lunes, 9 de febrero de 2009

3ª Autonomica: Clara derrota a domicilio ante o Luis Pimentel de Lugo (3-1)


09 de Febreiro 2009
Nun horario, as 8 da tarde, nada habitual para o equipo de Sachas chegaba o campo das Gandaras II un Sporting Pontenova co obxetivo dunha victoria que os acercara ainda mais os tres primeiros clasificados. Pero esa ilusion duraria tan solo 20 minutos, momento no que os pontenoveses sufriron a expulsion de Maqueto, o que condicionou en gran medida un partido que comezara da mellor maneira posible. No minuto 5, o Sporting adiantariase por medio de Ivan, que batiu o porteiro local dende o seu propio campo, logo de que o balon lle botase diante. Ata a expulsion, o partido estaba sendo igualado, pero a partir dese lance os locais fixeronse co control do encontro, ainda que o descanso chegariase co 0-1.

Na segunda parte o Luis Pimentel foi dono e señor do partido. O pouco de comezar lograria a igualada, e nos minutos que seguiron a ese gol comezaron a mostrarse superiores en case todalas facetas do xogo, gracias a que xogaban con un home mais. O segundo gol chegaria mediado o segundo tempo, e preto do final o 3-1 que sentenciou o partido. Tamen o Sporting tivo algunha ocasion, como un disparo de Puente que se estrelou no longueiro, pero asi se chegou o final.
Logo desta xornada os pontenoveses situanse quintos a 4 puntos do Meira, equipo marca a fronteira para o ascenso. O proximo partido sera na Mina fronte o Cazas, colista da categoria. O longo da semana informaremos do dia e da hora do encontro.

No hay comentarios: