domingo, 10 de julio de 2011

Luismi e Bruno Bouza están preto de regresar ó Sporting Pontenova

O Sporting Pontenova segue fiel á súa filosofía de traballo con xente da casa e “sen pagar”, segundo o seu adestrador, Dani Moirón.
O conxunto gualdinegro comezará a adestrar o día 2 de agosto coa única cara nova de Sergio Arango, procedente do equipo xuveníl pontenovés. A directiva do conxunto da Mina está en conversas para recuperar para o equipo ó centrocampista Luismi e ó central Bruno Bouza, que xa estiveran no equipo nunha etapa anterior.
A escadra dos fornos contará coas únicas baixas de Gene e Carlitos por motivos persoais.
Dani Moirón márcase como obxectivo non pasar apuros e vé como principais aspirantes para competir polo ascenso a Primeira Autonómica a Sacido e Rioaveso e ós descendidos Iberia, Folgueiro e Santaballés.

No hay comentarios: