martes, 12 de mayo de 2009

Xuvenil: O Galicia Gaiteira da Coruña, proximo rival na fase de ascenso

O sorteo realizado onte na Federacion Galega de futbol deparou o enfrontamento entre o Sporting Pontenova e o Galicia Gaiteira. Por un gran fallo na planificacion do calendario por parte do maximo organismo futbolistico galego, esta eliminatoria pertencera ainda a ronda previa, polo que o vencedor da mesma entrara definitivamente na fase de ascenso a Liga Galega. Como consecuencia dese erro, este cruce ten que decidirse como moi tarde o proximo domingo, polo que ambos partidos se disputaran en 3 dias, con so un de descanso entre un e outro encontro. A ida sera este venres, dia 15 as 20 h. na Coruña, no campo de Elviña (Grande), situado o lado de ExpoCoruña, cerca da Avenida de Alfonso Molina, na entrada da cidade. A volta sera o proximo domingo 17 no Campo da Mina, as 17 h. da tarde. Dende aqui queremos pedir a toda a afeccion que leva respondendo toda a temporada que acuda o campo este domingo, pois o equipo vaino necesitar mais ca nunca.

Mais informacion do Galicia Gaiteira na paxina: www.galiciagaiteira.com

No hay comentarios: