lunes, 16 de febrero de 2009

3ª Autonomica: O Sporting vence claramente o Cazas nun partido sin historia (3-0)

16 de Febreiro 2009

O Sporting Pontenova recibia este domingo na Mina o Cazas, ultimo clasificado da liga. A diferencia na clasificacion reflexouse no campo dende o principio do partido, no que os locais se fixeron co control do encontro dende o primeiro minuto, superando o equipo chairego en todolos aspectos. Ivan, Moiron ou Puente puideron inaugurar o marcador,pero o primeiro gol non chegaria ata mediada a primeira parte, nunha xogada na que Javi marcou a placer aproveitandose dunha falta de entendemento entre o porteiro e un defensa visitantes. O partido continuou con dominio absoluto do Sporting, que estaba ofrecendo un monologo no cespede da Mina, e seria Moiron quen ampliase a vantaxe dos locais resolvendo un barullo dentro da area. Asi chegariase o descanso. A segunda parte principiou cos visitantes un pouco mais enchufados, e puideron empatar nunha falta que se estrelou no largueiro da porteria de Juanqui. Pero os pontenoveses recuperaron rapidamente o control do xogo e non tardaron en volver a gozar de claras oportunidades nas botas de Puente ou Lolo. Incluso Moiron puido conseguir o terceiro nun penalty, pero enviou o balon fora. Pouco despois Carlos conseguiria de cabeza o definitivo 3-0 co que remataria o partido. A sensacion o finalizar o encontro foi de que o resultado quedouse corto polo visto no campo, donde solo existiu un equipo.
Con esta victoria o Sporting Pontenova recupera o 4º posto, gracias a derrota do Luis Pimentel, ainda que conta cun partido mais que o equipo lucense. Na seguinte xornada, o equipo de Sachas tera que desplazarse para visitar o San Roman, que se atopa na 6ª posicion a 9 puntos dos pontenoveses.

No hay comentarios: