miércoles, 10 de diciembre de 2008

Serafin: «Queremos lo­itar polo ascenso a Liga galega»


O cadro xuvenil é a xoia do Spórting neste exercicio.

▶ O presidente do club aposta por loitar polo ascenso á Liga galega, aínda que tamén quere subir co primeiro equipo.

A chegada dunha nova directiva ó Spórting Pon­tenova supuxo un soplo de aire para o club. Serafín Ron asumíu a presidencia dun club que aca­baba de sufrir un duro revés co descenso do primeiro equipo a Terceira Rexional, pero que co­menzou o seu traballo con con­fianza e ilusión, apoiado nunha directiva formada por dez per­soas, cinco deles xogadores, con Ramón Rodríguez como vicepre­sidente.
A nova xunta marcouse como primeiro obxectivo elaborar un proxecto económico dacordo coas posibilidades da entidade, e «a día de hoxe temos o presuposto xa cuberto sen contar coas sub­vencións», asegurou Ron, algo que debe en boa parte «ó apoio dos patrocinadores, en especial do Industrial Recense, que é o máis forte», dixo.
A aposta para o primeiro equi­po era a de loitar polo ascenso de categoría para volver a Segunda Rexional, aínda que polo mo­mento todo foron problemas. «Por suposto que non descartamos quedar entre os tres pri­meiros, aínda que tivemos un montón de dificultades dende o principio. Tiñamos fichado a Roberto Ramallal como adestra­dor e non puido facerse cargo do equipo, co que Sachas tivo que collelo a última hora. Ademais, houbo moitas lesións e agora é cando estamos recuperando xen­te e imos gañar en competitivi­dade», afirmou.
A xoia do Sporting nesta tempada é o cadro xuvenil, que non só ocupa a segunda praza da Liga provincial, senón que se mantén invicto a falta de escasos partidos para o final da primeira volta. O equipo que prepara Moirón está demostrando que pode codearse coa elite e o presidente pensa que está capacitado para empresas moi importantes. «Queremos lo­itar polo ascenso a Liga galega», sinala Ron, que destaca sobre todo a gran familia que é o club. «Moitos xuvenís van sempre ver os encontros do primeiro equipo e tamén pasa ó revés. Esta unidade énchenos de alegría», dixo.
A maior incomodidade que ten o Spórting é os problema de adestramento que hai ás veces na Mina, aínda que Ron sabe que ten difícil solución. «Agora mesmo adestramos no pavillón para non estropealo, pero sabe­mos que temos que convivir con estas dificultades», dixo.

No hay comentarios: