lunes, 25 de mayo de 2009

Moiron: "A base de resultados, vimos que podiamos ir a mais"

El Progreso, 19 de Maio de 2009
Daniel Moiron, adestrador do Sporting Pontenova xuvenil.

Os xuvenis do Pontenova acaban de cerrar unha campaña na que fixeron historia. Ainda que os obxectivos a principio de temporada eran menos ambiciosos, a disputa da fase de ascenso a Liga Galega foi o colofon a un gran ano.

Co orgullo de protagonizar unha tempada inolvidable, o Sporting Pontenova xuvenil cerrou o pasado domingo a temporada tras quedar eliminado na fase de ascenso a Liga Galega ante o Galicia Gaiteira. O sentimento de rabia o quedar fora ante o cadro coruñes contrastaba coa alegria de protagonizar unha campaña que quedara para a historia: por primeira vez os xuveniles de A Pontenova facianse co pase a fase de ascenso. Os xogadores de Daniel Moiron viviron unha campaña de ensoño na que finalizaron segundos do Grupo 8 da Liga Provincial xuvenil resultado do traballo ben feito.

Leer a entrevista.

viernes, 22 de mayo de 2009

A prensa destaca a superioridade do Sporting Pontenova ante o Galicia Gaiteira, a pesar da eliminación

La Voz de Galicia, Martes 19 de Maio de 2009

A Mina volveuse a vestir de gala para presenciar unha nova remontada do Sporting, pero esta vez non foi posible. O conxunto que dirixe Moirón viuse obligado a disputar unha nova fase de previa, algo inédito hasta a fecha neste tipp de promocións.
O rival era o Galicia Gaiteira. O primeiro encontro disputouse o pasado venres en A Coruña con un resultado a favor para os locais de dous goles a cero. Polo tanto, tocaba unha nova remontada na Mina.
O campo voltou a estar repleto de afeccionados que non cesaron nin un instante de animar ós lucenses, o que propiciou que os de Moirón levasen a iniciativa no xogo dende os primeiros minutos e dispuxesen das mellores ocasións. As máis claras, a cargo de Jorge, Matelo e Christian e duas ocasións. Pero o gol fíxose esperar ata que a falta de cinco minutos para o descanso Joel cabeceou un saque de esquina ó fondo das mallas.
Na reanudación, o Galicia Gaiteira empatou na súa única ocasión de gol en todo o encontro, cun lanzamento de falta. A partir de ahí, o Sporting intensificou o seu dominio pero non atopou o camiño do gol ante un rival que se adicou a perder tempo durante toda a segunda parte.

El Progreso, Martes 19 de Maio de 2009

O Sporting Pontenova cedeu na eliminatoria de ascenso á Liga Galega xuvenil despois de caer diante do Galicia Gaiteria nunha eliminatoria na que os mariñanos levaron o ritmo, mentres que o Galicia Gaiteira tivo a sorte de aproveitar ben as súas ocasións na ida e na volta.
No primeiro encontro, o conxunto pontenovés levou a batuta, pero non puido facer nada diante dun rival que chegou en dúas accións aisladas e marcou dous tantos (2-0). No que se refire ó segundo encontro, o Sporting saíu a por todas e conseguiu poñerse con vantaxe no taboleiro grazas a un tanto de Joel no minuto 40. Aínda que levou o ritmo do partido e contou con varias e importantes ocasións, o cadro de Moirón non só non puido ampliar as diferenzas, senón que viu como o seu rival igualaba ó transformar un lanzamento de falta (1-1). Os xogadores locais seguírono intentando ata o final, pero o pase de ronda non foi posible.
A afección pontenovesa non fallou nas dúas citas e amosou o seu apoio, ó igual que en partidos anteriores, a un equipo de xuvenís que marcou historia na vila mariñana sendo o primeiro en lograr a clasificación para a fase de ascenso á Liga Galega xuvenil.

lunes, 18 de mayo de 2009

Temporada 2008/2009: A mellor dende a nova creacion do Sporting Pontenova

Un terceiro lugar en Terceira Autonomica, que siginificou o ascenso de categoria, e un segundo posto en xuveniles, chegando a segunda ronda previa da fase de ascenso a liga galega, foi o gran balance da temporada 2008-2009 no Sporting Pontenova.
O equipo de terceira autonomica comezou o curso sembrando dudas acerca das posibilidades reais de subir de categoria. Logo dunha pretemporada atipica despois da marcha forzada de Roberto Ramallal, Sachas fixose cargo do Sporting co obxetivo unico do ascenso. A primeira volta foi moi irregular, cos pontenoveses incapaces de asentarse no grupo de favoritos, e sempre a estela de equipos como Catro Roldas, Candelaria ou Meira. Pero a espectacular segunda volta, donde se deixaron escapar moi poucos puntos, acabou por confirmar un ascenso que se produciu no ultimo minuto do ultimo partido, logo da victoria ante o Codesido e dun penalti fallado polo Candelaria no partido ante o Catro Roldas. Asi, a proxima temporada o Sporting Pontenova volvera, un ano despois, a segunda autonomica co obxetivo inicial da permanencia, pero sen renunciar en ningun momento a cotas mais altas.
O equipo xuvenil foi unha autentica sorpresa para todos. Logo de duas temporadas ocupando os ultimos postos da taboa, nas duas ultimas xa se comezaba a notar unha gran melloria na calidade do plantel, pero poucos pensaban chegar ata donde se chegou. A competicion comezaba de maneir impecable, co Sporting contando os seus partido por victorias. Regularidade e a palabra coa que se pode definir a impresionante temporada do equipo, pois non abandonou en ningun momento o trio de cabeza, ocupando o segundo posto por detras do Sagrado Corazon durante practicamente toda a Liga. Nese lugar remataria a campaña, logo de 20 victorias en 26 partidos. Despois disto comezou a fase de ascenso a liga galega, e o primeiro cruce coa Milagrosa solventouse de maneira brillante con remontada incluida na Mina, nunha das mellores tardes que se recordan nese campo. O soño acabaria ante o Galicia Gaiteira, pero esta temporada permanecera no recordo de xogadores e aficion durante moito tempo.

O soño do Sporting xuvenil remata co empate (1-1) ante o Galicia Gaiteira

Non puido ser. A desventaxa que traian do partido de A Coruña (2-0) fixoselle moito a un Sporting Pontenova que en ningun momento do partido baixou os brazos. O aspecto do campo da Mina volveu a ser o das grandes tardes, coa a aficion volcada co equipo, unha festa dende o principio do encontro. Despois dos primeiros minutos de tanteo, o Sporting fixose rapidamente co control do xogo e comezou a encerrar os herculinos no seu campo. Unha e outra vez os pupilos de Moiron conseguian achegarse o marco visitante, sobre todo con grandes internadas de Christian pola banda dereita, que resultou un incordio para o Galicia Gaiteira durante os 90 minutos. A primeira gran ocasion tivoa Jorge, qu enviou o balon por riba do largueiro cando o porteiro estaba xa batido. Vendo o monologo dos locail, a aficion estabase animando cada vez mais e o equipo cada vez xogaba mellor, podendo inaugurar o marcador en varias ocasions por medio de Matelo, Christian ou Picota. O descanso achegabase e as prisas empezaban a aparecer, pois un gol antes do descanso acercaria moito a proeza. E chegou case o final do primeiro tempo. Un corner dende a banda dereita foi rematada por Joel de cabeza o fondo da rede. A Mina estallaba de alegria, e a euforia de Joel saldouse cunha tarxeta amarilla por sacar a camiseta. Despois dese tanto ninguen dudaba de que a remontada era posible, pois a primeira parte fora un autentico recital de futbol por parte do Sporting Pontenova, e non habia noticias dun rival que non se achegara a porteria de Xoel en ningunha ocasion. E asi se chegaria o descanso, co 1-0 esperanzador. Pero a segunda metade non poderia comezar de peor maneira. Primeiro minuto e gol do Galicia Gaiteira. Unha falta lexana foi transformada de maneira impecable cun golazo que se colou pola escadra da porteria pontenovesa. Un xarro de auga fria co que naide contaba, pois os coruñeses non apareceran pola Mina ata ese momento. Tras unhos minutos de desconcerto logo do empate, o Sporting volveu a coller o sitio no campo, e as oportunidades volveron por medio de Matelo, Christian e Jorge, que tivo unha moi clara pero non foi capaz de definir ante o meta visitante. Pero ahi comezaria o show do Galicia Gaiteira. Conscientes da sua inferioridade no xogo, pero da superioridade no marcador, dedicaronse e non deixar xogar. Simplemente a eso. Xogo duro, perdidas de tempo, xogadores que caian solos cada poucos minutos... Pese a que chegou un punto no que era case esaxerado, o arbitro do encontro en ningun momento intentou parar a actitude pouco deportiva dos herculinos. E asi foi morrendo o partido, con infinitos parons por culpa dos visitantes e con moi pouco futbol. O final chegariase co resultado de 1-1, que non lle serviu de nada os de Moiron, que se ven asi apeados da fase de ascenso.
Remata asi unha temporada inolvidable para os xuveniles do Sporting Pontenova. Cun segundo posto na liga, o mellor da sua corta historia, conseguiron ser o primeiro equipo xuvenil do clube en participar nunha pormocion de ascenso, logrando eliminar o Milagrosa pero caendo ante o Galicia Gaiteira, pero dando en todo momento a imaxe dun gran equipo que quizas, por meritos no campo, non mereceu ser eliminado. Coa xa confirmada continuidade de Daniel Moiron no banquillo a proxima campaña, intentaran volver alcanzar os exitos logrados neste 2009 que moitos tardaran en olvidar. Noraboa rapaces.

domingo, 17 de mayo de 2009

Avance Resultados

Fase de Ascenso á Liga Galega
2ª Ronda Previa, Volta
Domingo 17 de Maio, 17.00 h.
Campo de A Mina
SPORTING PONTENOVA 1 - 1 Galicia Gaiteira C.F.
Goles: 1-0 Joel

¡A por eles!

sábado, 16 de mayo de 2009

Xuvenil: O Sporting complícase o pase logo de perder na Coruña por 2-0

O Sporting Pontenova caeu na súa visita ó campo de Elviña no partido de ida da segunda ronda previa para a fase de ascenso á Liga Galega. Os de Moirón non foron quen de superar a un Galicia Gaiteira que se viu favorecido polo césped artificial e polas grandes dimensións do terreo de xogo. O partido comezou cun equipo local moi ben plantando e coas ideas mui claras desde un principio, intentando atacar ós da Pontenova con amplias internadas pola banda, sobre todo pola esquerda, que se viu moi ben respondida en todo momento por unha defensa que cumpliu á perfección durante os 90 minutos. As oportunidades iban chegando pouco a pouco para ambos conxuntos. Os visitantes puideron golpear primeiro con ocasións de Matelo, Jorge ou Christian, pero foi o Galicia Gaiteira, mediado o primeiro tempo, quen abriu o marcador nunha xogada a balón parado, nunha falta lateral que acabaría dentro da portería de Xoel logo dun gran remate de cabeza. Os locais tiñan o partido moi ben controlado, e as poucas xogadas que conseguía realizar o Sporting acababan por desfacerse na boa defensa local. Ó descanso chegouse con ese solitarios gol que lle daba unha mínima ventaxa ós coruñeses. Na segunda parte os de Moirón saíron do vestuario cunha actitude totalmente distinta, e puxeron en apretos a portería local de maneira case continua. A primeira gran ocasión foi de Matelo, que cazou un rechace na área pequena pero o seu tiro estrelouse contra o porteiro. Pouco despois tería outra moi clara, superando o seu marcador por velocidade e plantándose diante do gardameta herculino, pero o seu tiro cruzado salíu desvido por moi pouco. Esas dúas ocasións falladas pareceron mermar o ánimo dos pontenoveses, e o Galicia Gaiteira comezou a ter de novo o control do xogo. Gozaron dunha oportunidade cando un xogador coruñés encarou a Xoel totalmente sólo, pero non foi capaz de definir e enviou o balón moi desviado. Pouco despois chegaría o segundo tanto, cun gran disparo desde 25 metros que se colou na portería do Sporting logo de petar no largueiro. Co cambio de Aitor por Picota, Antonio pasou ó interior esquerdo e comezou a crear peligro continuamente por esa banda, unhas veces driblando o seu marcador con calidade e outras veces pillando por sorpresa á defensa herculina. Jorge, Cristian ou o mesmo Antonio volveron a intentalo con tiros dende fóra da área, pero finalmente o marcador non se movería.
Con este 2-0, os de Moirón terán que intentar, como xa fixeran ante a Milagrosa, outra remontada no Campo da Mina, algo que confían en conseguir logo do gran apoio mostrado pola afición no último partido e vista a superioridade mostrada no segundo tempo do partido de onte en Elviña. Dende aquí, coma sempre, queremos pedir a toda a xente que leva respondendo durante toda a temporada que acuda á Mina no partido, ata o momento, máis importante da temporada, e que confiamos en que non sea o último.

jueves, 14 de mayo de 2009

O Sporting Pontenova, tamen en Facebook

A partir de hoxe o Sporting Pontenova esta presente na rede social mais importante do momento, Facebook. Ali poderedesvos unir a un grupo creado co obxetivo principal de reunir a todolos aficionados do clube presentes na rede e de darlle un pouco mais de vida a web do equipo. Dende aqui queremos animarvos a que vos unades e asi mostrar o voso apoio o equipo do pobo.

O Sporting Pontenova volve a pisar A Coruña 6 anos despois

Dende a nova creacion do equipo en 2004, esta vai ser a primeira aventura do Sporting Pontenova fora dos limites da provincia de Lugo. Dende mediados dos 90 e ata a tempada 2002/2003, as visitas a provincia veciña eran habituais, pois o grupo de Rexional Preferente abarcaba Lugo e Coruña, e incluso, na 2000/2001, o equipo pontenoves disputou partidos en todo Galicia na sua unica temporada en Terceira Division. Por aquel entonces o Sporting Pontenova era un dos equipos punteiros do norte da comunidade, e conxuntos como o Ordes, Negreira, Noia, Imperator, Compostela "B", Laracha... tiveron que sufrir nas suas carnes a mellor epoca do conxunto gualdinegro. Seis anos despois vai ser o equipo xuvenil do Sporting o que volva disputar un partido na cidade herculina, maña venres ante o Galicia Gaiteira, un club con gran tradicion nesa cidade, sobre todo falando de futbol base. Da sua canteira sairon varios xogadores que conseguiron chegar a elite, o ultimo deles Iago Iglesias, que debutou co R.C. Deportivo hai agora 3 anos e que actualmente milita no Valencia "B". Os de Moiron intentaran, maña as 20.00 h. no campo de Elviña, volver para a Pontenova cun bo resultado que lles permita resolver a eliminatoria o proximo domingo 17 no Campo da Mina, as 5 da tarde.

miércoles, 13 de mayo de 2009

La Voz de Galicia: "Galicia Gaiteira y Nicrariense serán los primeros rivales por el ascenso de Pontenova y Viveiro"

Dos de los tres equipos mariñanos de base que lucharán por el ascenso de categoría ya conocen sus rivales en las primeras rondas de ascenso.

El Sporting Pontenova juvenil tendrá que volver a jugar otra ronda previa por culpa de un error federativo. Los de Daniel Moirón, que ya habían eliminado al Milagrosa, tendrán que deshacerse ahora del Galicia Gaiteira para acceder a la primera eliminatoria de ascenso. Los pontenoveses jugarán este viernes el partido de ida en el campo coruñés de Elviña (20 horas) y la vuelta será el domingo en A Mina (17 horas). Si los gualdinegros son capaces de vencer el cruce, se medirán posteriormente al Nicrariense y, finalmente, al vencedor del Eiriz-Porto do Son. Si el cuadro mariñano llegase a esta eliminatoria y se disputase el ascenso contra el Eiriz, subiría de manera automática, al ser los coruñeses filial del Montañeros.

Entretanto, los cadetes del Viveiro comenzarán el sábado 23 en Cantarrana su lucha por el ascenso a la Liga Gallega. Al igual que sus vecinos de A Pontenova, los pupilos de Lorenzo se medirán en en la ronda inicial al Nicrariense.

Si los celestes consiguen derrotar al conjunto coruñés, jugarán la eliminatoria definitiva contra el vencedor del cruce que enfrentará al Ural B con el Olímpico de Rutis.

Fonte: www.lavozdegalicia.es

martes, 12 de mayo de 2009

Xuvenil: 2ª Ronda Previa Fase de Ascenso

Xuvenil: O Galicia Gaiteira da Coruña, proximo rival na fase de ascenso

O sorteo realizado onte na Federacion Galega de futbol deparou o enfrontamento entre o Sporting Pontenova e o Galicia Gaiteira. Por un gran fallo na planificacion do calendario por parte do maximo organismo futbolistico galego, esta eliminatoria pertencera ainda a ronda previa, polo que o vencedor da mesma entrara definitivamente na fase de ascenso a Liga Galega. Como consecuencia dese erro, este cruce ten que decidirse como moi tarde o proximo domingo, polo que ambos partidos se disputaran en 3 dias, con so un de descanso entre un e outro encontro. A ida sera este venres, dia 15 as 20 h. na Coruña, no campo de Elviña (Grande), situado o lado de ExpoCoruña, cerca da Avenida de Alfonso Molina, na entrada da cidade. A volta sera o proximo domingo 17 no Campo da Mina, as 17 h. da tarde. Dende aqui queremos pedir a toda a afeccion que leva respondendo toda a temporada que acuda o campo este domingo, pois o equipo vaino necesitar mais ca nunca.

Mais informacion do Galicia Gaiteira na paxina: www.galiciagaiteira.com

3º Autonomica: Confirmase a renovacion de Sachas e Cholas

Este domingo, logo do partido de Copa ante o Pastoricense, confirmouse a continuidade de Sachas e Cholas unha temporada mais a fronte do Sporting Pontenova. Por tanto, Sachas cumplira a sua segunda campaña como adestrador dun equipo que afrontara a sua terceira andadura en Segunda Autonomica co obxetivo inicial da permanencia. Cholas, preparador fisico e xogador, sumara xa 5 temporadas no conxunto pontenoves.

3ª Autonomica: O Sporting remata a temporada caendo na Copa ante o Pastoricense (1-0)

O Sporting Pontenova non puido redondear unha gran temporada cun bo papel na Copa Diputacion. Os de Sachas non puideron superar a primeira ronda desta competicion logo de caer na primeira ronda ante o Pastoricense. Logo do 1-1 rexistrado na Mina no partido de ida, os pontenoveses afrontaban este partido coa conviccion de lograr polo menos un gol que puxera en apuros a un Pastoricense que logrou a victoria coa lei do minimo esforzo. Foi un partido sen moita historia, con dous equipos aguerridos que en todo momento se mostraron convencidos das suas opcions para superar a eliminatoria. Un solitario gol dos locais bastou para que se levasen o partido. A pesar da derrota, as oportunidades mais claras foron para o Sporting Pontenova, as mais importantes para Puente, que puido batir o porteiro local en varias ocasions. Preto do final, o Pastoricense puido doblar a ventaxa por medio dun penalti, pero o lanzamento foi rexeitado polo pau.
Con esta eliminacion a temporada remata para un Sporting Pontenova que cumpliu co obxetivo marcado o principio da mesma, o ascenso a Segunda Autonomica. Logo deste partido, tamen se produciu outra boa noticia como e a renovacion por outra temporada de Sachas e de Cholas, que seguiran outra campaña mais a fronte do equipo pontenoves.

miércoles, 6 de mayo de 2009

Xuvenil: O sorteo da fase de ascenso, o proximo dia 11

O sorteo da proxima ronda da fase de ascenso vaise celebrar na sede da Federacion Galega de Futbol na Coruña o proximo luns 11 de Maio. Logo de superar a Milagrosa na ronda previa, o Sporting Pontenova tera que enfrontarse a un equipo da provincia coruñesa, e presumiblemente o encontro de ida disputarase o sabado 16, quedando o partido de volta para unha semana mais tarde.
Por outra parte, o equipo de 3ª autonomica disputara o proximo domingo 10 o partido de volta da primeira ronda da Copa Diputacion ante o Pastoricense, logo de empatar 1-1 no campo da Mina. O encontro vaise celebrar no campo de Bretoña as 17:30 da tarde. Os de Sachas solo lles vale a victoria ou un empate a 2 ou mais goles.

martes, 5 de mayo de 2009

Copa Diputacion: A eliminatoria decidirase no partido de volta logo do empate ante o Pastoricense na Mina (1-1)

Primeiro partido da Copa Diputacion disputado este domingo no campo da Mina ante un rival de 2ª Autonomica, o Pastoricense. O resultado final de empate fai xusticia o visto durante o partido no terreo de xogo. Logo da resaca da Festa da Troita e da celebracion do ascenso, os pupilos de Sachas afrontan esta nova competicion co animo de redondear unha gran tempada na que xa cumpliron o principal obxetivo, que era subir de categoria. O encontro do sabado non tivo demasiada historia, pois enfrontabanse dous equipos cos deberes xa cumplidos nas suas respectivas ligas e iso reflexouse no campo sobre todo na primeira parte, que rematou co 0-0 inicial. Na segunda aumentou a intensidade por parte de ambos equipos, pois a calquera dos dous lle interesaba chegar o partido de volta con ventaxa. O primeiro gol puido chegar nun centro de Puente que peta nun defensa e acaba golpeando o largueiro, pero minutos mais tarde seria el mesmo quen abrise o marcador logo de rematar cun gran disparo un pase dende a banda dereita. Pero o Pastoricense non se rendiu en ningun momento, e conseguiria o empate por medio do central Yago. Asi remataria o partido, deixando todo para o seguinte encontro.
O partido de volta vaise disputar o proximo domingo as 17.30 h. no campo de Bretoña, por estar o de Pastoriza ainda en obras.

lunes, 4 de mayo de 2009

Xuvenil: Remontada ante a Milagrosa (4-1) e a seguir soñando co ascenso

O Sporting Pontenova deu este sabado unha gran leccion de futbol no partido mais importante da temporada ata o momento. O resultado de Lugo (2-1) deixaba a eliminatoria moi aberta para o partido da Mina, pero dende o primeiro minuto os pontenoveses non deron opcions a unha Milagrosa entregada o bo futbol dos locais. O campo da Mina rexistrou a mellor entrada dos ultimos anos, axudada por coincidir coa Festa da Troita, e a aficion levou en volandas a un Sporting que en todo momento mostrou unha conexion perfecta co numeroso publico congregado no municipal pontenoves. O partido non puido comezar mellor. No minuto 5, logo dun corner, Picota recibe un balon na frontal da area e sen pensalo, solta un gran dereitazo que se cola polo pau corto da porteria lucense. Explosion de xubilo na Mina con ese gol, pois co 1-0 xa bastaba para superar a eliminatoria. Con este tanto os locais soltaronse ainda mais e pouco a pouco o bo xogo o que nos teñen acostumados foi aparecendo, e Matelo e Jorge converteronse rapidamente nun incordio para a defensa visitante, axudados polas internadas continuas de Picota e de Cristian polas bandas. As oportunidades chegaban pero o gol parecia resistirse, e as escasas ocasions dos lucenses foron desbaratadas por un gran Xoel. Os primeiros 45 minutos remataron con ese resultado. A segunda metade comezaria como a primeira, cun Sporting que non daba tregua en ningun momento, e o pouco de comezar, Matelo consigue o segundo gol logo de internarse na area e definir ante a mala salida do porteiro da Milagrosa. O obxetivo estaba cada vez mais cerca, pero os de Moiron non querian sufir o mais minimo, e axudados por un publico entregado co equipo, continuaron desplegando un futbol de alto nivel, ante o que os rivais se vian totalmente impotentes. O delirio chegaria minutos despois. O terceiro seria obra de Jorge Moiron, que logrou transformar unha falta directa dende 20 metros, colandose polo centro do marco lucense logo doutro fallo do seu gardameta. O partido parecia sentenciado e a Mina xa era unha festa, pero a Milagrosa non se daba por vencida, e lograron o 3-1 por medio do seu mellor xogador, Sisso, un dos destacados no global da eliminatoria. Outro gol dos lucenses darialles o pase, pero os locais non deron mostra de nerviosismo en ningun momento. A guinda puxoa Tontxu minutos despois, cun autentico golazo dende tres cuartos de campo que sentenciaba o partido definitivamente. A partir de ahi, cun rival totalmente desquiciado e xa cun menos no campo, o Sporting Pontenova xogou a placer os poucos minutos que restaban. Andres Seoane puido subir o quinto o marcador, pero o balon foise fora por moi pouco. Ahi morreu o partido. Co pitido final estallou a festa na Mina, e os xogadores sairon ovacionados do campo por unha aficion que estivo de 10 durante todo o encontro.
Superada esta eliminatoria previa, os de Moiron entran pola porta grande na fase de ascenso, onde se enfrontaran na proxima ronda a un conxunto do grupo de A Coruña. O primeiro partido sera xa o proximo sabado, e o equipo rival coñecerase maña martes. Minutos despois do sorteo poderan coñecer por esta web a orde e horarios dos partidos.

domingo, 3 de mayo de 2009

Avance Resultados

Xuveniles:
Fase de Ascenso a Liga Galega
Ronda Previa, Volta
A Mina
Sábado 2 de Maio, 17:30 h.
SPORTING PONTENOVA 4 - 1 S.C.D. Milagrosa
Goles: 1-0 Picota, 2-0 Matelo, 3-0 Jorge Moiron, 3-1 Sisso, 4-1 Tontxu

3ª Autonomica:
Copa Diputacion 2ª e 3ª Autonomica
Domingo 3 de Maio, 17:00 h.
SPORTING PONTENOVA 1 - 1 U.D. Pastoricense
Goles: 1-0 Puente, 1-1 Yago