miércoles, 26 de noviembre de 2008

Xuveniles: Traballado empate ante o Foz na Mina (1-1)

O Sporting Pontenova non puido pasar do empate ante un dos rivais mais fortes da categoria, o Foz. O partido foi bastante intenso dende o principio, pois no campo estaban dous dos mellores equipos da liga, polo que as alternativas sucederonse en ambas areas. O equipo focense foise facendo pouco a pouco co control do partido, e nun balon colgado a area o arbitro sinalou penalti por mans de Muso. Pero Xoel, cunha gran parada, desviouno a corner. O resto do primeiro tempo transcurriu con alternativas para os dous equipos. 0-0 no descanso. A segunda parte comezou co Sporting saindo en tromba en busca do gol e coa mala noticia da lesion de Arango, que non lle permitiu continuar, saindo Aitor no seu sitio. O gol atopariao nos primeiros 5 minutos nunha gran xogada por parte de Christian pola banda dereita que culminaria el mismo cun perfecto disparo pegado o poste. E ainda despois de poñerse por diante, o equipo pontenoves seguiu controlando o partido e con oportunidades para sentenciar. Pero outra vez a mala sorte apareceu quedando 4 minutos para o final do partido cando, nunha xogada embarullada na area, chegaba o empate do Foz. Ao final, xusto empate polo que se viu no campo pero unha pena volver a perder 2 puntos nos ultimos 5 minutos, como xa sucedera fronte o Sagrado Corazon. Destacar tamen a gran afluencia de publico nas gradas, como ven sendo habitual.

No hay comentarios: