lunes, 25 de julio de 2011

I Trofeo Concello de A Pontenova

domingo, 10 de julio de 2011

Luismi e Bruno Bouza están preto de regresar ó Sporting Pontenova

O Sporting Pontenova segue fiel á súa filosofía de traballo con xente da casa e “sen pagar”, segundo o seu adestrador, Dani Moirón.
O conxunto gualdinegro comezará a adestrar o día 2 de agosto coa única cara nova de Sergio Arango, procedente do equipo xuveníl pontenovés. A directiva do conxunto da Mina está en conversas para recuperar para o equipo ó centrocampista Luismi e ó central Bruno Bouza, que xa estiveran no equipo nunha etapa anterior.
A escadra dos fornos contará coas únicas baixas de Gene e Carlitos por motivos persoais.
Dani Moirón márcase como obxectivo non pasar apuros e vé como principais aspirantes para competir polo ascenso a Primeira Autonómica a Sacido e Rioaveso e ós descendidos Iberia, Folgueiro e Santaballés.

lunes, 4 de julio de 2011

Premios de "El Progreso"

A pasada semana o diario "El Progreso" entregou os premios ós mellores da temporada no fútbol aficionado lucense, e o Sporting Pontenova estivo representado por partida doble. 
Por un lado, Catalin obtivo o recoñecemento como un dos mellores dianteiros do ano formando parte do once ideal da temporada da categoría xuvenil.
Por outro lado, Dani Moirón foi proclamado "Adestrador máis destacado da 2ª Autonómica".
Noraboa ós dous!