miércoles, 25 de febrero de 2009

3ª Autonomica: O Sporting saca un punto na visita o campo do San Roman (2-2)

25 de Febreiro 2009

O Sporting Pontenova non foi capaz de pasar do empate no seu desplazamento a Cervo, onde se enfrontou o San Roman. Foi un partido complicado, no que o equipo de Sachas non puido facerse co control do xogo, o que propiciou que pasaran apuros en numerosas fases do partido, ata conseguir o gol que significou o empate final. Os goles do Sporting firmaronos Puente e Fran.
Este resultado serve para que os postos de ascenso sigan a 3 puntos, aunque o Meira, 3º clasificado, conta cun partido menos. O proximo rival dos pontenoveses sera o Abadin na Mina, un equipo teoricamente asequible, pois atopase penultimo na clasificacion.

lunes, 16 de febrero de 2009

3ª Autonomica: O Sporting vence claramente o Cazas nun partido sin historia (3-0)

16 de Febreiro 2009

O Sporting Pontenova recibia este domingo na Mina o Cazas, ultimo clasificado da liga. A diferencia na clasificacion reflexouse no campo dende o principio do partido, no que os locais se fixeron co control do encontro dende o primeiro minuto, superando o equipo chairego en todolos aspectos. Ivan, Moiron ou Puente puideron inaugurar o marcador,pero o primeiro gol non chegaria ata mediada a primeira parte, nunha xogada na que Javi marcou a placer aproveitandose dunha falta de entendemento entre o porteiro e un defensa visitantes. O partido continuou con dominio absoluto do Sporting, que estaba ofrecendo un monologo no cespede da Mina, e seria Moiron quen ampliase a vantaxe dos locais resolvendo un barullo dentro da area. Asi chegariase o descanso. A segunda parte principiou cos visitantes un pouco mais enchufados, e puideron empatar nunha falta que se estrelou no largueiro da porteria de Juanqui. Pero os pontenoveses recuperaron rapidamente o control do xogo e non tardaron en volver a gozar de claras oportunidades nas botas de Puente ou Lolo. Incluso Moiron puido conseguir o terceiro nun penalty, pero enviou o balon fora. Pouco despois Carlos conseguiria de cabeza o definitivo 3-0 co que remataria o partido. A sensacion o finalizar o encontro foi de que o resultado quedouse corto polo visto no campo, donde solo existiu un equipo.
Con esta victoria o Sporting Pontenova recupera o 4º posto, gracias a derrota do Luis Pimentel, ainda que conta cun partido mais que o equipo lucense. Na seguinte xornada, o equipo de Sachas tera que desplazarse para visitar o San Roman, que se atopa na 6ª posicion a 9 puntos dos pontenoveses.

Xuvenil: O Sagrado Corazon golea o Sporting na Cheda (5-0)

16 de Febreiro 2009

O Sporting Pontenova saliu goleado na sua visita ao campo da Cheda, donde se enfrontou ao Sagrado Corazon, lider da categoria. O partido comezou bastante igualado, cos dous equipos respetandose mutuamente e sin un dominador claro. Jorge estivo a punto de inaugurar o marcador pero enviou o balon ao lateral da rede da porteria lucense, pero pouco despois os locais adiantarianse gracias a un penalty. A primeira parte continuou con igualdade, incluso Matelo puido conseguir o empate pero seria o Sagrado quen ampliase a vantaxe pouco antes do descanso, ao que se chegaria con 2-0. A segunda parte foi un monologo do equipo lucense. O Sporting estaba totalmente desaparecido no campo, e dedicabase a aguantar as acometidas dos locais, que conseguiron outros 3 goles ata deixar o marcador no definitivo 5-0.
Con este resultado, o equipo de Moiron abandona por primeira vez as plazas de ascenso a Liga Galega en favor do Foz, pero as posibilidades de rematar a liga entre os dous primeiros siguen intactas. O proximo partido sera na Mina, o proximo fin de semana ante o Meira.

lunes, 9 de febrero de 2009

3ª Autonomica: Clara derrota a domicilio ante o Luis Pimentel de Lugo (3-1)


09 de Febreiro 2009
Nun horario, as 8 da tarde, nada habitual para o equipo de Sachas chegaba o campo das Gandaras II un Sporting Pontenova co obxetivo dunha victoria que os acercara ainda mais os tres primeiros clasificados. Pero esa ilusion duraria tan solo 20 minutos, momento no que os pontenoveses sufriron a expulsion de Maqueto, o que condicionou en gran medida un partido que comezara da mellor maneira posible. No minuto 5, o Sporting adiantariase por medio de Ivan, que batiu o porteiro local dende o seu propio campo, logo de que o balon lle botase diante. Ata a expulsion, o partido estaba sendo igualado, pero a partir dese lance os locais fixeronse co control do encontro, ainda que o descanso chegariase co 0-1.

Na segunda parte o Luis Pimentel foi dono e señor do partido. O pouco de comezar lograria a igualada, e nos minutos que seguiron a ese gol comezaron a mostrarse superiores en case todalas facetas do xogo, gracias a que xogaban con un home mais. O segundo gol chegaria mediado o segundo tempo, e preto do final o 3-1 que sentenciou o partido. Tamen o Sporting tivo algunha ocasion, como un disparo de Puente que se estrelou no longueiro, pero asi se chegou o final.
Logo desta xornada os pontenoveses situanse quintos a 4 puntos do Meira, equipo marca a fronteira para o ascenso. O proximo partido sera na Mina fronte o Cazas, colista da categoria. O longo da semana informaremos do dia e da hora do encontro.

Xuvenil: O Pastoricense sale goleado da Mina (5-1)

09 de Febreiro 2009
O Sporting Pontenova xuvenil esta empeñado en non perder a estela do lider, o Sagrado Corazon, e esta vez a victima foi o Pastoricense. O equipo de Moiron controlou o partido desde o principio, pois o primeiro gol chegaria moi cedo, obra dun defensor visitante que enviou o balon o fondo da sua propia porteria logo dun tiro de Matelo. E mediada a primeira parte chegaria o segundo, nunha xogada chea de rexeites na que Picota conseguiu marcar o seu primeiro gol da temporada. Asi chegariase o descanso, coa tranquilidade dos dous goles de ventaxa. A segunda parte empezou con cun Sporting demasiado relaxado, e cun Pastoricense que empezaba a crear problemas. Nunha desafortunada xogada, Leivas despexou contra a porteria de Xoel e o balon colouse pola escadra, poñendo o 2-1 no marcador. Os visitantes colleron confianza e incluso puideron conseguir o empate cun tiro que se estrelou no longueiro. Pero cando peor o estaba pasando o Sporting, un gran fallo do porteiro do pastoricense permitiu a Matelo ampliar a ventaxa e sentenciar o partido. A partir desa xogada volveu o bo futbol dos pontenoveses, con cambios que lle deron frescura e cun rival que se mostraba rendido ante a superioridade local. Pouco despois chegou o cuarto, nunha bonita xogada de estratexia. Antonio botou unha falta desde a esquina da area e Jorge, entrando o segundo pau e sin que o balon tocara o suelo, rematou cruzado ante o porteiro visitante. O ultimo gol chegaria logo dunha gran cabalgada de Christian pola banda dereita, na que consigue internarse na area e dar o pase da morte, deixando solo a Andres Seoane que unicamente tivo que empuxar o balon o fondo da porteria.
Asi se chegaria o final do partido. A proxima xornada o Sporting Pontenova desplazarase a Lugo para enfrontarse o lider Sagrado Corazon. O partido sera o sabado 14 no campo da Cheda (enfronte o Carrefour) as 18:00 da tarde. A distancia que separa os dous equipos e de solamente un punto, de ahi a importancia do partido. Se o equipo de Moiron consegue a victoria dara un gran paso para o obxetivo final de meterse na fase de ascenso a liga galega.