martes, 30 de diciembre de 2008

Xuveniles: Victoria ante o Lourenzá nun frouxo partido (2-1)

Mal partido o vivido na mina esta xornada, quizá o peor da temporada pero sacouse adiante con un resultado positivo que serve para sumar de novo outros 3 puntos. O partido foi moi tranquilo,no minuto 10 adiantábase o sporting con gol de Matelo tras unha boa xogada colectiva e así se chegou ó descanso. Logo, na reanudación chegou o 2-0 tamén obra de Matelo tras un erro da defensa visitante, e a 5 minutos para o final chegou o gol do Lorenzana que incomodou algo os minutos finales pero non tiveron ningunha ocasión clara para empatar. Os destacados do partido foron Matelo e Murias, que volveron facer un gran partido. Destacar o tropezo do Foz, que empatou na casa contra o San Ciprián o que nos permito poñelo xa a 5 puntos respecto da zona de ascenso a Liga Galega, sin duda a gran alegria da xornada. Agora chega o paron Navideño, e a descansar ata Xaneiro, cos deberes xa feitos da primeira volta. Facendo un balance, coa primeira metade da Liga xa rematada, destacar que foi a máis positiva da historia do Sporting xuvenil, estamos invictos, a dous puntos do líder e en zona de ascenso a Liga Galega, algo impensable ó inicio da temporada, pero a unidade do grupo, as ganas e intensidade que se mostran nos partidos, estanos levando cara a ese obxectivo.

Crónica enviada por Jorge Moirón, xogador do Sporting Pontenova xuvenil.

No hay comentarios: