martes, 23 de agosto de 2011

Pretemporada: Dúas victorias en dous novos amistosos

O primeiro deles foi o pasado xoves, nun partido que o enfrontou a un combinado de aficionados locais que se xuntan varias veces por semana para xogar "pachangas" de fútbol-sala. Foi na II edición da recentemente denominada "Supercopa do pincheo", nunha proba que se está a convertir en todo un clásico do fútbol de verán e que destaca polo gran ambiente que se vive no terreo de xogo. O ano pasado o Sporting goleara por 10-1, pero nesta ocasión as diferencias non foron tantas e ó descanso chegouse con empate sen goles, decidindo a maior calidade e forma física dos gualdinegros no segundo tempo.
Javín inaugurou o marcador mediada a segunda parte, pero pouco despois Goá puxo as táboas cun auténtico golazo dende 30 metros que superou a Juanki colándose por toda a escadra, no mellor gol da tarde. O 2-1 non chegou ata o minuto 80, obra de Fran, e a partir de ahí o festival sportinguista completouse con outros 2 goles de Fran e outro de Lolo, completando o 5-1 definitivo. Despois do partido, ambos equipos compartiron uns pinchos dentro dun gran ambiente de cordialidade e citáronse para vindeiras edicións deste singular trofeo.
O segundo amistoso do fin de semana disputouse o sábado, en Mondoñedo ante o equipo local, que competirá este ano na 3ª autonómica. Os pontenoveses, con numerosas baixas e cunha gran representación do equipo xuvenil, foi moi superior ós mindonieneses e impúxose por 1-2, un resultado que se antoxa corto polo visto no terreo de xogo do Viñas da Veiga. Os autores dos tantos foron Pablín e Javi, firmando así unha nova victoria neste pretemporada para os de Moirón. A próxima cita, o vindeiro xoves na Mina, ás 21.30 ante a U.D. Castros, da segunda rexional asturiana.

1 comentario:

Gion. dijo...

Po ano que ven imos levar o sandunguero, que ahora deulle por vir a pachanga e haber que pasa.jejeje.
Moitas gracias por deixarnos disfrutar dunha boa noite de futbol.