miércoles, 31 de agosto de 2011

2ª Autonómica: Resumo amistosos

  • Xoves 25 de Agosto, Sporting Pontenova - U.D. Castros
Novo compromiso de pretemporada para os de Moirón, esta vez ante os asturianos da U.D. Castros, da 2ª rexional do Principado. Nun encontro dominado de cabo a rabo polos locais, acabáronse impoñendo por 1-0 gracias a un gol de Jorge Moirón, aunque o resultado puido ser moito máis amplio se os dianteiros do Sporting estiveran un pouco máis acertados.

  • Sábado 27 de Agosto, Santa Comba - Sporting Pontenova
Viaxe a Lugo para enfrontarse ó Santa Comba e continuar así coa preparación de cara á Liga. O resultado final foi empate a un gol, e Javín foi o encargado de anotar o tanto gualdinegro, nun choque que deixou boas sensacións en xeral a pesar das numerosas baixas coas que viaxaron os de Moirón.

O seguinte compromiso de pretemporada volverá a ser na Mina, o próximo viernes 2 de setembro ás 21:30 ante o Atlético Muralla, no que milita o ex-xogador do Sporting Guillo, un dos integrantes da plantilla que conseguiu ascender á 3ª división fai agora 11 anos.

Xuveniles: Resumo amistosos

  • Sábado 27 de Agosto, E.D. Lourenzá - Sporting Pontenova
A estrea dos de Moirón nesta pretemporada produciuse o pasado sábado en Vilanova de Lourenzá, coa disputa do Trofeo Conde Santo. Cun rival da mesma categoría, a mellor maneira para ir collendo ritmo, os pontenoveses mostráronse moi serios e leváronse o partido por 0-1, gracias a un solitario gol de Anxo.

  • Martes 30 de Agosto, Sporting Pontenova - Astur Vegandense
Segunda proba para os gualdinegros, solventada tamén desta vez de forma brillante, cunha convincente victoria por 3-0 ante o conxunto asturiano. Os goleadores foron Catalin, Anxo e Borja, que firmaron así un goleada no seu primeiro compromiso como locais.

O seguinte amistoso será o próximo sábado, 3 de setembro, ás 11:30 da mañá, no Campo da Mina ante o Castro.

martes, 23 de agosto de 2011

Pretemporada: Dúas victorias en dous novos amistosos

O primeiro deles foi o pasado xoves, nun partido que o enfrontou a un combinado de aficionados locais que se xuntan varias veces por semana para xogar "pachangas" de fútbol-sala. Foi na II edición da recentemente denominada "Supercopa do pincheo", nunha proba que se está a convertir en todo un clásico do fútbol de verán e que destaca polo gran ambiente que se vive no terreo de xogo. O ano pasado o Sporting goleara por 10-1, pero nesta ocasión as diferencias non foron tantas e ó descanso chegouse con empate sen goles, decidindo a maior calidade e forma física dos gualdinegros no segundo tempo.

martes, 16 de agosto de 2011

Pretemporada: O C.D. Lugo xuvenil, campión do "I Trofeo Concello de A Pontenova"

O pasado sábado celebrouse no Campo da Mina a primeira edición do Trofeo "Concello da Pontenova", coa presencia de dúas das canteiras punteiras de Galicia, os xuveniles de Divisón de Honor do C.D. Lugo e do R.C. Deportivo da Coruña. Completou o triangular o primeiro equipo do Sporting Pontenova, nun torneo que serviu como presentación oficial e que deixou boas sensacións na afición.
Nunha tarde moi agradable e con gran ambiente nas bancadas, os encargados de abrir o telón foron o C.D. Lugo e o Sporting Pontenova, no primeiro dos 3 partidos de 45 minutos que se ían disputar. No primeiro minuto os locais xa se puideron adiantar, pero Pablín non foi capaz de definir cando xa se plantara diante do meta lucense.

viernes, 12 de agosto de 2011

Bruno Bouza volve ó Sporting para reforzar o primeiro equipo

Bruno Bouza, procendente do Real Tapia, da primeira categoría rexional asturiana, será a última incorporación do equipo que dirixe Dani Moirón. Este xoven xogador, que fai unha tempada militara nos xuvenís do Sporting Pontenova, volve para axudar ó equipo no seu obxectivo de acadar a permanencia.
Desenvólvese principalmente como central e destaca polo seu poderío aéreo e pola gran seguridade defensiva que aporta no eixo da zaga.
Con esta fichaxe, salvo sorpresas, Moirón da a plantilla por cerrada con 21 xogadores.