miércoles, 26 de noviembre de 2008

Xuveniles: Traballado empate ante o Foz na Mina (1-1)

O Sporting Pontenova non puido pasar do empate ante un dos rivais mais fortes da categoria, o Foz. O partido foi bastante intenso dende o principio, pois no campo estaban dous dos mellores equipos da liga, polo que as alternativas sucederonse en ambas areas. O equipo focense foise facendo pouco a pouco co control do partido, e nun balon colgado a area o arbitro sinalou penalti por mans de Muso. Pero Xoel, cunha gran parada, desviouno a corner. O resto do primeiro tempo transcurriu con alternativas para os dous equipos. 0-0 no descanso. A segunda parte comezou co Sporting saindo en tromba en busca do gol e coa mala noticia da lesion de Arango, que non lle permitiu continuar, saindo Aitor no seu sitio. O gol atopariao nos primeiros 5 minutos nunha gran xogada por parte de Christian pola banda dereita que culminaria el mismo cun perfecto disparo pegado o poste. E ainda despois de poñerse por diante, o equipo pontenoves seguiu controlando o partido e con oportunidades para sentenciar. Pero outra vez a mala sorte apareceu quedando 4 minutos para o final do partido cando, nunha xogada embarullada na area, chegaba o empate do Foz. Ao final, xusto empate polo que se viu no campo pero unha pena volver a perder 2 puntos nos ultimos 5 minutos, como xa sucedera fronte o Sagrado Corazon. Destacar tamen a gran afluencia de publico nas gradas, como ven sendo habitual.

3ª Autonomica: Derrota no derbi ante o Meira (2-1)

O Sporting Pontenova colleitou a segunda derrota da tempada no campo Da Lomba, en Meira, ante o actual lider da categoria. O resultado final foi 2-1 a favor dos locais. A primeira parte comezou con alternativas para os dous equipos, con algun achegamento perigoso por parte do equipo celeste ata que se conseguiros adiantar no marcador arredor do minuto 20 de partido. A cousa puido cambiar no desconto nesa primeira parte, cando un defensor local cometia penalti sobre Javi. O encargado de lanzalo foi Rivas, pero o porteiro meirense adiviñou o diparo. 1-0 no descanso. Na segunda parte o Sporting saiu enchufado, pero os locais conseguiron o segundo gol, un autentico golazo que supuxo un xarro de auga fria para os xogadores. Ainda asi, a partir dese momento as ocasions sucederonse na porteria do Meira, pois Fran, Javi ou Puente tiveron o gol nos seus pes. Seria Lolo, arredor do minuto 80, que conseguiria o 2-1 cun gran tiro de falta. Nese momento o Sporting xa estaba volcado o ataque, con Moiron e Puente no campo para intentar acadar o empate, pero tamen o Meira tivo as suas oportunidades para conseguir o terceiro. O final os locais remataron pedindo a hora, pero o Sporting non puido conseguir o ansiado gol. Esta derrota deixa ao Meira outra semana a fronte da clasificacion e ao Sporting pelexando para meterse nese grupo de cabeza. Hai que agradecer tamen a presencia de numerosos aficionados que se desplazaron dende A Pontenova para ver o equipo en Meira.