lunes, 9 de febrero de 2009

Xuvenil: O Pastoricense sale goleado da Mina (5-1)

09 de Febreiro 2009
O Sporting Pontenova xuvenil esta empeñado en non perder a estela do lider, o Sagrado Corazon, e esta vez a victima foi o Pastoricense. O equipo de Moiron controlou o partido desde o principio, pois o primeiro gol chegaria moi cedo, obra dun defensor visitante que enviou o balon o fondo da sua propia porteria logo dun tiro de Matelo. E mediada a primeira parte chegaria o segundo, nunha xogada chea de rexeites na que Picota conseguiu marcar o seu primeiro gol da temporada. Asi chegariase o descanso, coa tranquilidade dos dous goles de ventaxa. A segunda parte empezou con cun Sporting demasiado relaxado, e cun Pastoricense que empezaba a crear problemas. Nunha desafortunada xogada, Leivas despexou contra a porteria de Xoel e o balon colouse pola escadra, poñendo o 2-1 no marcador. Os visitantes colleron confianza e incluso puideron conseguir o empate cun tiro que se estrelou no longueiro. Pero cando peor o estaba pasando o Sporting, un gran fallo do porteiro do pastoricense permitiu a Matelo ampliar a ventaxa e sentenciar o partido. A partir desa xogada volveu o bo futbol dos pontenoveses, con cambios que lle deron frescura e cun rival que se mostraba rendido ante a superioridade local. Pouco despois chegou o cuarto, nunha bonita xogada de estratexia. Antonio botou unha falta desde a esquina da area e Jorge, entrando o segundo pau e sin que o balon tocara o suelo, rematou cruzado ante o porteiro visitante. O ultimo gol chegaria logo dunha gran cabalgada de Christian pola banda dereita, na que consigue internarse na area e dar o pase da morte, deixando solo a Andres Seoane que unicamente tivo que empuxar o balon o fondo da porteria.
Asi se chegaria o final do partido. A proxima xornada o Sporting Pontenova desplazarase a Lugo para enfrontarse o lider Sagrado Corazon. O partido sera o sabado 14 no campo da Cheda (enfronte o Carrefour) as 18:00 da tarde. A distancia que separa os dous equipos e de solamente un punto, de ahi a importancia do partido. Se o equipo de Moiron consegue a victoria dara un gran paso para o obxetivo final de meterse na fase de ascenso a liga galega.

No hay comentarios: