novo outros 3 puntos. O partido foi moi tranquilo,no minuto 10 adiantábase o sporting con gol de Matelo tras unha boa xogada colectiva e así se chegou ó descanso. Logo, na reanudación chegou o 2-0 tamén obra de Matelo tras un erro da defensa visitante, e a 5 minutos para o final chegou o gol do Lorenzana que incomodou algo os minutos finales pero non tiveron ningunha ocasión clara para empatar. Os destacados do partido foron Matelo e Murias, que volveron facer un gran partido. Destacar o tropezo do Foz, que empatou na casa contra o San Ciprián o que nos permito poñelo xa a 5 puntos respecto da zona de ascenso a Liga Galega, sin duda a gran alegria da xornada. Agora chega o paron Navideño, e a descansar ata Xaneiro, cos deberes xa feitos da primeira volta. Facendo un balance, coa primeira metade da Liga xa rematada, destacar que foi a máis positiva da historia do Sporting xuvenil, estamos invictos, a dous puntos do líder e en zona de ascenso a Liga Galega, algo impensable ó inicio da temporada, pero a unidade do grupo, as ganas e intensidade que se mostran nos partidos, estanos levando cara a ese obxectivo.

Crónica enviada por Jorge Moirón, xogador do Sporting Pontenova xuvenil.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

3ª Autonomica: A imbatibilidade do Candelaria remata na Mina (3-0)

Gran partido o visto na Mina o sabado. O Sporting pasou por encima do Candelaria (que chegaba lider e invicto) de forma contundente. Como ven sendo habitual ultimamente, o cesped non auguraba un partido bonito, pois volvia a estar impracticable. Notouse sobre todo na primeira parte, co xogo moi trabado e cos locais incapaces de superar a un lider que se mostraba moi solido atras, ainda que sin levar demasiado perigo a porteria de Juanqui. Solo destacar unha xogada de Puente que non foi capaz de definir solo diante do porteiro, pois o balon quedou parado nunha poza. O primeiro tempo rematou como empezou. Pero na segunda parte as cousas ian cambiar moito. O Sporting saliu especialmente enchufado e desde o primeiro minuto mostrou as suas intencions. O primeiro gol chegaria nunha xogada pola banda dereita, cun centro a area que rematou Puente de primeiras, batindo cun gran disparo o porteiro visitante. O xogo seguiria igual tralo gol, cos locais levando perigo e cos visitantes tratande de acercarse, sen moito exito, a area local. Pouco despois chegaria o segundo, outra vez de Puente, que definiu cun tiro cruzado diante do porteiro cervense. E a sentenza viria por medio de Ivan, minutos despois, cun tiro dende o punto de penalty que entrou pegado o pau. E asi, con 3-0, rematou a imbatibilidade dun Candelaria que sigue lider unha semana mais.

E despois deste partido o Sporting Pontenova volve a recortar distancias cos primeiros, situandose 5º a 3 puntos do Meira, 3º clasificado. O seguinte partido sera o domingo 21 de decembro en Codesido.

lunes, 15 de diciembre de 2008

Xuveniles: O Sporting conserva o segundo posto tras golear o colista (0-4)

Nova victoria a domicilio do Sporting xuvenil,desta vez contra o ultimo clasificado,o Xove. Partido bastante pesado debido ó estado do campo que estaba todo enlamado e era totalmente impracticable. O primeiro gol chegou da man de Matelo no minuto 15 tras unha bonita xogada. Pouco despois chegaria o de Andres Seoane.destacar que era o seu primeiro gol co sporting. Sería no minuto 35 cando despois dun despexe dun xogador do Xove chegaría o golazo de Leivas, enganchando unha bolea dende fora da area e deixando o partido prácticamente sentenciado.
A segunda parte foi bastante aburrida pero ainda así Javi meteu un bon gol mediada a segunda parte.
Os destacados foron Matelo e Leivas.
Tras este resultado os juveniles seguimos segundos a dous puntos do Sagrado Corazón e tres por riba do Foz.

Autor da cronica: Xoel Bouso, porteiro do Sporting Xuvenil.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Serafin: «Queremos lo­itar polo ascenso a Liga galega»


O cadro xuvenil é a xoia do Spórting neste exercicio.

▶ O presidente do club aposta por loitar polo ascenso á Liga galega, aínda que tamén quere subir co primeiro equipo.

A chegada dunha nova directiva ó Spórting Pon­tenova supuxo un soplo de aire para o club. Serafín Ron asumíu a presidencia dun club que aca­baba de sufrir un duro revés co descenso do primeiro equipo a Terceira Rexional, pero que co­menzou o seu traballo con con­fianza e ilusión, apoiado nunha directiva formada por dez per­soas, cinco deles xogadores, con Ramón Rodríguez como vicepre­sidente.
A nova xunta marcouse como primeiro obxectivo elaborar un proxecto económico dacordo coas posibilidades da entidade, e «a día de hoxe temos o presuposto xa cuberto sen contar coas sub­vencións», asegurou Ron, algo que debe en boa parte «ó apoio dos patrocinadores, en especial do Industrial Recense, que é o máis forte», dixo.
A aposta para o primeiro equi­po era a de loitar polo ascenso de categoría para volver a Segunda Rexional, aínda que polo mo­mento todo foron problemas. «Por suposto que non descartamos quedar entre os tres pri­meiros, aínda que tivemos un montón de dificultades dende o principio. Tiñamos fichado a Roberto Ramallal como adestra­dor e non puido facerse cargo do equipo, co que Sachas tivo que collelo a última hora. Ademais, houbo moitas lesións e agora é cando estamos recuperando xen­te e imos gañar en competitivi­dade», afirmou.
A xoia do Sporting nesta tempada é o cadro xuvenil, que non só ocupa a segunda praza da Liga provincial, senón que se mantén invicto a falta de escasos partidos para o final da primeira volta. O equipo que prepara Moirón está demostrando que pode codearse coa elite e o presidente pensa que está capacitado para empresas moi importantes. «Queremos lo­itar polo ascenso a Liga galega», sinala Ron, que destaca sobre todo a gran familia que é o club. «Moitos xuvenís van sempre ver os encontros do primeiro equipo e tamén pasa ó revés. Esta unidade énchenos de alegría», dixo.
A maior incomodidade que ten o Spórting é os problema de adestramento que hai ás veces na Mina, aínda que Ron sabe que ten difícil solución. «Agora mesmo adestramos no pavillón para non estropealo, pero sabe­mos que temos que convivir con estas dificultades», dixo.

martes, 9 de diciembre de 2008

3ª Autonomica: Derrota en Moman logo de desperdiciar un gol de ventaxa (2-1)

Partido raro o disputado o Sabado no campo de Moman. Sabiase que iba ser un rival dificil, e asi foi, e ademais o terreo de xogo non axudou, pois era un barrizal. O partido principiou cos equipos intentandose adaptar as condicions do campo, e pouco a pouco o Sporting fixose co control do partido. Ainda asi, pouco que destacar no primeiro tempo, algun acercamento dos locais e tamen dos visitantes, sobre todo unha boa ocasion de Fran que non rematou dentro da porteria por pouco. 0-0 no descanso e o campo cada vez en peor estado. O segundo tempo comezou tamen co partido controlado polo Sporting, que chegaba con peligro a porteria local pero non era capaz de abrir o marcador. Seria mediado o segundo tempo cando, nunha xogada embarullada dentro da area, Ivan remata e o balon pasease de poste a poste sen entrar na porteria, e no rechace Javi conseguiu o primeiro gol da tarde. E a partir de ahi, o equipo, froito da relaxacion que lle produciu ir por diante no marcador, comezou a conceder facilidades ao Moman, que empezou a controlar o partido e a levar peligro con balons colgados a area. Nunha desas,quedando 10 minutos, un xogador local conseguiu internarse na area por velocidade e acabou sendo derribado por Gene. O arbitro sinala penalty e gol, que lle deu alas os chairegos para buscar o segundo. E chegaria quedando 5 minutos, nunha falta lonxana que botou a un metro da porteria e acabou dentro. Despois deste gol, o Sporting buscou o empate desesperadamente e acercouse con perigo nalgunha ocasion, e como froito de estar volcado ao ataque o Moman tamen puido ampliar a ventaxa, pero o marcador non se moveria.
Despois disto, a distancia cos de arriba ampliase a 7 puntos. O proximo partido sera na Mina, fronte o Candelaria o proximo fin de semana, coa volta dos xogadores que foron baixa neste encontro, como Carlos, Cholas ou Maqueto, que voltara despois de mais dun mes fora dos terreos por lesion. E outra vez agradecer a xente que se desplazou a Moman co equipo.

lunes, 8 de diciembre de 2008

Xuveniles: O Sporting golea en Meira (0-4) e distanciase do Foz


Partido complicado o que se gañou no campo "A Lomba" de Meira o sábado pasado pola maña. O encontro presentabase dificil xa que ainda que o equipo local tiña certas baixas importantes sairon moi fortes durante os primeiros minutos. Matelo foi o primeiro en marcar tras un bonito disparo raso e cruzado ó que o porteiro non puido chegar. O segundo gol foi obra de Antonio antes da sua expulsión xusto antes de rematar a primeira parte. O terceiro foi outro gol de Matelo e por último marcou Joel tras coller un rechace dentro da área regatear a dous e colocala na escuadra. Destacar o partidazo que fixeron Christian e Matelo, que marcou dous goles incluso con algunha molestia.
Gracias a este resultado recuperamos o partido aplazado que tiñamos e colocámonos dous puntos por detrás do líder, o Sagrado Corazón, e distanciamonos do terceiro clasificado, o Foz.
Nada máis, para o próximo sábado toca ir a Xove. Un saúdo

Gracias a Sergio Arango, autor desta cronica.

lunes, 1 de diciembre de 2008

3ª Autonomica: O Sporting volve a gañar na Mina, esta vez ao Matela (4-3)

Partido feo o visto o sabado no municipal da Mina, marcado principalmente polo mal estado do terreo de xogo por culpa da choiva e marcado tamen pola mala actuacion do arbitro. O partido acabouno gañando un Sporting Pontenova que nunca baixou os brazos, a pesar de que o Matela conseguiu igualar o marcador hasta en duas ocasions. Comezou xogando mellor o Sporting, e o primeiro gol chegaria cedo, nun balon que recibe Puente a dous metros do medio campo, supera o seu defensor por velocidade e define enganando o porteiro. Minutos despois, un dudoso penalti daballe a igualada o Matela. A primeira metade seguiu con dominio dos locais, que conseguirian o 2-1 cun poderoso remate de cabeza de Rivas a saida dun corner. E asi se chegaria o descanso. A segunda metade principiaria cun Sporting excesivamente relaxado, e froito deso, nunha xogada dentro da area o equipo visitante volveria a empatar o encontro. E a partir dese gol comezaron os mellores momentos dos locais, creando ocasions unha detras de outra e trenzando boas xogadas, a pesar do mal estado do campo, que volvian tola a defensa visitante. Pero o gol chegaria a balon parado, nunha falta que transformou Fran cun golazo pegado o pau, imposible para o porteiro. Xa por diante no marcador, o Sporting continuou asediando a porteria rival e nunha bonita combinacion na banda esquerda, Cholas recibiu o balon chegando dende atras e, diante do porteiro, definiu con seguridade subindo o cuarto gol no marcador da Mina. Pero o que parecia o gol da sentenza non foi tal, pois cando ian 3 minutos de desconto, o arbitro decidiu que ainda non lle apetecia acabar o partido e inventouse un libre indirecto dentro da area local. O Matela sacou e estrelou o balon na barreira, e logo de varios rebotes, a pelota acabou nas mans de Juanqui. E como o ultimo xogador no que rebotou o balon foi un defensor local e o arbitro ainda queria un pouco mais de emocion, sinalou cesion e outro libre indirecto a metro e medio da porteria. E esta vez si, o balon acabou dentro. Ainda asi, o partido seguiu outros 3 minutos ata que, cando xa ian 8 de desconto, o arbitro decidiu poñer fin ao encontro.

Con esta victoria o Sporting continua coa sua racha na Mina, e non perde a estela dos equipos de arriba, conservando intactas as opcions de ascenso. E tamen toca agradecer a xente que se acercou a Mina, pois tiveron que aguantar choiva e un intenso frio durante os 90 minutos.

Xuveniles: Segue a racha en Alfoz (2-4)

Victoria dos juveniles ante o Alfoz por 2-4. Foi un partido moi sufrido debido ó frío, á choiva e ó granizo. O primeiro gol chegou moi cedo, no minuto 2, obra de Jorgin.
Pouco despois chegaria o empate. Ó borde do descanso chegaría a xogada clave do encontro. Tras unha gran xogada de Christian o arbitro pitaría penalty e expulsión dun xogador rival por man,que sería transformado por Jorgín.
Tra-lo descanso, o Alfoz volveu empatar, pero pouco despois, Joel meteu un golazo dende fora da área que nos fixo coller confianza e minutos mais tarde chegaría o cuarto.
Os destacados foron Jorgín e Joel.
Con esta victoria os juveniles seguimos empatados co Foz na segunda posición cun partido menos e a dous puntos do Sagrado Corazón .

Próximo partido o sabado en Meira, co horario por confirmar.

Agradecementos a Xoel, autor desta cronica.

miércoles, 26 de noviembre de 2008

Xuveniles: Traballado empate ante o Foz na Mina (1-1)

O Sporting Pontenova non puido pasar do empate ante un dos rivais mais fortes da categoria, o Foz. O partido foi bastante intenso dende o principio, pois no campo estaban dous dos mellores equipos da liga, polo que as alternativas sucederonse en ambas areas. O equipo focense foise facendo pouco a pouco co control do partido, e nun balon colgado a area o arbitro sinalou penalti por mans de Muso. Pero Xoel, cunha gran parada, desviouno a corner. O resto do primeiro tempo transcurriu con alternativas para os dous equipos. 0-0 no descanso. A segunda parte comezou co Sporting saindo en tromba en busca do gol e coa mala noticia da lesion de Arango, que non lle permitiu continuar, saindo Aitor no seu sitio. O gol atopariao nos primeiros 5 minutos nunha gran xogada por parte de Christian pola banda dereita que culminaria el mismo cun perfecto disparo pegado o poste. E ainda despois de poñerse por diante, o equipo pontenoves seguiu controlando o partido e con oportunidades para sentenciar. Pero outra vez a mala sorte apareceu quedando 4 minutos para o final do partido cando, nunha xogada embarullada na area, chegaba o empate do Foz. Ao final, xusto empate polo que se viu no campo pero unha pena volver a perder 2 puntos nos ultimos 5 minutos, como xa sucedera fronte o Sagrado Corazon. Destacar tamen a gran afluencia de publico nas gradas, como ven sendo habitual.

3ª Autonomica: Derrota no derbi ante o Meira (2-1)

O Sporting Pontenova colleitou a segunda derrota da tempada no campo Da Lomba, en Meira, ante o actual lider da categoria. O resultado final foi 2-1 a favor dos locais. A primeira parte comezou con alternativas para os dous equipos, con algun achegamento perigoso por parte do equipo celeste ata que se conseguiros adiantar no marcador arredor do minuto 20 de partido. A cousa puido cambiar no desconto nesa primeira parte, cando un defensor local cometia penalti sobre Javi. O encargado de lanzalo foi Rivas, pero o porteiro meirense adiviñou o diparo. 1-0 no descanso. Na segunda parte o Sporting saiu enchufado, pero os locais conseguiron o segundo gol, un autentico golazo que supuxo un xarro de auga fria para os xogadores. Ainda asi, a partir dese momento as ocasions sucederonse na porteria do Meira, pois Fran, Javi ou Puente tiveron o gol nos seus pes. Seria Lolo, arredor do minuto 80, que conseguiria o 2-1 cun gran tiro de falta. Nese momento o Sporting xa estaba volcado o ataque, con Moiron e Puente no campo para intentar acadar o empate, pero tamen o Meira tivo as suas oportunidades para conseguir o terceiro. O final os locais remataron pedindo a hora, pero o Sporting non puido conseguir o ansiado gol. Esta derrota deixa ao Meira outra semana a fronte da clasificacion e ao Sporting pelexando para meterse nese grupo de cabeza. Hai que agradecer tamen a presencia de numerosos aficionados que se desplazaron dende A Pontenova para ver o equipo en Meira.